miércoles, 30 de septiembre de 2009

CORENTA E NOVE



Remataba o mes de setembro, cando as abrairas e as nogueiras soltan os seus froitos e aparecen nas hortas e nos montes os primeiros cogomelos.

Esa noite caera unha boa tormenta que fixera arroiar os camiños, e o do Regueiro apareceu á mañá cuberto de follas, baixo as que se agochaban centos de noces e abelás.

Dositeo foi apañalas ben cedo. Vilaframil estaba daquela moi poboada, eran moitos en cada casa e non quedaba nada podrecendo nas beiras dos camiños, como agora. Se non madrugaba, non atopaba que recoller.

Mentres apañaba, atopou a un veciño e contoulle o motivo de que estivera esperto case toda a noite: “ Xa temos outra Marisiña “.
Ese amencer nacera a que había ser a súa afillada “da casa”, unha nena que herdaba o nome dunha das irmás de Dositeo.

Concepción de Loureiro, a veciña que atendía os partos na aldea, fixera un bo traballo aquela noite e tanto Inés (a nai) coma a neniña, estaban moi ben.

Hoxe fai 49 anos daquel día.
Dositeo morreu en outubro, vai para 13 anos.
Esa nena recén nacida era eu.


Traducción en Comentarios

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Congreso


O edificio do Congreso Nacional é moi fermoso (aínda que non me fío moito do que pasa dentro)


Antón.

lunes, 21 de septiembre de 2009

19 anos









O venres 21 de setembro de 1990 naceu o meu primeiro fillo: Juan Francisco.


Medrou e hoxe é un home.
Doce, agarimoso e sempre atento aos seus tres irmáns menores.

O tempo pasa...


Antón.

(Traducción en comentarios)