Ola, ¿ti es a nai de A, verdade?
Si, e logo?
É que nos queriamos falar contigo polo que pasou o outro día.
Nos zumbámoslle a N porque lle tirou disolvente a un ollo a A e xa estamos fartos de que se metan con el …Nos somos de CH, non estamos con el en M, pero os seus compañeiros en vez de axudarlle están sempre ríndose del e facéndolle burla e, como vemos que pasan as cousas e non se fai nada, decidimos facerlles fronte nos, a ver se así paran. Non lle queriamos facer dano a N, pero si meterlles medo aos tres, porque entre el e outros dous fanlle a vida imposible…
Pero ¿sabes? agora o que lle tirou o disolvente, que saíu o pobre A berrando do baño, pedindo auxilio, e case caendo porque lle ardía o ollo e nin vía por onde ía, nin sequera o van expulsar e a nos, que o saímos defender, denunciáronnos e veu hoxe a policía por aquí facendo preguntas...
Agora parece que N tamén ten minusvalía, coma A, pero nos iso non o sabíamos, só vimos que estaban eles tres no baño cando lle tiraron a Anxo e os outros dixeron que eles non foran…que agora que o penso non sei a que viña dicir iso en vez de axudarlle, que tiven que vir eu correndo lavarlle a cara e limparlle as gafas, que eles nin puto caso…
Os profes din que sería xogando, pero non, se fora así ¿porque non foron onda a A axudarlle e se desculparon daquela ?... Non, o que fixeron foi esconder o vaso no que estaba o disolvente para que os profes non souberan...que despois atopámolo escondido…para iso teñen valor…para dar a cara non…
E que sempre son os mesmos, ho, e ao pobre rapaz téñeno aburrido, que xa lle fixeron de todo, tíranlle auga por riba cando vai ao baño, rompéronlle a taquilla, roubáronlle cartos varias veces, enchéronlle o bolso do pantalón de aceite, e moitas máis cousas, e agora esto… E sempre se están rindo del…sempre con esa cara de burla...
E que fixeron os profes? Pois mandarlle a A que agardase a que saísen todos para que non se metesen con el, despois de que un día o ameazaron con darlle unhas hostias se non lles daba uns euros, pero el non tiña a culpa, os que tiña que sair despois eran os que se metían con el, ou tomar medidas con eles...pero non se fixo nada, e ao fin sempre sae perdendo el, sempre...
E eu xa non aguantei máis, ¿sabes? porque A nunca se mete con ninguén, ao contrario, sempre ven falar con todos e trata de ser amigo de todos, pero eles sempre se están rindo del. O que pasa é que el é moi inocente e non se sabe defender. Pero ti pregúntalle quen foi, apúrao para que che diga porque el ten que sabelo, que el parvo non é, non, parvo non che é…
E a min aféctame ¿sabes? porque na miña familia tamén hai un caso…e o outro día ata chorei de rabia aquí, de ver que aínda por riba os abusóns parecemos nos e non eles…
Que vaian aprendendo que aquí hai xente así e que hai que respectala…
Porque mira, eu xa non che son un neno, teño 24 anos e vexo as cousas como son, a min non me enganan coas súas mentiras, e eu ben vexo a clase de persoas que son, pero a eles nunca lles pasa nada, fagan o que fagan seguen aquí, e ao que o fixo non lle ha pasar nada, nin o han expulsar sequera uns días, porque os profes non queren problemas e están a escurrir o vulto, e nos, polo de pronto, estamos denunciados, xa verás…
lunes, 29 de septiembre de 2008
viernes, 26 de septiembre de 2008
O tempo non para
Cambia, todo cambia; o que hoxe é dun xeito mañá é doutro.
O tempo non para e algunhas das súas consecuencias están á vista...
.
.
...................................4 de setembro..................................
..................................13 de setembro.................................
..................................26 de setembro.................................
domingo, 21 de septiembre de 2008
Un novo tempo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)
