viernes, 24 de octubre de 2008

Arames


Hoxe, namentres camiñaba por Bos Aires atopei un piso que tiña o balcón protexido con arames...
Cando alguén ten medo, fai o que sexa para ficar un pouco máis tranquilo...
Neste caso coido que foi un pouco esaxerado.

(preme na foto para ver o detalle)

martes, 21 de octubre de 2008

Semáforo

Unha nova versión daquel semáforo da Chousa da Alcandra que todos, seguro, lembrades :-)

















SEMÁFORO


Arañeiras de soños
colgan do semáforo
no que hoxe me deteño.

O verde do mofo
que nos trouxo o tempo
a min e a ti.

Amarelo caduco
das cousas
que xa non son o que eran.

E vermello escuro
dese sangue antigo,
no que eu te levaba,
e xa... non te levo.


A foto do mofo atopeina aquí: http://peleteiro.es/departamentos/biologia/1_BAC/musgo.jpg

As outras son da miña autoría.

viernes, 17 de octubre de 2008

A miña nai




Cando morre alguén novo, a vida semella inxusta.
Se esa persoa é a túa nai e ti es un neno, choras ata ficar sen bágoas.
O 20 de outubro de 1971 e á idade de 32 anos, morreu María Rosario.

O 19 deste mes celébrase na Arxentina o Día da Nai.
O meu agasallo é a miña lembranza e unha rosa, como as que lle din cando a tiven viva.