domingo, 1 de febrero de 2015
Camposanto de Vitos (Grandas de Salime)
Fai algún tempo, andiven de paseo con Pilar, unha curmá miña, e dúas amigas súas, polo Concello de Grandas de Salime, limítrofe co da Fonsagrada.
Entre as moitas cousas interesantes que vimos, este camposanto leva a palma.
Está na aldea de Vitos, berce dunha ponla da familia da miña curmá. Para chegar ata lí xa vedes as voltas que hai que dar, primeiro para baixar ata o río e despois para subir pola outra ladeira. Pero pagou a pena.
O curioso deste cemiterio, aparte da paisaxe espectacular na que foi construido, é que só alberga tres nichos, o que o convirte no cemiterio máis pequeno que teño visto.
¿Sabedes de algún máis pequeno?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Si que é pequeno.
Non creo que haxa algo máis pequeno aparte dalgunha tumba dalgún matrimonio.
Si que é curioso, si. Máis pequeno non o haberá, non hai moita marxe.
Qué hermoso, qué hermoso...
Me gustaría tener tan buenas vistas cuando me toque
Bellas imágenes, pero lo que más me agrada es la tranquilidad y el sosiego que se intuye por esos parajes...
Un abrazo
É o campo santo máis pequeno do que oín falar.
E o lugar é para non esquecer.
Publicar un comentario