jueves, 18 de junio de 2009

Vergoña aberta por reformas

Hoxe escoitei, despois dun tempo, o programa "Aberto por reformas", que seguín diariamente ao longo dos últimos anos desde aqueles gloriosos tempos en que aínda lle buscaban un nome diferente. Foi, desde aqueles días, un dos meus programas favoritos e acompañoume ao longo de milleiros de kilómetros pola xeografía de Galicia.
Hoxe prendín a radio adrede para escoitalo despois dun tempo... e quedei abraiada... Sentín vergoña allea de ver ata onde pode chegar a ousadía da ignorancia. ¿Onde vai a música galega que era o sinal de identidade deste programa?
Debería ser delito chamarlle con ese nome á merdiña en que o convertiron. Non penso escoitalo nunca máis. Non quero ter esta imaxe apodrecedida de tan magnífico programa.
Xurxo Souto,¡canta obriga che debe a música galega e a xente que a amamos !
Hoxe comprendín todo o alcance desa frase que tantas veces escoitei, "a doma e castración do reino de Galicia". A única música galega que lle interesa aos novos gobernantes é a das bandas de gaitas que acompañan a "coronación" dos seus "emperadores". A xenreira á cultura galega non para en intentar deixarnos sen língua, mudos. Xordos tamén nos quixeran ver.
Non caerá esa breva...nin a outra, anque os coma o demo!.


Traducción en comentarios

13 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Hoy escuché, después de un tiempo, el programa "Abierto por reformas", que seguí diariamente a lo largo de los últimos años, desde aquellos gloriosos tiempos en que aún le buscaban un nombre diferente. Fue, desde aquellos días, uno de mis programas favoritos y me acompañó a lo largo de miles de kilómetros por la geografía de Galicia.
Hoy prendí la radio adrede para escucharlo después de un tiempo... y quedé atónita... Sentí vergüenza ajena de ver hasta dónde puede llegar la osadía de la ignorancia. ¿Dónde va la música gallega que era la señal de identidad de este programa?
Debería ser delito llamarle con ese nombre a la mierdecita en que lo convertiron. No pienso escucharlo nunca jamás. No quiero tener esta imagen podrecedida de tan magnífico programa.
Xurxo Souto,¡cuanta obligación te debe la música gallega y la gente que la amamos !
Hoy comprendí todo el alcance de esa frase que tantas veces escuché, "la doma y castración del reino de Galicia". La única música gallega que le interesa a los nuevos gobernantes es la de las bandas de gaitas que acompañan la "coronación" de sus "emperadores". El odio a la cultura gallega no para en intentar dejarnos sin lengua, mudos. Sordos también nos habrían querido ver.
No caerá esa breva...ni la otra, anque se los lleve el diablo!.

Zeltia dijo...

eu non escoitaba ese programa, pero estes dias estiven vendo en youtube algunhas das actuacións no programa de Xurxo Souto, mesmo descubrín xente ben xeitosa e enterime de moita cousiña que se está a facer...
e despois lin esa especie de "disculpa" polos cambios, con que comenzou o programa o novo conductor... e de seguido, Bruce Springsteen!!!

Aniña dijo...

ojala porque a mi me encata el gallego!!
besitos

Marcelo dijo...

Por el enojo grande que demostrás, la metida de pata debe haber sido grande...
Un saludo!

HADEX dijo...

E a ver que mais se atreven a facer....O problema é grave, non só por parte da clase política senón do pobo. Parece que forma parte da idiosincrasia galega o feito de deixarse levar deste xeito....Non me digas que a xente debería sublevarse coa merda esta das enquisas...E leo o outro día que a xente esta feliz e encantada.....

abueloscrisytoño dijo...

Poderán pasar mil cousas, mil personaxes, pero tranquilos as nosas cancións o noso idioma nunca se perderá. Isto é como cando uns pais non están de acordo co noivo da nena canto máis llo prohiben máis o quere e logo eses que o detestaban danse conta que é un raparigo estupendo.

Carlos Sousa dijo...

Nunca oín o programa, pero vendo o que contas e a explicación de Zeltia co de Bruce, da que pensar.
Porannos moitas trabas, pero a música, igual que a lingua non se vai perder, haberá outros programas, ou outros medios para manterse, péselle a quen lle pese.

Comprendo o teu cabreo, pero espero que todo iso lles pase factura, (sabendo como somos os galegos, non sei...)

Chousa da Alcandra dijo...

Reláxateme, que te vexo moi alterada e rubeando. Sálvate que ainda eres unha pipiola, e o teu ritmo sinusal ainda se pode permitir alegrías (cabreos monumentais como o que relatas) como este; que se non...

(Se queres protestar por este tema en concreto -patalexar como xa fixemos outros ghaiteiros machetianos- pásate por komunikando.net (con duas k's), e busca un link onde asinar contra esa tropelía).

Un bico pausado

Manuel L. Rodrigues dijo...

...é unha vergonza... da grande!!

Raposo dijo...

Fai bastante que non escoito ese programa e polo que dís será mellor que non o faga. Así sempre me podo quedar coa lembranza dos bos tempos e a voz de Xurxo Souto enfrontándose a mediocridade.
Apertas.

Pedro Ojeda Escudero. dijo...

El problema es común en toda España: a los políticos no les interesa en verdad la música, ni el teatro, ni el cine, ni...

Antón de Muros dijo...

Mágoa o que contas, Cuspe :-(

Deixo unhas verbas de Eduardo Pondal:

A lingua tiveran
por lingua de escravos;
esqueceran os patrios acentos,
suidosos e brandos.

Dos propios acentos
tiveran vergonza;
de cautivos falaran palabras,
de servos e ilotas.

Deixaran os doces
acentos xocundos,
por extrañas palabras de servos,
ignaros e escuros.

A nai afrixida
da escura miseria,
ós propios tomara
por xente extranxeira,
e espantada escuitara dos fillos
a plática serva.

LM dijo...

que vergonha! concordo contigo.
beijos