martes, 13 de mayo de 2008

Homenaxe



Hoxe quero rendirlle unha humilde homenaxe a unha muller valente e xenerosa, "o anxo do guetto de Varsovia" que arriscou a súa vida para salvar a 2500 nenos do exterminio nazi :
Irena Sendler, que acaba de falecer, arriscou a súa vida sacando aos nenos a escondidas do guetto e dándolles unha nova identidade para que non fosen atopados.
Sofriu terribles torturas cando foi descuberta , pero nunca revelou a identidade dos nenos.
Este ano era unha das candidatas ao Nobel da Paz, igual que o ano pasado. Un Nobel que xa non poderá recibir, pero que merecía.




7 comentarios:

Anónimo dijo...

moitas veces penso de que pasta están feitos os herois e as heroinas...
fixeches ben dandolle a tua personal homenaxe, ainda que non lle sirva de nada, ten valor para nós, para recordarnos que, ás veces, podemos saír da miseria persoal, da ruindade, e ser GRANDES

Chousa da Alcandra dijo...

Concordo con Zeltia na relevancia dos "pequenos homenaxes" que individualmente facemos.
Son un inculto e non coñecía á muller esta que citas; pero agora, gracias a ti precisamente, soupen máis dela.

Chuchos!

Anónimo dijo...

eu tamén me sumo á homenaxe a esta gran muller.

paideleo dijo...

Eu apenas sabía desa muller e fixeches ben en renderlle unha homenaxe.
Ogallá a metade da xente fose a metade de boa persoa coma esta muller !.

d´Agolada dijo...

Bonita homenaxe, non sabía nada sobre esta muller. Bicos

Nuca dijo...

Viches que cara máis bonita e doce ten a velliña? rezuma bondade

asbeirasdoarnego dijo...

Non sei como se me poido escapar unha muller tan digna de coñecer como Irena Sendler, e máis a min que me produce moitísima curiosidade saber o que pasou durante os nazis, non me perdín ningunha peli, la lista de Shinler, El Hundimiento... Eso sí non me gusta nada o que fixeron non é ningunha broma. Un Saúdo
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com