martes, 13 de octubre de 2009

2º asalto: de chivos espiatorios



Xa me parecía a min que Ricardo Costa non tiña madeira de chivo espiatorio e, anque non é santo da miña devoción, por unha vez, e sin que sirva de precedente, estou completamente de acordo con el: non é el quen ten que dimitir en Valencia, senón o señor Camps, que para iso é o máximo responsable do goberno da Comunidade Autónoma e, polo tanto, debería ser responsable das falcatruadas que se cometan no seu mandato (tamén se as cometera Costa).

Agora xa todos sabemos de que falaron Rajoi e Camps no famoso xantar do parador: Alguén tiña que "caer " para limpar a imaxe de Rajoi (ese home que presume metafóricamente de ter experiencia na limpeza de Valencia) e evitar que quede coma o último mono do PP, a quen nin os ratos fan xa caso.

Pero isto é coma un castelo de naipes: O xefe supremo non quere quedar co cú ao aire e reclámalle unha solución ao segundo de a bordo (Camps), que se resiste a dar o brazo a torcer, lembrándolle de paso apoios pasados, e, daquela...¿que solución pode haber?

Préndese unha bombilliña no cerebro traxeado de Camps e asáltao a imaxe do seu propio segundo como chivo expiatorio, pensando que este, inocentiño, ía estar polo labor, pero...¡Ai! Costa é bo discípulo, aprende axiña do seu mestre, e tampouco quere que sexa o seu cú o que saia do sillón, e menos para salvar o do seu superior, así que revólvese contra el e ameaza con investigacións que seguramente non conveñan moito, deixando, de paso, a Rajoi nun incomodísimo lugar que lle vai custar moitos disgustos nestes días.

E mentres, "superstar Esperancita", refrega as mans en Madrid porque sabe que, de cara á galería, está quedando coma o único "home con eles ben postos" da cúpula do PP.

Xa veremos quen chega á meta e vai para presidente nas vindeiras eleccións.

20 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Ya me parecía a mi que Ricardo Costa no tenía madera de chivo espiatorio y, aunque no es santo de mi devoción, por una vez, y sin que sirva de precedente, estoy completamente de acuerdo con el: no es el quien tiene que dimitir en Valencia, sinó el señor Camps, que para eso es el máximo responsable del gobierno de la Comunidad Autónoma y, por lo tanto, debería ser responsable de las fechorías que se cometan en su mandato (también si las cometiera Costa).

Ahora ya todos sabemos de que hablaron Rajoi y Camps en la famosa comida del parador: Alguien tenía que "caer " para limpiar la imagen de Rajoi (ese hombre que presume metafóricamente de tener experiencia en la limpieza de Valencia), y evitar que quede como el último mono del PP, a quien ni los ratones hacen ya caso.

Pero esto es comao un castillo de naipes: El jefe supremo no quiere quedar con el culo al aire y le reclama unha solución al segundo de a bordo (Camps), que se resiste a dar el brazo a torcer, recordándole, de paso, apoyos pasados, y entonces...¿que solución puede haber?

Se enciende una bombillita en cerebro trajeado de Camps y le asalta la imagen de su propio segundo como chivo expiatorio, pensando que este, inocente, iba a estar por la labor, pero...¡Ay! Costa es buen discípulo, aprende pronto de su maestro, y tampoco quiere que sea su culo el que salga del sillón, y menos para salvar el de su superior, así que se revuelve contra él y amenaza con investigaciones que seguramente no le convengan mucho, dejando, de paso, a Rajoi en un incomodísimo lugar que le va a costar muchos disgustos en estos días.

Y mientras, "superstar Esperancita", refriega las manos en Madrid porque sabe que, de cara a la galería, está quedando como el único "hombre con ellos bien puestos" de la cúpula del PP.

Ya veremos quien llega a la meta y va para presidente en las
próximas elecciones.

Paz Zeltia dijo...

pois esperemos que a presidente non chegue ningún deles!

a decir verdade estou farta deste tema;
tan afeitos estamos xa as corrupcións e corruptelas,
que empezo a sentirme insensibel xa.

alfonso dijo...

___________________________________________
… con la mirada atenta…

En un blog, gallego creo que era, decían que si los valencianos fueran negros votarían al KKK.
Esa panda ...ay! esa panda

... saludos desde CR & LMA
___________________________________________

Pedro Ojeda Escudero dijo...

¿Alguien tirará de la manta de verdad?

Antón de Muros dijo...

Soame moito iso de corrupcións e corruptelas :-( :-(

Antón.

Carlos Sousa dijo...

E máis do mesmo... pero nese partido ninguén dimite e ata parece que saen reforzados cos escándalos. Agora ben, supoño que desta volta terá que caír alguén, ou é moito supoñer...

Carmen Graña Barreiro dijo...

Pois con semellantes antecedentes, ningún destes personaxes debería presentarse para candidato a presidente.
Biquiños

Euphorbia dijo...

Por lo que parece, en Valencia volvería a ganar de calle el PP si se hicieran elecciones ahora. Es increíble lo que pasa allí, increíble e incomprensible.

Muchos deben temer que en lugar de chivo expiatorio, Costa acabe de chivo explicatorio.
(bromita que he tomado prestada de Les Luthiers)
Un saludo.

Raposo dijo...

O de Camps semella ser unha saída cotián cara adiante e a ver que pasa. Aínda que supoño que o final terá que caer el tamén. Senon malo.

fonsilleda dijo...

Ás veces a realidade non parece tal e si unha novela por entregas.
Hai que aprender a vela como espectador para non terminar nunha crise ou con depresión profunda.
Bicos

fgul dijo...

Cuspe!!! Aínda che debo unha empanada de berberechos da Ría de Noia. Para cando???

fgul dijo...

por certo: tanto Cuspe como Antón: tedes unha encomenda no meu blogue!!

...e para aqueles que desexen entrar na brincadeira, xa saben...

Nome Andrés dijo...

Ya veremos quién llega a la meta: todavía quedan 50000 folios en la impresora.
Un saludo, andres

Os nenos dijo...

en japon, un ministro se ahorco (estos orientales son tremendos...)por mucho menos que esto. En España eso no pasa porque no hay soga suficiente para todos.
Si alguien tira de la manta de verdad, aqui la clase politica desaparece, pero toda, los de un partido y los de enfrente, que tambien tienen que rascar...
Y ahora que hacemos? no votar? yo tengo claras mis ideas, pero no veo que nadie las defienda, a menos que eso le genere un beneficio economico.

Barreira dijo...

Estou dacordo contigo. E como ben dis Esperanza está a emerxer do medio da merda como unha verdadeira "superwoman".
En fin. Non sei como temos arte para ir a votar.
Saudos.

ruben dijo...

Tan mal no se puede hacer, esperemos que hallan tocado fondo
y hagan una limpieza que devuelva
la credibilidad de sus dirigentes.
Un beso

HADEX dijo...

De todas maneiras toda esta corruptela de cheiro cutre afecta moito á imaxe de todo o partido. Non hai máis que ver a Don Manuel e as súas declaracións.
Personaxe curioso este Ric Costa.
Bicosss

abueloscrisytoño dijo...

Un amigo dicíanos; Un home horrado cando chega á política corrómpese

Chousa da Alcandra dijo...

Quedou moi ben eso de que Espe é a única que os ten ben postos en todo o partido.
Ainda que...esa é de armas tomar. E non me gusta nadiña como enrruga o fuciño.
Deus ou o demo no la aparten da Moncloa, que se non igual nos fai desexar a Xosemari outra vez! E para eso...xa manda moito carallo.

Mararía dijo...

Chegaralle o momento a Camps e a algún outro! Aínda que seguirán sendo catro ou cinco chivos expiatorios!!