lunes, 14 de abril de 2008

TODO PASA

Moitas veces estas dúas palabras foron ( e seguen sendo) un bálsamo contra a máis intensa dor da alma.
Parecía que, se as pronunciaba, aínda existiría unha esperanza.




TODO PASA

Ata o tempo se detén algunhas veces
Cando a dor é infinda e insoportable,
Pero…TODO PASA!

Asolágase a alma de malas verbas
De xenreiras agochadas,
Mais… TODO PASA!

Párase a vida na carantoña triste
Dun corazón preso en mil cadeas,
Aínda que… TODO PASA!.

Anubra o día e a terrible tormenta destrúe todo amor,
E toda vida, ao seu paso…
E… TODO PASA!.

O furacán ergue os lousados máis seguros
Deixando a casa descuberta,
Pero non importa, TODO PASA!.

Todo pasa e todo volve,
Coma un río.




10 comentarios:

Zeltia dijo...

Tienes razón que esa frase nos sirve muchas veces de bálsamo. Pero también encierra EL gran vacío.

Chousa da Alcandra dijo...

Unha carreira de obstáculos ou un paseo pola beira do mar (ou do monte). A cuestión é camiñar e, polo menos ás veces, disfrutar da travesía!

Chuchos do retrataflores (sin picalas) ;-)

d´Agolada dijo...

Tes razón. tanto o bo como o malo sempre pasa. Un saudo.

Suso Lista dijo...

Todo pasa e todo queda, que decía o poeta

O Raposo dijo...

Xa o dicía Machado: "Todo pasa y todo queda, pero lo nuestro es pasar..." E cantándoo asi en plan Serrat aínda soa mellor.
Apertas

Manel Vázquez dijo...

todo se transforma ou se enterra pero finalmente todo queda con nós.

paideleo dijo...

Todo pasa é como dicir que o tempo cura todo. E supoño que terá un punto de razón.
Cambiando de tema, non sabía eu que as pitas cuspían.
Un saúdo e graciñas pola visita ao meu blogo.

Iria dijo...

Xa me enterei que nevou na Fonsagrada. Xa teño a cámara preparada. En agosto falamos. Unha aperta.

Cuspedepita dijo...

Efectivamente, todo pasa pero, como ben di Manel sempre algo queda en nós, e anque o tempo o cure todo, queda un pouso que vai formando parte das nosas vivencias e que quizá, o día de mañá, terá, para ben ou para mal, influencia no noso futuro.
Padeleo, que eu saiba non o fan máis cas do meu blog e as dun grupo punk de Sarria co que nada teño que ver :-)
Chousa, sabía que entenderías a broma ;-)))
Suso Lista e Raposo, precioso o poema de Machado e mellor aínda na voz de Serrat.
Machado e Serrat...¡que máis se pode pedir!
Iria, falamos logo en Agosto :-)
D´Agolada, tes razón, tamén o bo, por desgracia.

Apertas para todos.

Cuspedepita dijo...

Zeltia, sempre, sempre, sempre me fan pensar os teus comentarios.
"El gran vacío", si...esa é a sensación.