Remata un verán estrano, inzado de tantos sobresaltos coma días de sol.
Asoma amodiño un outono que parece que vaia ser o peor das nosas vidas, polo menos no que a perspectivas económicas e sociais se refire.
Medra a carraxe xorda e muda da xente por cada avance da crise que desmantela o noso país, mentres os políticos só saben botar máis leña ao lume e engrosar as listas do paro que parecen medrar en progresión xeométrica.
Pero ao tempo que recortan alegremente por aquí e por alá dereitos dos cidadáns sen lles tremer o pulso, a eses políticos, que non teñen nin idea de como saír desta, ocórrenselles, porén, brilantes ideas como adiantar eleccións, convocar referendums, pensar en independencias...como se todo iso fóra de balde e o único importante sexa non deixar de detentar o mango do garfelo, anque non haxa caldo no pote para levar á boca.
E eu penso, nesta primeira tarde de outono, como podería, co meu pobre voto, pararlles os pés.
Foto de Elisa Fernández.
11 comentarios:
Rulo, mentre haia paspas e tolos que queran ter a independencia pouco podemos facer os normales, mira que son catalana, e non penso que a independencia pode ser boa, non, todo vai ser mais caro, e vamos ter menos cartos no peto.
Penso que poderá nacer de novo a solidariedade que houbo durante a guerra.
Moitos bicos desde Barcelona, e non tardes tanto en publicar, Neno. Con cada entrada, sintome mais preto de Galiza.
Agardemos que sexan moitos votos os que queiran pararlles os pes,unha abstención alta, xa sabemos a quen favorece.
Unha aperta
AcaBA algo y empieza otra ocasion para ser feliz!
besitos!!
Saúdos Angie, e grazas por deixarnos a túa opinión.
Só quería aclararche que nesta ocasión foi a rula(Cuspe) e non o rulo (Antón)quen subiu a entrada. Xa sabedes que este blog facémolo a medias entre os dous, eu desde a Fonsagrada e Antón desde Bos Aires.
A min non me gustaría que o que hoxe é España acabase sendo unha morea de pequenos países, pero si podería contemplar a posibilidade dun estado federal, o que me parece sobre todo é que este non é o momento para plantexalo porque hai cousas máis urxentes que resolver.
Moitos bicos tamén para ti.
Ola, Balbi, estou de acordo contigo, a abstención non serviría e non estou segura de que recollan a mensaxe do voto en branco...Haberá que pensar moi ben as alternativas.
Unha aperta.
Aniña: Hai que intentalo, polo menos, e no darse por vencidos, que a vida vai pasando axiña.
Bicos
Os cidadáns perden dereitos mais os patrimonios dos políticos non deixan de medrar :-(
Apertas.
Antón.
Que tristeza, pois que parece que a classe política mundial está mesmo disposta a implantar a Nova Ordem Mundial a mando do grande e intocado Capital, excravizando cada vez nais as pessoas a quem chamam plebeus!
Até quando?!
Apertas
Antes los problemas se arreglaban dándole a la máquina de hacer dinero. Yo siempre he defendido un Gobierno único en Europa para todos. Me temo que aquí pocos políticos dejarían su parcela de poder.
Moitos bicos
Pois dalgún xeito haberá que pararllos!
Aínda que os cardos, noutras terras, son símbolo nacional. Será porque son cardos de boa estampa!
As perspectivas meten medo. Xa antes do outona, agora que non se lle ve o fin, mais. Enriba as eleccións...
Que facer?.
Bicos.
Publicar un comentario