sábado, 4 de octubre de 2008

Meme


(foto do escrito dun rapaz que xa apareceu algunha vez neste blog)

Aquí tedes as miñas respostas ao meme que nos agasallou Zeltia.
¿Qué facer se un soubese que ao mundo lle queda só un día de vida?
Eu darei a miña versión dende o mesmo lugar ca ela, é dicir, dende a lóxica que só sexa o MEU derradeiro día...

1) ¿Qué canción escoitaría? O tema “Sólo se trata de vivir” de Litto Nebbia, xunto aos meus fillos.

2) ¿Qué libro lería? O primeiro que pensei foi nalgunha novela galega, por exemplo de Santiago Jaureguizar ou Aníbal Malvar, mais como non quero ocupar moito tempo, quizáis prefira un conto de Jorge Luis Borges.

3) ¿Con quén falaría? Cos meus fillos e a miña muller en primeiro lugar, despois cos meus (aquí tamén entran os amigos: aqueles que son felices coa miña ledicia e choran as miñas dores)

4) ¿Qué comería? Polbo e tortilla de patacas, sen dúbidas.

5) ¿Qué faría? Iría cos meus fillos á beira do mar. Alí amosaríalles as ondas, que sempre voltan á area aínda que rematen sen forza, e tamén o horizonte como metáfora de que as ilusións e os soños non teñen límites.

6) ¿Qué me quedaría por facer? Ver medrar aos meus e bicar aos fillos dos meus fillos. Aínda ficaría coa ilusión de bicar á miña naiciña que marchou cando era unha muller de 32 anos...

Grazas Zeltia, por elixirnos para este exercicio extremo ;-)

Unha aperta.

Antón.

16 comentarios:

María dijo...

Gracias por compartir este meme, y aunque no te entendí del todo, con algo sí me quedé.

Saludos.

Pedro Ojeda Escudero. dijo...

Qué difícil es saber qué haría uno con un sólo día de vida. Supongo que, de estar con mi gente me dedicaría a ellos.
De estar alejado de mi gente querida, escribiría. Seguro, me pasaría las 24 horas escribiendo.

Veca dijo...

Pois este é un dos memes máis difíciles que vin pola blogosfera. As túas respostas son mois boas...

CRIS dijo...

Que interesante post siguiendo a Zeltia. Aun no he podido escribirlo, me pasa que pienso y me situo en el momento y pienso que todo lo que diga sería una suposición, que todo lo que diga está lejano a lo que de verdad me mandaría mi razón y mi corazón en el momento real... No se... me está costando seguir esto... pero sigo pensando en ello.

BEsos
gracias por compartirlo.

Pitima dijo...

Es que acongoja pensar en dejar a los que te quieren, por mucho que intentes dejarles algo que les dure para siempre y les acompañe, sientes la necesidad de estar a su lado de verdad. Hay quien consigue seguir con los suyos por siempre, ayudándoles con su sólo recuerdo, pero a veces el recuerdo se convierte en sufrimiento, en sentimiento de falta, incluso en rencor,irracional, pues nos dejaron solos, aunque no fuese culpa de ellos...
Hay cosas que cuesta entender, pues trascienden nuestra naturaleza humana, egocéntrica.
Un saludo.

Druid dijo...

Non me gustan os memes, i este xa o comentei en dous blogs diferentes hoxe jajaja...

Unha aperta.

gorocca dijo...

Horizonte como metáfora de que las ilusiones y los sueños no tienen límites, me encantó y creo que ya comienzo a entender el gallego.
Un fuerte abrazo!

Zeltia dijo...

moi emotivo... (¿ou serei eu que estou sensiblona?) e, parecerache imperdonable, pero non coñecía a LITTO NEBBIA.
asi que gracias por partida doble.
Cris e Pítima, me parece que ainda vos poñedes mais no papel do que me puxen eu (que non quería) ó fin os memes son un divertimento; pero tedes razón, que con éste custa mais traballo frivolizar.

Antón de Muros dijo...

MARÍA: gracias por acercarte a Cuspe de Pita a pesar de algunas dificultades con la lengua que usamos aquí. Saludos.

PEDRO: no te imagino mucho tiempo sin escribir, la verdad sea dicha :-)
Un abrazo.

VECA: Ola! o meme é moi duro. Aledame que che gustaran as miñas respostas.
Saúdos.

CRIS: non é doado respostar as preguntas do meme. Eu tiven que pensalo moito.
Bicos.

PITIMA: qué duro é perder aos que queres! Moi duro.
Sabes? neste mes escribirei unha entrada sobre a miña nai (o 20 de outubro farán 37 anos do seu pasamento)


DRUID: xa sei, xa lin noutro lado que non che gustan os memes ;-)
Grazas por pasar por aquí de tódolos xeitos.
Unha aperta.

GOROCCA: otra vez por aquí :-)
Me alegra que te haya gustado el escrito. Nuestra lengua es muy dulce. Qué bien que comiences a amigarte con ella.
Otro fuerte abrazo para ti.

ZELTIA: non che podes queixar eh? fixen os deberes ;-)
Para min tamén foi emotivo. Un exercicio dificil se non o tomas á broma, claro...
Agora xa coñeces a Litto Nebbia. Se queres, mandoche outra canción ;-)
Saúdos.

Amigos: grazas a todos pola vosa visita.

Antón.

A zanfonista dijo...

Gustoume este meme. Jo eu ao mellor fago un. Saúdos

vakastolas dijo...

Hai que ser moi profesional para saír ben parado deste compromiso. Noraboa.

B. Miosi dijo...

Hola Antón, llegué a tu blog por un mensaje en el mío: ¿Qué opinará Blanca de Cuspe de Pita?

Visitar tu blog fue una agradable sorpresa. Me gustan los colores, y la foto de la portada es evocadora, con los árboles otoñales, el cielo nublado y un camino que se pierde en un recodo. Una pequeña casa de ¡paredes de piedra!, sí. La foto es evocadora, no hay duda.

Meme: ¿foto de un escrito de un rapaz que aparecerá alguna vez en tu blog? Lamento no hablar el idioma, pero algo se puede entender.
Si supiera que al mundo le queda un solo día de vida sólo me pondría a escribir. Tal vez en un millón de años alguien encuentre mi huella.
Un placer pasar por aquí,
Blanca

Cuspedepita dijo...

Como non quero deixar só ao meu compañeiro de blog na resposta a este meme, pero tampouco duplicar a entrada cóntovos aquí o que eu faría :

1) ¿Qué canción escoitaría? Eu escoitaría o " Alalá das mariñas" na voz de Uxía Senlle.

2) ¿Qué libro lería? Lería un libro que non lin, chamado "Aquí fican melodías" dun poeta de Cangas que se chama Xaquín Agulla ao que coñecín cando o estaba escribindo, fai un cuarto de século.

3) ¿Con quén falaría? Con todos aqueles a quen amo, para lembrarlles que os amo e para que estivesen preto de min nese día.

4) ¿Qué comería? Creo que uns ovos con patacas :-)ou castañas cocidas e leite, algo sinxelo...
O máis seguro é que non tivese moita gaña de comer.

5) ¿Qué faría? Trataría de desdramatizar o momento e vivir un día moi fermoso con meus, para que puidesen lembrar con ledicia os derradeiros momentos xuntos. Creo que tamén daría uns cantos bos consellos aos meus fillos (sería inevitable para min caer nesa tentación ;-))

6) ¿Qué me quedaría por facer?
Unha morea de cousas...pero creo que pensaría pouco no que me queda por facer.

Suso Lista dijo...

díficil escolla esa do último día.

LM dijo...

e hai que escolher entre o polbo com tortilha e as castanhas com leite ou pode ser todo?
beijos

Henrique A. Ferreira dijo...

LISBOA + PORTUGAL

¡Hola Antón!

Como vais? Espero que muito bem!!!!

Después de todos los líos gordos que tuvo con las passwords y con todas las consecuencias muy aburridas que resultaran, aquí te informo que, creo que en definitivo, mis nuevos datos siguen abajo. Los tíos de Google me han garantizado que a partir de hoy no parará nada. A ver. Yo no creo en brujas informáticas ; pero que las hay…, si que las hay…

hantferreira@gmail.com
www.aminhatravessadoferreira.blogspot.com


Discúlpame por las molestias y los daños que posiblemente te he causado con tantos rollos… Te espero, como siempre. Colaboraciones, comentarios, opiniones, correspondencia electrónica, todo. ¡Que seas bienvenida(o)!
Quesos/abrações
Henrique, o Aéfe