jueves, 14 de mayo de 2009

Concurso-sorteo dunha fin de semana nunha casa rural de Galicia


Desde o programa "Sempre en Galicia" de Radio Cornellá, convídannos a participar neste concurso que ten un premio do máis apetitoso para os aventureiros do turismo rural.
As bases do concurso atoparédelas no blog de Sempre en Galicia :
Nós deixamos aquí unha característica de cada unha das casas:
Casa 1 (Xanela da Lúa): O apelido da dona é SIABA
Casa 2 (Santa Mariña da Ponte): O teléfono é o 988 340257
Casa 3 (Hotel Vila de Viana): Está ubicado na Praza Maior de Viana do Bolo
Casa 4 (A Nosa Casa): Unha das especialidades culinarias é a Androlla
Casa 5 (O Retorno): Está na Rúa Mazairas de Viana do Bolo
Casa 6 (Mirador da Ribeira): Unha das galerías que ten é de cor branco
Casa 7 ( Casa Rosalía): Aparte do marco incomparable, seica os almorzos que ofrecen nesta casa son espectaculares.
Lote 7 (Queixo do Xurés): A explotación de cabras está rexentada por Antonio.

E pásolle o testigo a :

Fonsilleda

La Torre de los sueños esmeralda

Victoria

Os nenos

E ás miñas companeiras de traballo, que seguro que estarán interesadas en disfrutar dunha finde nestes fermosos lugares.

10 comentarios:

Aniña dijo...

jo que gran regalo si señor!!
besitos

abueloscrisytoño dijo...

Moitas grazas amigos, sodes unha xente estupenda, Un abrazo. A.Cris

Zeltia dijo...

eu díxenllo a unha chea de xente. son consciente de que canta mais xente participe menos probabilidades teño de que me toque a mín, pero do que se trata é de promocionar un pouco o noso, o autóctono, o rural.
e de paso, apostar porque lle pase algo agradable a alguén a quen coñeces e aprecias.
duas cousas boas nun lote ainda que non saiamos premiados ¿non si?

Chousa da Alcandra dijo...

Sí señor, Zeltia; esa reflexión túa inclúete de plano no cupo das persoas boas e xenerosas, nas que prende a ledicia cando alguén acada un beneficio por mediación súa -ainda que iso merme as túas propias posibilidades de acadar o mesmo ben-.

Cuspe. Os detalles de cada Casa están marabillosamente marabillosos; pero supoño que tamén lle enviarías un mail con eles ao buzón de semprengalicia para que che asigne os números.

Bicos e boa sorte (ainda que a túa boa sorte vaia en detrimento da miña e de Zeltia jajajaja)

Os nenos dijo...

vaia ¡¡¡ a min pasoume coma a Zeltia, que tanto invitei que esto xa non toca nin de coña, pero eu pasei un bon pedazo buscando en internet informacion de estas casa rurais. Supoño qu de eso se trata, non?

fonsilleda dijo...

Moitas graciñas por incluir o meu nome, sodes boa xentiña e é un pracer pasr por eiqui.
Aloumiños

Cris dijo...

La verdad que son sitios maravillosos, invitan y mucho... Yo bueno, por esta vez no concursaré porque tengo tan mala suerte en los juegos de azar que no me apetece ilusionarme con la opción de ganar algo y luego llevarme el chasco. Esta vez no confío en mi suerte, pero bueno, que deseo suerte a los que participen!

besos

Druid dijo...

Bonita proposta.

Que teñades moita sorte (todos, inda que para todos non vai a dar jeje).

Apertas.

aopedofarelo dijo...

Marisa....tes que perdoar que nesta ocasion, flaquee, non teño animos, nin tmpo en demasia, e ademai non sei nada destas casas, asi que agradecido de antemano, sei que tanto ti como o Chousa, ides a disculparme....
Un bico grande

A zanfonista dijo...

Xa me gustaría que me tocase a min. Saúdos.