martes, 4 de noviembre de 2008

Eleccións USA


And the winner is...
Non, non, non confundín a campaña electoral estadounidense coa entrega dos óscar de Hollywood, anque non me digades que hai moita diferencia. A política é hoxe, máis que nunca, espectáculo puro e duro, onde importa máis se leva a raia ao medio o candidato que para que lado calza o seu programa electoral. E o peor é que iso é así en USA, pero tamén por estes nosos pagos.

Agardo impaciente o resultado desta eterna campaña electoral dos yankies, por:
1.- A conta que nos trae...por exemplo, ¿se gaña Obama, Zapatero deixará de ser personaxe non grato na Casa Blanca e poderá asistir ao cumio dos G20 sen ter que facer a súa propia, e, para moitos, humillante campaña?
2.- O aburrida que estou de ver a McCain a todas horas na televisión e nos xornais ( A Obama aínda se lle perdoa que está de bo ver ;-) )

As previsións dan a victoria a Obama, e eu coido que así será, anque creo que vai gañar moito máis axustadiño do que se di nos medios. E tamén creo que, de últimas, pouco máis nos vai dar, son moi excéptica respecto a que o pretendido change que prometen os demócratas vaia cambiar moito a política de USA que nos afecta directa ou indirectamente. Deus queira que me equivoque...
O espectáculo de verdade non fai máis que comezar. Obama é bo actor, sabe espertar o lado sensible dos votantes ( anque teña que utilizar á súa avoa para conseguilo) Imos ver o que da de sí.
Agora ben, se gaña McCain, ¡que Deus nos colla confesados !
Mañá falamos ;-)

Cuspedepita

15 comentarios:

HADEX dijo...

Pois eu aínda nos a teños todas conmigo eh?

Esperemos que haxa sorte!

Aniña (@vampyevil) dijo...

jo!! tengo unas ganas de saber el resultado... auqnue me temo que dejara que desear como en las de bush...

Merche Pallarés dijo...

Ay sí "que Deus nos colla confesados" si gana McCain ¡horror! otros cuatro años de republicanismo... No creo que lo pueda aguantar. Seguro que la palmo antes y ¡muchas gracias! Os dejo el marrón a vosotros... Besotes, M.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Ya queda poco para salir de dudas. Pero voy pensando que ni uno ni otro son los que nos dicen que son.

Lapis-vermello dijo...

Gua a ver quen gaña, oxalá que o que gañe sexa ben xusto.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois sabedes qué? que a min gustábame moito máis a Hilary (quieeeeetos malpensados, que non vou polo lado que vou habitualmente).
O certo é que aquí sempre nos venden moi ben ao candidato demócrata,pero despois pasa o que pasa. Por iso comparto con Hadex o meu escepticismo.

Euphorbia dijo...

Si gana Obama, veremos si realmente se nota el cambio... no creo que mucho. Si gana McCain, es prácticamente imposible que lo haga peor que Bush, osea, que algo ya habremos ganado.
Un saludo

Antón de Muros dijo...

Pois... apuntade a outro escéptico: eu ;-)

A ver qué pasa...

Saúdos.

Antón.

Unknown dijo...

LISBOA + PORTUGAL

¡Hola Antón!

Después de las mini-vacaciones (que fueran excelentes) y con las baterías recargadas, aquí estoy. Una vez más visito tu blog, que sigue en grande forma. ¡Una otra vez, enhorabuena! Espero que también vuelvas a www.aminhatravessadoferreira.blogspot.com, que, como lo sabes, es mi nuevo. Sin embargo, ya tengo nostalgia de ti y de tus visitas. Muchas gracias

Qjs Abs

hantferreira@gmail.com

NB - Tus imeiles me caen muy bien...

Cuspedepita dijo...

Parece que somos maioría os excépticos...
Gañou Obama e hoxe todos auguran moitos e positivos cambios.
Agora a agardar ata xaneiro-febreiro para comezar a saber que vai facer este home. Polo menos mentres tanto temos certa esperanza...
Supoño que como primeiro presidente negro da historia dos EEUU ten unha responsabilidade engadida (non estou dicindo que deba tela, pero así son as cousas), de xeito semellante á que tería a súa colega Hilary, por ser muller, se fora ela a que gañara.

la cocina de frabisa dijo...

Boas noites, paso por aquí a devolver a visita de Antón e de paso a coñeceros.

Supoño que a estas horas taredes celebrando a victoria de Obama. Eu como tanta xente, confío no cambio en nas ventaxes que nos traian.

saúdos a ambos

Raposo dijo...

Pois ganou Obama: un negro na Casa Blanca é un fito histórico.
Agora a esperar; eu confio que vai traer un cambio profundo con respecto a politica ianqui dos últimos tempos.

Nuca dijo...

África está chea de presidentes negros e a ninguén lle sorprende, pero todos vemos coma un fito histórico que sexa en EEUU.

E qué pasaría aquí en Galicia si en marzo se presentase un negro coma candidato?

Imaxinádelo no BNG, no PSOE ou no PP?

paideleo dijo...

Pois gañou Obama. Agora toca esperar os cambios que espero que sexan bós.

LM dijo...

pois sumo-me aos escepticos. de facto na africa nem só há presidentes negros senom toda a equipa de governo. estamos outra vez ante a hipocrisia da cabeza de rato ou rabo de leom... e nom está demonstrado empíricamente que os pretos tenham maior intelgiencia do que os brancos. assim que obama nom é mais do que um político que segue as linhas do seu partido e tem uma formazom de elite estadounidense(a sua avó geria o banco de hawai e era branca).
concordo em que é bom actor e aliás soube explotar o elemento icónico do que tanto gostam os ianquis. só queda esperar e ver se realmente há mudanzas...
beijos