domingo, 20 de abril de 2008

Preguntas tontas


Preguntas tontas :




É Esperanza eso que chaman nas telenovelas unha “trepadora” ?

Por qué Alberto non marchou cando recibiu tamaño desaire por parte de Mariano?

Por qué Mariano non deixou todo despois do segundo descalabro nas eleccións, cando todos o deixaron só ?

É Mariano tan listo como parece ou tan tonto como nos quere facer crer Esperanza?

É Esperanza tan “primorosamente maquiavélica” como parece ?

Coñecen mellor o xornal “El Mundo” e a COPE as intencións de Esperanza que a propia Esperanza?

Quen lla xoga a quen ?

9 comentarios:

d´Agolada dijo...

Pois si, creo que Esperanza é unha trepadora pero fai ben, se xa é dificil para un home meterse no panorama político pois desgraciadamente máis o é para unha muller sobre todo nun partido de corte conservador. A min gústame máis ela que Rajoy, xa sabes que hai que escoller o mal menor. jeje. Bicos.

Mirada dijo...

Xógannola eles e elas a nos..
:-)
Saúdos

Chousa da Alcandra dijo...

Guau; se ti foses maestra (poñamos por caso), eu tería pavor aos teus exámenes. Vaia preguntiñas que fas...
(I eso que estas seica son as "tontas". A saber como serán as "listas").

Chuchos atontados

O Raposo dijo...

Respostas breves:
1: Si.
2: Porque non tiña a onde ir.
3: Porque o poder tira moito, mesmo dende a oposición.
4: Tan tonto, non.
5: Si, pero de primorosa nada.
6: Supoño que non, pero poden influir.
7: Veremos. Eu dende logo desexo que Esperanzita se esnafre e ben esnafrada.

Zeltia dijo...

oye ¿por qué no escribes un guión? parece adecuado para una de esas telenovelas que ponian en la sobremesa, con la mala, el chico y el que quiere ser califa en lugar del califa

asbeirasdoarnego dijo...

Esperanza non ten paradura. Cada vez caeme pero parece unha arpía que está intentando coller a Rojoy por onde pode. Un Saludo.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

Cuspedepita dijo...

Esperanzita recuou. Semella que se deixou gañar esta batalla sen presentar toda a artillería, pero eu creo que o obxectivo está cumprido: Antes das eleccións ninguén se plantexaba que puidera ser ela a sucesora de Rajoy e agora xa temos todos dous candidatos do PP na cabeza.
Só é cuestión de tempo darlle a forma axeitada ao bolo preñado.
¿Apostamos a que presentará unha nova batalla antes das seguintes eleccións xerais ?

D´Agolada, esta vez non concordo contigo: Creo que o "mal menor" é Rajoy, á vista dos feitos da presidenta ( As palabras lévaas o vento)

Cuspedepita dijo...

Chousiña, non che vou contar as preguntiñas que che faría se foras o meu alumno (hipotético) porque... non quero que se che saian as cores!! ;-)))

Chuchos bromistas ;-)
(Menos mal que nos coñecemos de vello...)

Anónimo dijo...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!