miércoles, 15 de octubre de 2008

Meme do millonario excéntrico


Convidounos Paideleo a seguir este meme tan curioso:

"O meme chámase: o millonario excéntrico. Nel hai que nomear polo menos cinco excentricidades que poderías permitirte facer se foses millonario de poder ilimitado. No meme non pregunto polo típico que farías se foses millonario senón polo raro de máis "

Despois de botar a voar a pouca imaxinación que me queda nesta cachola miña que parece rechea de mocos nestes días, sen espazo para nada máis, se eu tivera poder ilimitado faría moitas máis que estas cinco cousiñas:

- Mercaría avións de superluxo para que poidan viaxar a Galicia cómodamente todos os que eu sei que morren por vir e non veñen porque non poden, comezando por algúns que se querían vir de polizóns na miña maleta o 9 de Agosto ;-)

- Mercaría unha casa en cada lugar do mundo que me gusta. Comezaría por un departamento preto do Xardín Xaponés de Bos Aires, para poder tomar café con Antón a mediodía e discutir que entradas ou que fotos hemos subir a Cuspe ;-)

- Acompañaría ao meu amigo Miguel nunha viaxe en moto arredor do mundo parecida a esta (sen prisas de volver traballar)

- Levaríavos a todos os amigos de Cuspe de vacacións a este hoteliño canto tempo quixérades.

- Xubilaríame xa e pagaríalle a Chousa de Alcandra unhas vacacións de seis meses cada ano para que deixe de cometer ese pecado capital que se chama envexa ;-))(é que teño medo que estea en perigo a súa salvación eterna ;-))

Alguén anímase a seguir o meme? É moi divertido imaxinarse con esas posibilidades.


A foto do hoteliño atopeina aquí:http://www.arquitecturahoy.com/dubai/hoteles-de-dubai.html Eu non lla saquei, pero non me importaría ;-)

12 comentarios:

Suso Lista dijo...

Eu desde logo vouno deixar. Pero vou estar atento ao dos demais, je je. Apertas

Pedro Ojeda Escudero. dijo...

me apunto a acompañarte a todas y cada una de esas casas y al viaje: gasto poco, así que no te ocasionaría muchos gastos

Cuspedepita dijo...

No importan los gastos, Pedro, recuerda que soy "asquerosamente" rica :-))
Estaría encantada de que me acompañes, no lo dudes, ya sabes que me gusta tu forma de mirar alrededor :-))

Cuspedepita dijo...

Suso, mira que cuco es ! ;-)

occam dijo...

Pero queridísima: O que ti contas para un rico riquísimo non son excentricidades, e a sua rutinaria vida, supoño

Cuspedepita dijo...

Si, supoño,Occam, pero é que me queda tan lonxe ser rico, riquísimo que non me da a imaxinación para inventar as súas excentricidades.
Claro, ti, que te permites esas viaxes que tanto envexo, puideche darte conta ¿non é ? ;-)
Alédame ben que esteas de volta :-)
Un bico

Ana dijo...

yo quiero que seas rico ^^

O Raposo dijo...

Vou mercar agora mesmo o hoteliño ese da foto, total os cartos sóbranme.
Por suposto, estás invitada a el todo o tempo que queiras.

paideleo dijo...

Gustoume a viaxe por Vietnam co esas motos que crgan coma un camión. Dende logo que prefiro iso a ir a ese hotel de Dubai.
Graciñas por seguir o meme.

CRIS dijo...

me gustaron tus excentricidades...
yo con tu permiso y el de Veca, te copio aquí lo mismo que le dije a ella cuando puso el meme, porque otra cosa, desde que lo contesté, no se me ha ocurrido... así que os lo dejo aquí.

"Hola... yo te contesto aquí... que lo primero me has matao con lo de que seguirías trabajando.. y con lo del meme diario... joe...puf!! Yo trabajaría pero no para nadie... haría algún voluntariado con enfermos terminales,con niños... Quizá acogiera temporalmente a niños en riesgo familiar... Pero seguro compraría un terreno para tener un refugio para animales abandonados para atenderlos, cuidarlos y buscarles un hogar. Me planteo también irme a vivir mas a la sierra, a una cabaña de madera, o una vieja casa de piedra y rehabilitarla.Tener un huerto... Hacer cerámicas o algo artesanal para vender en alguna feria... ¿son excentrecidades? Es que creo que no lo soy para nada.. (excéntrica, digo, no se).
ay... pues nada, que no se me ocurre mas, mira que cosa mas tonta, no?"

feliz fin de semana

Chousa da Alcandra dijo...

Mira que eres malévola! Resulta que sendo tan ricachona e ainda me farías traballar medio ano!!!!. Así seguiría envexando ainda a algúns...jajajaja

Antón de Muros dijo...

Teño sorte porque aínda que eu non fose rico, tería moitas vantaxes por mor de cuspedepita ;-) ;-)

De tódolos xeitos, eu quixera pasar tódolos meses de xullo da miña vida en Galicia. Xunto aos meus ;-)
A o día de hoxe semellame unha gran excentricidade...

Tamén faría un museo coas ferramentas vellas da casa familiar qalega. Armaría o carro, o arado, penduraría os fouciños e demáis ferramentas...

Faría unha galería de fotos onde estarían todolos membros da miña familia. Os que ficaron na terra e os que marcharon fóra de Galicia como o meu avó...

Mercaría unha máquina para encher de millo de xeito automático o hórreo da familia, sen necesidade de levalo nunha carretilla...

Mercaría todalas cousas que necesitaran os meus fillos para vivir en paz. Se é que se puideran mercar. Ao menos penso en roupa, comida, menciñas, libros...

Quixera ter todolos libros que me interesan e o tempo material para lelos ;-)

Ahhh! tamén viaxaría polo mundo, case coma Miguel jajajaja

Soñar é de balde ;-) ;-)

Unha aperta.

Antón.