lunes, 24 de noviembre de 2008

30 ANIVERSARIO

Corría o ano 1978, o mes de novembro xa a piques de rematarse.
O ano da Constitución.

Eran os tempos do destape en España, de estrenos como "Enmanuelle" ou "El último tango en París "que, ata daquela, os españois cruzaban fronteiras para ver en Biarritz.

Aquel ano o canario José Vélez levou o seu "Bailemos un vals" a Eurovisión coa mesma pouca fortuna que os que se mandan agora, anque el era un artista consagrado.

Víamos na tele ( de só dúas canles) "Cañas y Barro", "Yo, Claudio", e "Vacaciones en el Mar", e bailabamos nas discotecas ao son que marcaban Travolta e Newton-John con "Grease", os Bee-Gees eran grupo estrela do momento, e tamén soaba aquel "Cara de gitana" de Daniel Magal, que anos despois cantarían grupos tan dispares como Nocheros e Los Tigres del Norte.

Cruiff deixaba o Barça despois de levalo ao olimpo dos deuses, e realizábase a primeira fecundación "in vitro".

Un ano difícil de esquecer.

Había en Lugo daquela dúas discotecas, ambas desaparecidas hoxe. Unha era "Grilo", un local ao pé da Residencia que ardeu xa fai anos.
Na Grilo tiñamos ao noso Travolta particular, un rapaz ao que lle perdín fai moitos anos a pista, guapo, rubio, e con melena ao estilo Bee Gees.

Os domingos ía coas miñas amigas bailar alí. Alí atopábamos a outros amigos e amigas cos que pasabamos a tarde.

Ó 26 de novembro non estaba a miña curmá, que me acompañaba sempre, e, á saída, un rapaz da Fonsagrada, que me gustaba moito desde facía tempo, acompañoume ata preto da miña casa, anque eran outros tempos e unha rapaza podía andar soa de noite sen perigo.

Cando paramos no cruce, preto do portal, preguntoume, tímidamente, se quería saír con el, e eu, coa boca aberta e o corazón a mil, respondínlle, máis tímida aínda, un sí rápido e baixiño, e despedímonos, moi ledos ambos, "ata mañá" (nada de bicos ata un mes despois)

Saltaba de contenta camiño da casa, agardando atopar á miña curmá para lle contar "o milagre" ;-))

30 anos despois seguimos xuntos, temos dous fillos e pasaronnos moitas cousas, boas e malas, houbo ledicia, tristuras, preocupacións, enfermidades, pelexas e reconciliacións, pero seguimos xuntos e aínda paseamos ás veces collidos da man como na fotografía ;-). Así que para el é este poema que lle escribín fai pouco :

Quenta,
coa tenrura
do teu corpo,
esta fría
pel de cobra
que son eu.

Acende
con bicos amorosos
cada centímetro
de min.

Fai que esqueza,
nesta noite,
as dores de tódalas batallas
e perfuma
co teu alento
o meu mencer.


¿Onde estariades vos daquela ?

(Hay una traducción en comentarios :-))

25 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Ola, moi boa historia! É moi tenra.
Parabéns para os dous :-)

Eu daquela estaba na mili, vaia que foi un tempo duro!

Unha aperta.

Antón.

Cuspedepita dijo...

Corría el año 1978, el mes de noviembre ya a punto de terminarse.
El ano de la Constitución.

Eran los tiempos del destape en España, de estrenos como "Enmanuelle" o "El último tango en París "que, hasta entonces, los españles cruzaban fronteras para ver en Biarritz.

Aquel año el canario José Vélez llevó su "Bailemos un vals" a Eurovisión con la misma poca fortuna que los que se mandan ahora, aunque el era un artista consagrado.

Veíamos en la tele ( de sólo dos canales) "Cañas y Barro", "Yo, Claudio", y "Vacaciones en el Mar", y bailabamos en las discotecas al son que marcaban Travolta y Newton-John con "Grease", los Bee-Gees eran el grupo estrela del momento, e también sonaba aquel "Cara de gitana" de Daniel Magal, que años después cantarían grupos tan dispares como Nocheros y Los Tigres del Norte.

Cruiff dejaba el Barça después de llevarlo al olimpo de los dioses, y se realizaba la primera fecundación "in vitro".

Un año difícil de olvidar.

Había en Lugo entonces dos discotecas, ambas desaparecidas hoy. Una era "Grilo", un local al lado de la Residencia que ardió ya hace años.
En Grilo teníamos a nuestro Travolta particular, un chico al que le perdí la pista hace mcuchos años, guapo, rubio, y con melena al estilo Bee Gees.

Los domingos iba con mis amigas a bailar allí. Allí nos encontrábamos a otros amigos y amigas con los que pasábamos la tarde.

El 26 de noviembre no estaba mi prima, que me acompañaba siempre, y, a la saída, un joven de A Fonsagrada, que me gustaba mucho desde hacía tiempo, me acompañó hasta cerca de mi casa, aunque eran otros tiempos y una chica podía andar sola de noche sin peligro.

Cuando nos paramos en el cruce, cerca de mi portal, me preguntó, tímidamente, si quería saír con el, e yo, con la boca abierta e el corazón a mil, le respondí, más tímida todavía, un sí rápido y bajito, y nos despedimos, muy contentos ambos, "hasta mañana" (nada de besos hasta un mes después)

Saltaba de contenta camino a casa, aguardando encontrar allí a mi prima para contarle "el milagro" ;-))

30 anos después seguimos juntos, tenemos dos hijos y nos pasaron muchas cosas, buenas y malas, hubo alegrías, tristezas, preocupaciones, enfermedades, peleas y reconciliaciones, pero seguimos juntos y aún paseamos a veces cojidos de la mano como en la fotografía ;-). Así que para el es este poema que le escribín hace poco :

Calienta,
con la ternura
de tu cuerpo,
esta fría
piel de culebra
que soy yo.

Enciende
con besos amorosos
cada centímetro
de mi.

Haz que olvide,
en esta noche,
los dolores de todas las batallas
e perfuma
con tu aliento
mi amanecer.

La calidad de la foto no es muy buena, pero eran otros tiempos.

¿Dónde estaríais vosotros entonces?

Aniña (@vampyevil) dijo...

nu existia aunque no me hubiera importado :(

gracias por seguirme (me haces mas feliz de lo que piensas) un abrazo muy fuerte
besitos

vermella dijo...

Pois moitas felicidades para os dous,trinta anos xuntos é un pedaciño de eternidade.
eu no 78 tiña 12 anos e quería ser Olivia Newton,como teño irmáns maiores que escoitaban ttodo o que había coñezo todas esas cancións,tiñasme que ver disfrazada de Olivia a lo pendón e bailando.....
bicos.

Victoria dijo...

Eu andaba por ahí empezando a ser consciente da vida.
En hora boa, poucos podedes decir que tendes un amor de 30 anos.
Mil bicos e disfrutao polo menos trinta anos mais.

nachocarreras dijo...

Me alegro por vosotros...

Con 14 "añitos" aprendiendo a vivir.

Saludos.

Aniña (@vampyevil) dijo...

Solo quiero decirte algo,
metete en mi blog ahora mismo acabo de actualizar y derrocho fuerza...
la fuerza que te da el cariño, el amor el respeto, y als palabras que acarician al corazon, me encataria contagiarte a ti tambien de esta fuerza...
me encanta compartir los malos momentos pero tambien los buenos...

besitos

Paz Zeltia dijo...

pois eu tamén andaba polas discotecas, neste caso da coruña, sesión de tarde, que ás 11 había que estar na casa a mais tardar, por entonces xa me daba uns bos morreos no portal da casa co que mais tarde se convertería no meu marido; (miña nai aproveitaba para baixar tirar a basura xusto neses momentos, e baixaba caladiña caladiña a moi cuca).
Tamén íamos ós primeiros "pubs" que se empezaban a popularizar, antros oscuros que me atraían pola atmósfera de prohibido, (onde se fumaban canutos case coa mesma tranquilidade que agora), e andar colgado todo o día "molaba" moito. o malo eran as xeringas que por entonces non eramos conscientes dos estragos que ían facer en pouquiños anos (eu salveime porque sempre fun metade sensata metade miedica)
Nós eramos dous parruliños nunha época de cambio e aberta a tantas oportunidades que non soubemos aproveitar... o mundo era tan grande, variopinto, diverso, sorprendente, e sin embargo eu fiquei atada a obrigas que me quedaban grandes para unha edade tan pequena... penso que nesa época comenzaron as miñas frustracións xa, mecajonrós.

Sempre odiei a José Vélez, ainda que por moita vergoña que me dé agora, gustábame como bailaba travolta jajaja

paideleo dijo...

Trinta anos son toda unha vida !.
Eu levo con Ana " só " vinte anos e xa me parece unha cantidade de tempo ben seria.
Parabéns e a polos trinta seguintes !.

XuanRata dijo...

Hace treinta años andaría yo leyendo libros de Los Cinco, por recordar algo que suene a rancio y a nostálgico al mismo tiempo, aunque veo en las librerías que ahora se reedita la colección, tal vez porque queremos ver en nuestros hijos una reedición de nosotros mismos.
Treinta años, así dichos, con la sonoridad que le presta ese diptongo nasal, parecen muchos más de treinta. Y sobre todo parecen mentira. Lo que es verdad son esos bicos que encienden el amanecer, y que seguro que conservan todavía un punto de extrañeza y milagro de hace treinta años.

Cómo ya dije, un placer leerte. A lo mejor porque mis orígenes están muy cerca de Grandas de Salime y de ahí a Fonsagrada no hay ni treinta pasos.

Saludos.

montse dijo...

Enhorabuena por estos 30 años juntos!!... Que sigáis como hasta hoy con esta vida vuestra, llena de ternura y de amor!!
Ha sido una gran suerte haberos conocido!!
Una abrazo muy fuerte desde Barcelona.

Chousa da Alcandra dijo...

Daquela era eu un seminarista recén estrenado.
Pero gustábanme infinitamente máis as caderas das Olivias Newtons do mundo que a epístola de San Pablo.
E mentras ti foches profundizando na relación eu, seguía soñando cando tería a miña...

Felicidades aos dous!!

Anónimo dijo...

Fermoso poema adicado a tua parella. A historia de cómo vos coñecestes coincide ca doutra persoa que coñezo eu, tamén nunha discoteca, pero eses feitos deberon ser hacia o 1980 ou así. Tamén xa levan 25 anos casados e felices. É bonito escoitar os relatos deses amores tan duradeiros, tan distantes as historias de hoxe en día. Noraboa!!

LM dijo...

oi... e nom há ninguém que ainda se estivesse a pelear com os cueiros?
parabens por todas essas vivencias.
beijos

São dijo...

Parabéns!
Como era diferente o namoro nessa época!!
Bom, que me parece nem haver namoro agora...
Apertas.

Feliciti dijo...

Uf qué alzheimer!ni me acuerdo Cuspe. Lo tuyo sí que es amor del bueno, una medalla os daba!
Besos!

abueloscrisytoño dijo...

Parabens para os dous.
Eu daquela xa contaba con oito anos de casada, xa tiña duas nenas é eu tiña 28 anos recien cunplidos.

Cuspedepita dijo...

ANTÓN: Xa sei desde onde facías garda ;-) pero daquela o lugar non sería tan fermoso coma agora.
Chuchiños

ANIÑA: ¿Que te pareció entonces el look de Daniel Magal?;-) Te aseguro que se ajusta bastante a la moda de entonces ;-)
Besos

VERMELLA: Todas queríamos ser Olivia, imaxina... bailar con aqueles ollos verdes do Travolta mirándote ;-) jajaja
Bicos

VICTORIA: De momento non somos un caso raro, pero supoño que imos camiño de selo.
Unha aperta.

NACHO: Tenías cuatro años menos, Pero sùpongo que tendremos muchos recuerdos comunes :-)
Abrazos

ZELTIA: Concordo contigo, eramos uns pipiolos que non soubemos aproveitar moitas oportunidades.
Eu tamén me salvei das drogas por medo, pero agora alédame infinito ter sido tan medosa.
Deus queira que os meus fillos tamén o sexan :-)
Biquiños

PAIDELEO: Non imaxinaba que levárades tantos anos xuntos, véxovos tan noviños a ambos ! :-))
Si que comezastes axiña !!
Apertas

XUÁN: Eu tamén lín os libros de "Los Cinco" e gustábanme moito. Tanto que quería ser detective privado...anque rematei sendo mestra :-)
¿De Grandas? Pois si, moi preto en todos os sentidos. A xente de Fonsagrada sempre tirou moito cara ao Occidente Asturiano.
Eu teño tamén a miña parte de sangue asturiana, de Taramundi e Penafonte.
Apertas

MONTSE: La simpatía es mutua ;-)Barcelona es una ciudad que me encanta y en la que he pasado muy buenos ratos (también alguno malo porque me sorprendió allá el 23-F)
Besos

CHOUSA: Non sei cantos seminaristas da túa promoción sairían a cura, pero contigo polo medio, moitos non creo que sexan ;-))jajaja
Xuraría que tampouco tardache moito en "caer".

SILVANA:¡Que ledicia saber de ti!
¿Como estás? Se queres escríbeme ao meu correo.
En realidade coñeciamonos desde facía máis de dous anos, pero el tardou en caer nas miñas redes. Había moitas flores no seu xardín ;-)

LM: Serías coma Mati daquela ¿ou? :-))
Chuchiños

São: Si, agora as cousas son ben diferentes, non sei se mellores ou peores, pero moi diferentes.
¡A boa hora íamos tardar agora un mes en darnos un bico! ;-)
Chuchos.


GOROCCA: Que sepas que leo todo lo que escribes :-) Y no tengo nada que objetar a tu decisión. Seguiré ahí.
Besos.

AVOA CRIS: Lévasme 10 ;-)Aos 28 eu xa tiña tamén ao meu primeiro fillo.

CriS dijo...

Hola, sólo puedo decirte un
FELICIDADES y un
ENHORABUENA como un castillo de grande!!!! Y que cumpláis otros 30 por lo menos.

BICOS

Cuspedepita dijo...

Gracias, Cris !
Biquiños

Anónimo dijo...

Parabéns aos dous e que sigades moitos máis de 30 anos máis xuntos.

Eu daquela tiña 3 aniños e supoño que andaría facendo trasnadas ;-)

Ogallá nós cheguemos a cumprir eses 30 anos xuntos. De momento imos case pola metade.

Bicos.

Nome Andrés dijo...

Pues que dure y que sea para bien. felicidades. Un abrazo

Anónimo dijo...

Eu daquela estaba nos cornos da lúa (acórdome coma se fose hoxe). Noraboae. Un bico.

Anónimo dijo...

Pois non sei, a ver deixame pensar,,Non sei se non estaria ne Tenerife xogando aos soldaditos....Cousa de època que xa estaba a piques de morrer.
Outro dia che conto como foi que nos coñecimos Carmen e mais eu....Hoxe so un bico grande para os dous...PArabens sinceros, ¿Non che pasou nunca polo magin, que as cousa poderian ter sido doutro xeito.....???
Por certo, eu non vin Enmanuel ata moitos anos despois....

torredebabel dijo...

sodes unha parella fermosa. Non de contos nin de telenovelas. De vida real, que son as que merecen a pena.
Apertas aos dous!