miércoles, 30 de septiembre de 2009

CORENTA E NOVE



Remataba o mes de setembro, cando as abrairas e as nogueiras soltan os seus froitos e aparecen nas hortas e nos montes os primeiros cogomelos.

Esa noite caera unha boa tormenta que fixera arroiar os camiños, e o do Regueiro apareceu á mañá cuberto de follas, baixo as que se agochaban centos de noces e abelás.

Dositeo foi apañalas ben cedo. Vilaframil estaba daquela moi poboada, eran moitos en cada casa e non quedaba nada podrecendo nas beiras dos camiños, como agora. Se non madrugaba, non atopaba que recoller.

Mentres apañaba, atopou a un veciño e contoulle o motivo de que estivera esperto case toda a noite: “ Xa temos outra Marisiña “.
Ese amencer nacera a que había ser a súa afillada “da casa”, unha nena que herdaba o nome dunha das irmás de Dositeo.

Concepción de Loureiro, a veciña que atendía os partos na aldea, fixera un bo traballo aquela noite e tanto Inés (a nai) coma a neniña, estaban moi ben.

Hoxe fai 49 anos daquel día.
Dositeo morreu en outubro, vai para 13 anos.
Esa nena recén nacida era eu.


Traducción en Comentarios

37 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Terminaba el mes de septiembre, cuando los avellanos y los nogales sueltan sus frutos y aparecen en las huertas y en los montes las primeras setas.

Esa noche había caído una buena tormenta, que había hecho arroyar los caminos, y el del Regueiro apareció por la mañana cubierto de hojas, bajo las cuales se escondían cientos de nueces y avellanas.


Dositeo fue bien temprano a recogerlas. Villaframil estaba entonces muy poblada, eran muchos en cada casa e no quedaba nada pudriéndose en las orillas de los caminos como ahora. Si no madrugaba, no encontraba que recoger.

Mientras rebuscaba encontró a un vecino y le contó el motivo de que estuviera despierto toda la noche: “ Ya tenemos otra Marisiña “.
Ese amanecer había nacido la que había de ser su ahijada “de casa”, una niña que heredaba el nombre de una de las hermanas de Dositeo.

Concepción de Loureiro, la vecina que atendía los partos en aldea, había hecho un buen trabajo aquella noche e tanto Inés (la madre) coma la niña estaban muy bien.

Hoy hace 49 anos de aquel día . Dositeo murió en octubre, hace casi 13 años.
Esa niña era yo.

Pedro Ojeda Escudero. dijo...

Feliz cumpleaños. Qué bello relato.

Cuspedepita dijo...

¡Gracias Pedro!
Que pases una buena noche :-)
Un abrazo

Antón de Muros dijo...

É unha historia moi doce.
Parabéns! :-)

PD: Non sei qué fago eu con persoas tan vellas hahaha

Antón.

Cornelivs dijo...

Precioso texto, ya lo creo. Feliz cupleaños, querida amiga.

Besos...!

Aniña dijo...

Felicidades!!!!
besitos

Silvi (reikijai) dijo...

...Dulce relato.Te deseo que tengas un hermoso Cumpleaños...¡!!
Chin...Chin ... Chin por los primeros 49...Besitos.Silvi.

Dilaida dijo...

FELIZ DÍA!!!
BICOS

HADEX dijo...

Moitísimos parabéns e que sexan polo menos outros tantos máis!!!!

esteirana dijo...

Pois moitos parabéns no teu aniversario, Marisiña :-)

Non sabía que a túa nai é miña tocaia.

Apertas

Carmen dijo...

Parabéns Marisiña!!! Fermoso relato cheo de tenrura.
Un feixe de bicos

fonsilleda dijo...

¡Parabens Marisiña!.
Qué linda e doce a historia tal como a contaches.
Os Dositeos non debian morrer.
Bicos.

montse dijo...

Muchas felicidades Marisiña!!
Me ha gustado mucho la descripción, que has hecho, del dia de tu nacimiento.Me has dado una idea justa del lugar, y de las personas que allí había.
Ha sido bonito que lo compartieras!!
Un abrazo muy fuerte.
Ahora me doy cuenta que fue ayer, pero pienso que,aún estoy a tiempo.

Ñoco Le Bolo dijo...

___________________________________________
… con la mirada nas pitas…

Fermoso relato para unha boa nova. Moitas felicidades, xoven, e que podas ver o comenzo do próximo seculo.

Y nada más, después de3 destrozar tan hermosa lengua.

... bicos desde CR & LMA
___________________________________________

zeltia dijo...

primeiro que nada felicitarte por ter sorteado perigros, atrancos, vivido primaveras e veráns, amado e chorado, en resumen, todo o vivido ata chegar a ter 49 feitos!! un logro que ben merece a pena celebrar, sobre todo con aqueles que chegaron a este mundo a través de tí, e cos que estaban nel e se alegraron cando naciches tí.
unha aperta moi moi grande neste dia tan especial!!!!

Anónimo dijo...

Feliz cumple primita.

No cambies nunca nos gustas así

Un bico

Chousa da Alcandra dijo...

I eu que sempre son puntual...e chego tarde!!! Cajonatós!!!!.

Pois, ainda con ese retraso que o virtual me procurou, quero enviarche 49 chuchos de Antas para a Marisiña que sigues sendo hoxe.

Cris dijo...

Ohhh Marisa... como siempre una forma de contarlo que vuelve las historias mas entrañables. Muchas felicidades. Mando un fuerte abrazo.

Cuidate mucho. Bss

ruben dijo...

Moitas felicidades,xoven.
Bicos

Raposo dijo...

Con algo de atraso pero FELICIDADES.
Tes unha forma sensible e doce de contar as cousas que engaiola. Segue asi.

abueloscrisytoño dijo...

¡Feliz aniversario! E que fermosa historia, seria un bo comezo para un relato. A.Cris

paideleo dijo...

Un fermoso relato para narrar o teu aniversario.
Parabéns !.
Sabías que o meu bisavó chamábase Dositeo e miña nai pensou bautizarme co ese nome ?.

Miguel Martinez dijo...

Felicidades.

Anónimo dijo...

Antes de nada, moitos parabéns virtuais para Marisiña, e desexarlle que poida seguir moitos anos contando e retratando desa maneira tan fermosa, entre outras cousas, os aconteceres dese pobo de Vilaframil no que pasamos a nosa feliz infancia. No noso pobo, coma supoño que nos pobos rurais do resto de Galicia,os acontecementos vitais humanos (nacementos, mortes, casamentos...) están sempre ligados e asociados a outros acontecementos da natureza (treboadas, nevadas, mallegas, etc.) Marisiña non naceu o día D do mes M do ano D, senón que naceu o día que arrollou o "camín" do Regueiro, e eu tiven a sorte de nacer o mesmo día que naceu a vaca "Navarra" da casa de Pumares, coa que compartía os cumpreanos, e dos que Alberto levaba boa conta para mo lembrar.
Bicos, E. de Ferreiro

Barreira dijo...

O tempo voa. Parabéns.

paidovento dijo...

Parabéns! Fuches afortunada por nacer na casa baixo a tutela daquelas parteiras cheas de sabedoría. Hoxe todo o mundo nace nun hospital, sen cheirar ese recendo propio que ten cada casa.

Nacho Carreras dijo...

¡Felicidades!

Victoria dijo...

Moitas felicides e que cumpras moitos mais.Precoso recordo do teu nacemento.

abueloscrisytoño dijo...

Pasei para saudar e dar as grazas aos dous pola colaboración no curto do meu neto. Repasei o testo outra vez, é precioso ¡felicidades! Marisa

latorredelossueñosesmeralda dijo...

E curioso, que uns dias despois, e catro anos mais tarde, na outra punta deste pais nosos, os meus pais escoitan o meu primer berro neste mundo.....non ia ser o ultimo, dende logo qu enon, pero iso xa é outra historia.
Un bico grande e moitas feicidades.

Anónimo dijo...

Buenas noches, Cuspedepita:

Felicidades, Marisiña. Perdona el retraso. He estado sin ordenador varios días, pero iré leyendo todas tus entradas.

Había oído, siempre, que un niño venía con un pan bajo el brazo, pero tú, además, trajiste: nueces y avellanas.

Un abrazo. Gelu

Cobiñas dijo...

Tarde pero seguro: Noraboa, Marisa!!!

Carlos Sousa dijo...

Aínda que sexa con retraso (anduven moi líado), moitos parabéns. Fermosa historia.
Agora a polo resto, outros tantos non viñan nada mal...

Bicos entón.

anavilat dijo...

Unha que chega tarde!!!!!
Cajiná!! ;)
Felicidades atrasadas de parte dos dous... bueno, tres, que o trasno tamén conta ainda que non se decate ainda de estas cousas.
Mil bicos!!!

vintxuca dijo...

Con algo de retraso pero moitos parabéns!!!!!!

Myr dijo...

Muy Feliz cumpleaños, aunque un poquito tarde y bienvenida a mi blog!!!! Gracias pro ellindo comentario que me dejaste en él.

Besos

Myr dijo...

Por el lindo comentario, Dice. Vale

PD y encuentro el gallego muy parecido al portugués.