Cando
Cornelio Judas Tadeo de Saavedra e Rodríguez era un rapaz que vivía no Virreinato do Perú, preto de Potosí (hoxe Bolivia), quizáis non pensase que sería o Presidente da Primeira Xunta de Goberno das Provincias Unidas do Río da Prata. Tampouco, creo eu, que tería unha estatua na Avenida Córdoba da cidade de Bos Aires, onde tódalas mañás as pombas irían facerlle compaña.
A vida ten moitas voltas.
Non é doado coñecer o noso futuro...
(preme na foto para ollar mellor as pombas...)Saúdos.
8 comentarios:
A tua entrada fixose recoradr un conto que lin de neno. Era unhas estatua de oro, cos ollos de diamantes, e un paxariño que a pesarem de ter que emigrar para evitar a friaxe do inverno, queda xunto a ela, para ir levando a xentte necesitada, no pico, un anaco do ouro daquela estatua, un diamante, un brilante...etc. e asi ata que ao final, unha maña aparece morta preto do pedestal da estatua, na que xa non queda nada de valor que repartir a os necesitados e pobres.
Todo un exemplo de xenerosidade, moi fermoso. Esqueci o titulo deste conto, non sei si tal vez era dos Hermanos Grim, .....
Eu tamén coñezo ese conto pero non o lembraba, e agora ata recordo vagamente as ilustracións do libro no que o lin. Certamente, o futuro é impredecible.
vueltas y revueltas, querido Antón.
LATORREDELOSSUEÑOSESMERALDA: Creo que algunha vez escoitei o conto do que falas.
VAKASTOLAS: é impredecible, non teño dúbidas.
PEDRO: será por eso que muchas veces nos marea :-)
Moitas grazas por deixar as vosas palabras en Cuspe de Pita :-)
Antón.
Linda foto y escrito.
Sill
SILL: moitas grazas pola túa visita.
Saúdos.
Antón.
Creo que o conto é "O príncipe feliz" de Oscar Wilde.
Moi boa foto, Antón, moi boa.
Apertas, Andrea
Moitas grazas, Andrea.
Benvida a Cuspe de Pita :-)
Unha aperta.
Antón.
Publicar un comentario