lunes, 14 de septiembre de 2009

Medrar



Hai un momento na vida de todos, supoño, en que un sinte que cede o piso baixo as plantas dos seus pés, que aquelas sólidas bases nas que cría sustentada a súa vida se derruban nun terremoto que xorde das entrañas mesmas da terra, que non hai nada ao que se agarrar fronte ao precipicio, nin existen aquelas mans sempre tendidas, coas que, inocente, contaba.

É un momento, supoño, no que un se sinte na soidade máis absoluta, espido, desvalido, exposto a todos os ventos e todas as tormentas.




É un momento, supoño, no que un se decata de que as únicas forzas que realmente ten son as propias, que só con elas pode contar "pase o que pase". Que só os propios dedos o salvarán de caer ao baleiro dos batacazos da vida.

Supoño que é un momento, no que un se instala, por fin, e definitivamente (teña os anos que teña) na idade adulta, e pasa de ser protexido a protexer, de ser defendido a defender, de ser comprendido a comprender.

Traducción en comentarios.

Fotos: Cuspedepita

30 comentarios:

Cuspedepita dijo...

CRECER


Hay un momento en la vida de todos, supongo, en que uno siente que cede el piso bajo las plantas de sus pies, que aquellas sólidas bases en las que creía sustentada su vida se derrumban en un terremoto que surge de las entrañas mismas de la tierra, que no hay nada a lo que agarrarse frente al precipicio, ni existen aquellas manos siempre tendidas, con las que, inocente, contaba.

Es un momento, supongo, en el que uno se siente en la soledad más absoluta, desnudo, desvalido, expuesto a todos los vientos y a todas las tormentas.


Es un momento, supongo, en el que uno se da cuenta de que las únicas fuerzas que realmente tiene son las propias, que sólo con ellas puede contar "pase lo que pase". Que sólo los propios dedos le salvarán de caer al vacío de los batacazos de la vida.

Supongo que es un momento, en el que uno se instala, por fin, y definitivamente (tenga los anos que tenga) en la edad adulta, y pasa de ser protegido a proteger, de ser defendido a defender, de ser comprendido a comprender.

Carmen dijo...

As forzas para non caer polo precipicio da vida están dentro de nós, sempre,so temos que dar con elas. A uns pásalle máis cedo e a outros máis tarde, mais en xeral é a partir de algo que nos doe moito.
Un biquiño

paideleo dijo...

Estamos metidos nunha roda onde pasamos de ser fillos a ser pais e de ser nenos a ser vellos.
Espero que este posteo non veña por unha mala nova.

Antón de Muros dijo...

Non se pode medrar sen dor.

De tódolos xeitos non todo é ventos e tormentas na vida e algunha vez sae o sol ;-)

Chuchos.

Antón.

Carlos Sousa dijo...

Está claro que a vida ponnos moitas probas, e nos temos que saber superalas, aínda que as veces custe. E nos mesmos somos quen o temos que facer e non caír no abatimento. O importante é aprender delas e ir creando unha autodefensa (sempre para ben, claro).

En fin, o importtante e ir medrando san (en tódolos sentidos).

Apertas

HADEX dijo...

Eu, esperando tamén que isto sexa tan só unha reflexión, que non che ocorra nada malo, penso que aínda así sempre sae un reforzado destes malos momentos.

Moitos bicoss e agarimos!!

Pedro Ojeda Escudero. dijo...

En efecto, en efecto. Es uno de esos momentos claves en la vida: de él se sale cambiado. Muy cambiado.

Barreira dijo...

Iso pasa, non cando un crece, senon cando se reproduce, xa ás portas da morte.
Bonita reflexión.
Saudos.

fonsilleda dijo...

Xustamente hoxe, con todos os meus anos ao lombo, ese é o meu sentimento. Polo tanto, non hai idade para as dúbidas, non a hai para "os derrubes". E penso que quizá sexa bo que así sexa. Ao longo de toda a vida.
Hoxe tamén estou, no meu eu máis interior, soa.
Aínda loce o sol, desexo que para ti tamén. ¡Ánimo!
Bicos.

Cornelivs dijo...

Si; se sale cambiado...y con el mundo de la ilusión hecho pedazos.

Besos.

vermella dijo...

acordei a miña avoa que sempre me dicía,medrar cando es pequeno é cousa boa porque so aumentas de tamaño,despois medras doutro xeito.....
bicos e bo comenzo de curso.

A lareira de Santiso dijo...

Unha canción de Bunbury di:
"de pequeño me enseñaron a quere ser mayor,
de mayor voy aprendiendo a ser pequeño,
así cuando cometa otra vez el mismo error, quizás no me lo tengas tan en cuenta".
Hai cousas e situacións que temos que vivilas sós. Non queda outra.
Apertas

Os nenos dijo...

Seguro que si miras a tu alrededor veras manos tendidas hacia ti. Si no son esas con las que contabas, quizas sean otras, pero estaran ahi.

Anónimo dijo...

Buenas noches, Cuspe de pita:

Nunca he sentido la soledad, por ese motivo quizás valore más lo triste que tiene que ser encontrarse así.
En mi caso, la busco y la necesito durante unos momentos.
Creo que siempre puede encontrarse una mano amiga.

Saludos. Gelu

Chousa da Alcandra dijo...

Recoñezo en min mesmo o sentimento desas palabras, e recoñézoas nun momento moi concreto. Se son no intre que lembro agora mesmo, nada do que se poida dicir servirá de baranda nin respaldo; pero sí che podo dicir que...é posible continuar. Entre outras moitas razóns, pola obriga debida de que se foches protexida, agora toca seguir protexendo.

Un feixe de chuchos

Miguel Martinez dijo...

Eso creo que da fuerzas y te hace evolucionar como persona.
Bonita foto.

zeltia dijo...

supoño.
e ata é posible que o seísmo vital teña repeticións de distinta magnitude.
e en todas elas
o chan cede
o sentimento de perda, nunca igual, sen embargo repítese,
co hipocentro no mais profundo de un.

Ñoco Le Bolo dijo...

___________________________________________
… con la mirada atenta…

Son esos momentos en los que se pueden tomar grandes decisiones, que marcarán toda una vida.

... bicos desde CR & LMA
___________________________________________

Cuspedepita dijo...

Primeiro, antes de vos dar as grazas a todos polos vosos atinados comentarios, debo aclarar que só é unha reflexión, que non morreu ninguén, como parece que puiden dar a entender.
Este foi un verán sementado de problemas importantes, de distinto tipo, propios e alleos, que me fixeron pousar definitivamente os pés na terra e sentir o que aquí escribín, que, sendo un proceso que me resultou moi doloroso, como ben percibistes todos vós, tamén creo que significa unha inflexión necesaria, un cambio de perspectiva, un paso adiante, que non queda máis remedio que dar en algún momento da existencia.

Gustáronme especialmente os vosos comentarios a este post, vese que moitos de vos pasastes por isto, fora o que fora o que o provocara, e os que non o fixestes, tedes unha especial sensibilidade para entendelo.

Quero dicirlle a Chousa que lembro con exactitude o momento concreto do que fala e que tamén eu pensei nas semellanzas mentres escribía isto.
¡Cantas cousas, boas e malas, compartimos xa ao longo destes anos! ¿Verdade, meu amigo?

Por último quero saudar a Gelu, darlle a benvida, e dicirlle que me parece unha persoa extraordinariamente afortunada. O mellor que lle podo desexar é que poida seguir afirmando o mesmo moitísemos anos.

Apertas para todos, e disculpas por non poder pasarme todo o que quixera polos vosos blogs.

abueloscrisytoño dijo...

Creceremos juntos. Un Abrazo
A.Cris

anaidotrasno dijo...

...como doe sentirse soa...pero de todo se aprende.
Chuchiños dende preto de donde a Auga e Arte.

Chousa da Alcandra dijo...

Alédame ter errado na interpretación; pero entende que suscitase en min unha duda razonable.
En calquera caso, medrar sempre conleva dor; dende o parto mesmo. Tanto para o parido como para que da a luz...

Chuchos para as medras futuras

A.C. dijo...

E logo seica é obrigado medrar?

Marcelo dijo...

Suponés perfectamente bien Antón. A mi me cayó ese fichín después de los 40...
Un abrazo!

Cris dijo...

Cuspe.... me estremeció y llenó muy profundo este escrito... muy muy bueno y oportuno. Las fotos... me sentaría en esos bancos mirando ese cielo, a reflexionar.

gracias
bicossss

Angus dijo...

Hay belleza... Me gusta.

Manuel L. Rodrigues dijo...

Vaites Cuspe: polo que semella estamos "meloncólicos" eh??

Ánimo muller!!!

Nome Andrés dijo...

Quizá la crisis actual sirva para agitar la complacencia en la que estamos instalados. Un abrazo, andres

latorredelossueosesmeralda dijo...

Terrible sensacion de ser consciente que un é xa adulto, e vai camiño do olvido.
Terrible momento no que un deixa de creer, deixa de soñar, deixa de esperar....so pensas en amanecer un dia mais, e ter o teu lado alguen que che ame.
Tremendo vacio desta porca vida, a que nos agarramos con avaricia, proque despois non hai nada.s

irene dijo...

Es muy sabia tu exposición, pero demasiado triste, aunque tienes bastante razón.
Preciosas fotos, pero muchas veces sale el sol y esos bancos se llenan de gente.
Un fuerte abrazo, Cuspedepita.