domingo, 17 de mayo de 2009

LETRAS GALEGAS 2009


San Xián de Torea- Muros

Un ano máis, as palabras de Antón de Muros, neste Día das Letras Galegas, dan fé da forza vital da nosa lingua, que supera o tempo e a distancia...

PODES

Podes vivi-la túa vida coma un fenómeno presente
que se desenrola nunha xeografía reducida.

A túa xente é a que tratas de xeito cotián,
non contan os mortos (os cemiterios son para os vellos).

O teu lugar son os catro muros e o teito;
o bus que colles á mesma hora;
o tren que viaxa debaixo da terra, verme das sombras,
as escaleiras que te achegan ás mesmas beirarrúas;
unha porta gris que te permite unha viaxe vertical,
sempre con destino ao mesmo piso.

Ou te sintes parte duna historia,
folla dunha póla dunha árbore que afunde as súas raíces
nas profundidades do tempo.

Dalgunha maneira, misteriosa, por certo,
viven en ti os que te precederon no camiño da vida;
falas a súa lingua, lonxe dos vales,
escoitas a súa música aínda que non véxa-las rías;
sentes que Galicia vive en ti,
e redimes deste xeito
o teu presente ameazante,
cara a un futuro promisorio.

Traducción en comentarios

23 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Puedes

Puedes vivir tu vida como un fenómeno presente
Que se desarrolla en una geografía reducida.

Tu gente es la que tratas de forma cotidiana,
No cuentan los muertos (los cementerios son para los viejos).

Tu lugar son los cuatro muros y el techo;
el bus que tomas a la misma hora;
el tren que viaja bajo tierra, gusano de las sombras,
las escaleras que te acercan a las mismas aceras;
una puerta gris que te permite un viaje vertical,
siempre con destino al mismo piso.

O te sientes parte de una historia,
hoja de un árbol que hunde sus raíces
en las profundidades del tiempo.

De alguna forma, misteriosa, por cierto,
viven en ti los que te precedieron en el camino de la vida;
hablas su lengua, lejos de los valles,
escuchas su música aunque no veas las rías;
sientes que Galicia vive en ti,
y redimes de esta forma
tu presente amenazante,
cara al futuro prometido.

HADEX dijo...

Que emocionante composición!!! As linguas son reflexo dunha cultura e dunha representación e interpretación da realidade.

Bicos ós dous!!

P.D.: Esa foto que tedes na cabeceira tenme absolutamente fascinada. Xa vos teño dito que eu crecín en Becerreá e lémbrame ás vista que se vían dende a miña casa durante o inverno....

Barreira dijo...

Non todos os pobos poden dicir que teñen unha lingua propia. E para presumir ou non?
Saudos

Cuspedepita dijo...

Hadex: A foto que temos na cabeceira saqueina desde o alto da Garganta, no Concello de Vilanova de Oscos.
Paso cada fin de semana por ahí, e a verdade é unha zona con paisaxes excepcionais, que me da oportunidade de sacar fotos fermosas,que aínda poderían selo máis se eu tivera algo de pericia como fotógrafa.
Tamén teño viaxado moito pola zona de Becerreá e sí, podería ser alí tranquilamente.

Barreira: Por certo que sí. Mágoa que haxa xente cunha mente tan angosta que non saiba darse conta de que o galego é unha riqueza para todos nós, un tesouro que deberíamos coidar con esmero, porque é unha das nosas principais señas de identidade. Pero ¿sabes que creo ? Que aínda hai moita xente que no seu interior sente vergoña de ser galego (anque de boca para fóra diga que non é así, pero os feitos son os feitos...).
Tamén que a cachola de algúns non debe ter moita capacidade porque só lles cabe un idioma dentro (como moito, a maiores, algo de inglés, pero pouco)

fonsilleda dijo...

ESte Antó de Muros e moito. Xa o sabíamos ¿non si?.
Palabras cotiás ao servizo do poema:
Ese: "unha porta gris que te permite unha viaxe vertical...", gústame moitísimo.

Chousa da Alcandra dijo...

A forza gramatical que imprime Antón nos seus escritos so pode ser entendida cando se interpreta o profundo amor que nel sementaron por este anaquiño máxico do planeta terra. E cando o mérito do pantalón se debe tanto ao fío que o coseu como ao pano que o constitue; hai que felicitar a ambos por tal don!!.
(Boeno, neste caso hai que felicitar a tres, xa que gracias a ti -Cuspe- podemos gozar da intensidade do Sr. de Muros).

Bicos con letras!!

Carlos Sousa dijo...

Moi fermoso, o último párrafo é especial. Como se nota o amor que sinte pola súa terra e a súa lingua, a pesares da distancia.

Un saúdo ós dous.

Cornelivs dijo...

Despues de varios dias vuelvo por aqui, queridos amigos.

Os mando un fuerte abrazo a Anton y a ti.

latorredelossueñosesmeralda dijo...

Sen palabras......realmente impresionante.
Anton si non tes inconveniente vou a collelo para facer un post, no meu blog,,,,,gustariame un mundo poder escribir e describir asi os meus sentimientos..

Aniña dijo...

fotaza!
^^

Marcelo dijo...

Maravilloso! Antón, estuve en Corrientes al 1.900. Intenté sacerle la foto a los gondoleros con mi camarita. Imposible. Te felicito, sos un gran fotógrafo.

Manuel L. Rodrigues dijo...

fermoso; que a historia non pase por diante nosa como se non estivesemos.

Unha forte aperta!!

Aldabra dijo...

boas letras, bos sentimentos, aínda que un pouco tristes... ten ese toque de tristura que temos algúns galegos.

biquiños,

paideleo dijo...

Eu tiña unha sensación parecida cando andei polo estranxeiro.
Tés un regalo no meu blogo.

São dijo...

Pois eu acho lindo esse orgulho na língua galega, principalmente quando em Portugal não sinto o mesmo relativamente ao português, infelizmente!

Deus vos bendiga !

Nacho Carreras dijo...

Hermoso homenaje.
Saludos.

montse dijo...

La he leído y la he vuelto a releer para poder saborear mejor toda la intensidad que transmite...Esa fuerza del que habla desde el corazón!!
Enhorabuena por esta sensibilidad de Anton!!
Un abrazo para los dos.

vakastolas dijo...

Fermosa composición.

Nome Andrés dijo...

Estamos hechos de un material tan semejante que lo que sentimos y vivimos es muy parecido, son las mismas realidades. El enriquecimiento está en esos matices que aportan las distintas culturas y formas de expresión. Un saludo.

irene dijo...

Me gusta leerlo en gallego y luego en castellano, y comprobar que casi no necesito traducción.
Nunca dejará de existir la lengua gallega, no lo permitiremos ni vosotros, ni muchos de nosotros que no nacimos allí.
Moitos bicos para todos.

irene dijo...

Acabo de enviar el apoyo, mejor dicho, apoio.
Biquiños.

Zeltia dijo...

emocioneime e todo, concho.
con xente coma antón, sábese que o galego está vivo.

un bico para Antón, e outro para tí.

LM dijo...

tou com zeltia... menos mal que nos queda antom.
beijos aos dois.