domingo, 20 de abril de 2008

Preguntas tontas


Preguntas tontas :




É Esperanza eso que chaman nas telenovelas unha “trepadora” ?

Por qué Alberto non marchou cando recibiu tamaño desaire por parte de Mariano?

Por qué Mariano non deixou todo despois do segundo descalabro nas eleccións, cando todos o deixaron só ?

É Mariano tan listo como parece ou tan tonto como nos quere facer crer Esperanza?

É Esperanza tan “primorosamente maquiavélica” como parece ?

Coñecen mellor o xornal “El Mundo” e a COPE as intencións de Esperanza que a propia Esperanza?

Quen lla xoga a quen ?

lunes, 14 de abril de 2008

TODO PASA

Moitas veces estas dúas palabras foron ( e seguen sendo) un bálsamo contra a máis intensa dor da alma.
Parecía que, se as pronunciaba, aínda existiría unha esperanza.




TODO PASA

Ata o tempo se detén algunhas veces
Cando a dor é infinda e insoportable,
Pero…TODO PASA!

Asolágase a alma de malas verbas
De xenreiras agochadas,
Mais… TODO PASA!

Párase a vida na carantoña triste
Dun corazón preso en mil cadeas,
Aínda que… TODO PASA!.

Anubra o día e a terrible tormenta destrúe todo amor,
E toda vida, ao seu paso…
E… TODO PASA!.

O furacán ergue os lousados máis seguros
Deixando a casa descuberta,
Pero non importa, TODO PASA!.

Todo pasa e todo volve,
Coma un río.




lunes, 7 de abril de 2008

Apagóns

Volve a calma despois das celebracións do "apagón analóxico" na Fonsagrada e a conseguinte invasión de medios na vila e aldeas máis achegadas a ela.
A TDT supón unha revolución no eido televisivo, moito máis nun concello onde , como moito, se podían ver dúas ou tres canles cun mínimo de calidade, ou , en algún caso ningunha que non fora de pago e vía antena parabólica.

Pero...¿quen vai ver a TDT neste concello dentro de 10 anos?

Un concello de menos de 5000 hab. , no que morren cada ano 300 viciños e nacen só 2, onde se está producindo o desmantelamento da actividade agraria sen sustituíla por ningunha outra, onde ningún rapaz pode soñar cun posto de traballo que non sexan as brigadas que contrata o propio concello por uns meses, ¿que futuro ten en canto morran esa chea de velliños que sairon nas televisóns estes días alédandose coas novas canles porque é o único que teñen para pasar o tempo ?

Tápannos os ollos con "y "que nos unen co interior de Asturias, onde, polo menos, souberon aproveitar o tirón do turismo, e con decodificadores que nos fagan esquecer aquelas promesas de revitalizar o rural que nos fixeron fai catro anos e das que non volvemos a saber nunca máis...