viernes, 27 de junio de 2008

Concurso fotográfico sobre a emigración




Os amigos da Asociación Amigos da Ribeira Sacra convocan o I Concurso fotográfico "FOTOMUNDI GALICIA", sobre a emigración galega.
Paréceme unha fermosa iniciativa e convídovos a todos a participar con algunha desas fotos que todos temos na casa.¿Quen non ten ou tivo parentes na emigración?
Se queredes enviar algunha (máximo tres), aquí tedes as bases:

http://www.culturalsacra.org/portal/index.php?name=News&file=article&sid=439

Eu xa mandei as miñas fotos ;-)

Hai de prazo ata o 15 de xullo.

Moita sorte !

10 comentarios:

Silvana dijo...

¡O mundo é un pano!

Cuspedepita dijo...

Quedei intrigada, Silvana ;-)

Se me queres explicar escríbeme ao meu correo (no perfil)

Zeltia dijo...

Eu tamén quedei intrigada, pero bueno é que eu son moi curiosa.

Bueno, o enlace que puxeches para o do concurso non funciona, hai que copiar e pegar na barra do navegador. Eu teño unha chea de familia na emigración, pero nada que non se vira xa en un franco 14 pesetas

Fada Branca dijo...

Agora que vou pra galiza mirarei unhas cantas fotos e quizais me anime

Lúa dijo...

que boa iniciativa, malo que xa voltei e aqui non teño ningunha (cousa triste por outro lado....)

Silvana dijo...

O comentei porque parece que temos coñecidos comúns, os da Asociación de Amigos da Ribeira Sacra. E que por estes lares case que nos coñecemos todos e cando leín o post chamoume a atención, logo claro, dinme conta de que teñen o da páxina web e eso ... Foi o primeiro comentario que me saiu cando o leín, nada máis.

Veca dijo...

Gracias Silvana, porque eu tamén quedei intrigada.

O do concurso, paréceme unha idea fantástica.

Cuspedepita dijo...

Silvana, iso me pareceu, e por iso mesmo quedei intrigada. Supoño que si, que temos amigos comúns ;-)

aopedofarelo dijo...

Marisa ¿Podense mandar ainda que non sexan dun.....?
O digo porque estou a recuperar fotos que tiñan na asociacion cultural de Val d Sangorza, e claro non son miñas, pero algunhas son unha preciosidade....

Cuspedepita dijo...

Nas bases da convocatoria non dí nada, pero especifica que "todo ou parte do non especificado nestas bases quedará suxeito ao bo criterio e xuizo do xurado e dos representantes da Asociación", así que o mellor é que llo consultes ao xestor:
xestor@culturalsacra.org