jueves, 30 de octubre de 2014

Novelas a dous reás



Entre os anos 1970 e 1980, sendo eu adolescente, lin todo o que caeu nas miñas mans. Como o orzamento era escaso, tanto eu coma o meu irmán mercábamos pequenas novelas de editoriais como Bruguera ou Toray, que logo cambiábamos por outras semellantes, a 50 céntimos a unidade, nun quiosco da avenida da Coruña e máis tarde no da rúa San Froilán.

 Eu comecei lendo novelas románticas de Corín Tellado, pero pouco despois, cando meu irmán se incorporou ao "clube lector", pasei ás de vaqueiros de Marcial Lafuente Estefanía e Silver Kane, ás de terror (anque sempre fun medosa) e  xa máis mociña, coas policiacas de Silver Kane e as de ciencia ficción de Lou Carrigan e Curtis Garland.



 Aquela época pasou e seguín con outro tipo de libros, pero creo que lles debo a estas novelas, unha parte da miña afición pola lectura.

 Este verán lin "Los años del miedo" de Juan Eslava Galán, un libro de historia sobre a postguerra que vos recomendo, no que atopei unha referencia a estas noveliñas e descubrín que moitos nomes de autores, que eu imaxinaba extranxeiros, eran pseudónimos de autores españois, que unha boa porcentaxe deles foron republicanos. Tamén que algúns, coma Marcial Lafuente Estefanía, descubriu a súa vena literaria no cárcere, onde escribía en calquera papel que lle caese nas mans.


 Así, Silver Kane é, en realidade, Francisco González Ledesma, un barcelonés do barrio obreiro de Poble Sec, que, con 21 anos, gañou o Premio Internacional de Novela, instituido polo editor Josep Janés coa su novela "Sombras viejas", que logo foi prohibida pola censura.
 Peter Kapra era Pedro Guirao Hernández, un murciano anarquista, que pertenceu ao maquis e comezou a escribir no cárcere  Modelo de Madrid.
 Clark Carrados era Luis García Lecha, funcionario de prisións,  e Dick Dickinson, foi o fiscal Antonio Viader.
 Lou Carrigan é Antonio Vera Ramírez, un barcelonés que deixou a banca para escribir novelas, que en algúns casos chegaron ata o cine.
Curtis Garland agocha a Juan Gallardo Muñoz que comezou escribindo colaboraciones periodísticas —críticas e entrevistas cinematográficas—, na década dos corenta, no diario Imperio, de Zamora, e nas revistas barcelonesas Junior Films e Cinema.
 Outros pseudónimos agochaban a máis dun autor, como Lucky Marty, baixo cuxo nome escribiron Enrique Martínez Fariñas (que chegou a ter a súa propia editorial) e Jesús Rodríguez Lázaro (outro republicano que estivo varios anos na Modelo).


10 comentarios:

São dijo...

Corin Tellado, já falecida, era única!

Também li montes de livros dela , eu que nem sequer aprecio muito romances rosa e afins ...

Beijinhos e bom regresso :)

Raposo dijo...

Ah, que recordos. Eu tamén cambiaba as novelas por unha peseta. Aparte do xa mítico Marcial Lafuente Estefanía lembro a Silver Kane e Clark Carrados. O que non sabía é que eran españois.
Unha aperta.

abuelacris dijo...

!Hola! cuanto tiempo... no dejo mi bloc me gusta seguir publicando pero ahora estoy mucho más en facebook en el que me encuentro rodeada con el mundo de la camelia Ya sabes esos locos por las flores
https://www.facebook.com/cameliascris
Unha aperta.

Cuspedepita dijo...


Penso que Corin Tellado ten o récord Guinness por ser quen máis obras publicou en español, Sao.


Cuspedepita dijo...

Eu pensaba que serían americanos...pero xa vés, Raposo...

Cuspedepita dijo...

Cris, vémonos logo tamén no facebook.

Biquiños

ñOCO Le bOLO dijo...


Por lo que sé, esos autores, y ese tipo de novelas, fueron para muchos el germen de la iniciación a la lectura.
Un post bien documentado.

· bicos

· LMA · & · CR ·

Zeltia dijo...

ai, que interesante!

eu tamén pasei pola etapa de corin tellado e marcial lafuente estefanía... alá nos lonxanos anos en que pasaba os veráns na aldea, era a única literatura á que tiña acceso, que había unha modista que tiña un baúl cheo! (o máis pareceido a unha biblioteca que había por alí)

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Cuántas novelas de quiosco he leído en aquellos años. En el quiosco de mi barrio podíamos cambiarlas. Estaban ya amarillentas algunas, pero qué importaba.
Besos.

lambe goa dijo...

dit blog interessant en nuttig
obat sakit maag yang mujarab
obat penyakit radang lambung
sakit maag obatnya
pengobatan tradisional maag kronis
herbal untuk maag akut
This blog article is very interesting and will add insight to visitors of this blog. Thank you, this blog has added to my knowledge.