sábado, 18 de agosto de 2012

Aire



Entre el alba y la noche hay un abismo
de agonías, de luces, de cuidados;
el rostro que se mira en los gastados

espejos de la noche no es el mismo.
El hoy fugaz es tenue y es eterno;
otro Cielo no esperes, ni otro Infierno.

J.L.Borges






  O aire entra pola fiestra aberta de enfronte, por enriba do sofá de pel verde, percorre o espazo do cuarto, pasa entre as tulipas brancas da lámpada, baixa e agarima a miña fronte, despeiteame e sae pola fiestra da dereita, xunto á mesa e o aparador da louza.

   O ar limpa a casa de malos pensamentos, move, lixeiro, as cortinas brancas con bordados de flores e remate de puntilla, e nas súas correntes planean un par de moscas que nunca se pousan en ningures, suspendidas para sempre alí, no medio do cuarto, mexidas pola brisa do verán á que acompañan trinos de paxaros nas ponlas dos castiñeiros de enfronte, cos seus penachos amarelos destacando entre o verdor frondoso das súas follas.

   Escribo mentres miro pola fiestra. A casa está en silencio. O seu único habitante neste momento, aparte de min, o meu fillo, dorme aínda.

   E eu, que me erguín moi cedo, almorcei, lin unhas cantas follas dun libro, puxen a lavadora, aireei o meu cuarto e fixen a cama, vin escorecer de nubes aquel ceo no que tanto madrugou hoxe o sol, agora agardo a que sexa hora de saír a ese mundo de fóra que, algunhas veces, tanto medo me da.

9 comentarios:

alfonso dijo...


· Un último párrafo magistra. Salir afuera... un extraño nuevo mundo que nos espera

· bicos augustis

CR. & .LMA
________________________________
·

Antón de Muros dijo...

A poesía do cotián nun corazón sensible ;-)
Chuchos.

Antón.

Antón de Muros dijo...

Por certo, gustame moito o xeito de JLB.
Oxímoron á vista ;-)

Antón.

Raposo dijo...

Tes razón, as veces o mundo de fóra mete medo pero hai que enfrontarse a il, recuar non é a mellor opción.
Borges é unha das miñas debilidades. Grazas por traelo aquí.
Unha aperta.

rubén lapuente dijo...

Lo que haríamos si nos quitaran el miedo ¿verdad?
Un abrazo

São dijo...

Tens raqzão: cada dia mais, o mundo se torna um lugar instável e assustador

Apertas

Paz Zeltia dijo...

Moito me gusta a min a literatura do cotiá
a mañá de estrea,
o ar limpo,
esas cortinas (non esquezamos a puntilla)
no sofá verde probablemente tódalas confidencias entre osporos da pel das súas formas.
O recuncho protector que forma a casa fronte ao mundo. Que ao final non é máis ca unha apariencia.

gustoume moito ler este post.
Un abrazo morno.

São dijo...

Estupendo texto, estupendo mesmo.

Como custa sair do nosso canto e enfrentar um mundo cada vez mais instável que , ao nos olharmos ao espelho no regresso, nos obriga a ver um rosto com diferenças mais ou menos vísiveis.

Apertas.

Unknown dijo...

Hola
Me llamo Sandra y tengo un directorio web. Me ha encantado tu blog! Tienes unos post muy interesantes. Buen trabajo, por ello me encantaría contar con tu sitio en mi directorio, para que mis visitantes entren a tu web y obtengas mayor tráfico.
Si estás de acuerdo házmelo saber.
PD: mi email es: montessandra37@yahoo.com
Sandra.