martes, 16 de septiembre de 2008

A PAZ




Desexo tanto a PAZ
Que por ela
Sacrifico a esperanza
E perdo a vida…

Para mantela
Esquezo quen son
E o que desexo,
Por onde camiñan os meus soños…

Desexo tanto a paz
Que non me importa
Se a alma me morre
Un chisco cada día…

(A foto é de Antón de Muros)

11 comentarios:

Zeltia dijo...

eu poño como sinónimos de paz, sosego, equilibrio, serenidade, calma... i eso non quita vida, penso.
pero por iso un mesmo poema di tanto coma lectores haxa.
eu sempre admiro as persoas que sodes capaces de falar de sentires facendo poesía.
que atopes esa paz que tanto desexas, e teña connotacións de agradable serenidade, chea de satisfacción.

Silvana dijo...

Todo sacrificio pola paz. Coincido con Zeltia na acepción desa palabra. Un saúdo.

Anónimo dijo...

CUANTAS PERSONAS DEBERIAN REVISAR SU CONCEPTO DE LA PAZ NO?

MUY LINDO POEMA,ME GUSTO. ESPERO CONSIGAS TU PAZ,NO ES TAN DIFICIL HAY QUE IR DE A POQUITO CADA DIA Y TODO VA SUMANDOSE.

BICOS

LILY

busto.agolada dijo...

Desexo igualmente a paz e que ti esteas para contala e para cantala.
Sígote a cotío e nn sempre deixo o meu comentario. Feliz retorno desa feliz viaxe polas terras irmás da Plata.
Unha aperta, Marisa.

Chousa da Alcandra dijo...

Sí, é ben certo que en aras desa paz, ás veces compre deixar morrer un chisco do propio alporizamento. Non é claudicación; é saber superar.
Farémonos vellos?

Chuchos en todo caso

Pedro Ojeda Escudero. dijo...

la paz es una de las más hermosas palabras del diccionario
Qué oportuna foto

O Raposo dijo...

Brindo por ese desexo, tan necesario, tan fermoso.

Antón de Muros dijo...

A poesía é un camiño para acadar a paz no mundo caótico que nos toca.

Unha aperta.

Antón.

Cuspedepita dijo...

Zeltia : sí, a paz tamén é para min todo eso que dis, pero ás veces a paz esixe certas renuncias.
E non me refiro só a paz interior.

Silvana: Esa era a idea.

Lili: Imagino que hai todo un camino que recorrer para llegar a ella. Avanzamos pasito a pasito.

Busto, eu tamén sigo todo o que escribes. Xa sei e xa sabes que nestes tempos de principios de curso andamos algo máis liados do habitual.
Outra aperta para ti e os teus.

Chousa: Entendícheme á perfección :-)
E tampouco é que nos fagamnos vellos, é madurez ;-))
Biquiños.

Pedro: Si, elegí a conciencia la foto.
La paz está simbolizada en la blancura de los pétalos, pero es tan etérea y frágil, tan fácil de destruir con un simple soplo de viento, como esa flor.

Raposo: Brindo contigo para que algún día deixe de ser un desexo.

Moitas grazas a todos polos vosos comentarios. Sempre é un pracer lelos, sempre me sorprenden, sempre me fan pensar e ver desde outras perspectivas.

Cuspedepita dijo...

Antón: Si, por certo que si. Ti ben sabes que é unha parte moi importante nese "saber superar" do que fala o noso común amigo Chousa.

Chuchos

aopedofarelo dijo...

Fermoso soño. ¿Utopia inalcanzable...?
As veces me pregunto, é tan dificil, se todo o mundo está dacordo, ¿Porque enton non ?.
So cando morremos:
Descanse en paz ..di o crego, o todo nos repetimos....