viernes, 14 de noviembre de 2008

Como can e gato








A cadeliña Tila era un ser moi especial, aparte de ser moi lonxeva (17 anos é moita idade para unha cadela), era a bondade e a alegría encarnadas non corpiño pequeno e peludo.

Tiña un sexto sentido para saber cando os outros (persoas ou animais ) eran vulnerables, e sempre actuou en consecuencia.

Tiña infinda paciencia cos nenos (e cos grandes) e un corazón xeneroso, que a levou a esquecer o instinto para ser nai adoptiva da gata Cinzas e, por tanto avoa da gatiña Xelatina.

Nas imaxes podedes vela coa súa familia.

A Tila morreu atropellada poucos días despois destas fotos. Xelatina a netiña tamén morreu porque estaba moi enferma.
Cremos que súa nai trouxonola á porta da casa (esas fotos son do primeiro día que a vimos, porque Cinzas tíñaa ben escondida) porque soubo que estaba enferma.

Tila herdara o seu nome doutra cuza que tiñamos na casa cando meu irmán e eu eramos pequenos. Herdou o nome e a paciencia :-))

O día que a truoxeron cabíame na palma da man.

Sempre me acompañaba nos paseos. Corría diante de min coa súa peculiar maneira de andar, dous pasos normais e ao terceiro un saltiño.

Ás veces eu escondíame cando vía que me adiantaba moito e ela volvía correndo buscarme. Sempre me atopaba.

Cando algún dos meus fillos quedaba na casa dos avós, ao chegar á casa Tila saltaba arredor do coche baleiro como dicindo que faltaba un ;-)

Se tiña fame ou sede corría seguido desde o saco do penso ou a billa da auga onda min, e ladraba sen parar ata que a entendía.

Por 17 anos foi o primeiro saúdo que recibín cando chegaba á casa.
Agora bótoa de menos.

22 comentarios:

Aniña (@vampyevil) dijo...

que bellas imagenes...

Antón de Muros dijo...

Na casa do meu pai sempre houbo unha cadela.
Unha das máis lembradas chamábase "Lila". Cando morreu, tivemos outra que herdou o seu nome -do mesmo xeito que contas-

Saúdos.

Antón.

Fuentecillas dijo...

Hola
Aunque no entiendo el idioma, solo con las imágenes es suficiente.
Super bonito.
Felicitaciones por tan bellas fotos.
Fuen

Chousa da Alcandra dijo...

Quen era aquel que dicía que "canto máis me relaciono cos humáns, máis lle quero ó meu can"?

Entendo que a botes de menos. Despois do que nos contaches...xa a fago de menos eu tamén.

Un chuchiño (ui, hoxe case mellor un bico, non?)

CriS dijo...

Siempre he compartido mi vida con algun animal, sólo unos años no pude y sentí una extraña soledad. Es curioso el amor y la complicidad tan grande que se puede compartir con un amigo gatuno o perruno. Qué animales mas bellos tuviste al lado, felicidades por ello.
(preciosas las fotos y simpatiquísimos los nombres)
Un abrazo

CriS dijo...

(Gracias por poner el Pio Pio en vuestro rincón. La curuxa está en el mío)

HADEX dijo...

Moi fermosas as fotos....aínda que meu pena saber que morreran....


Chámame a atención o termo "cuza" Eu son de Becerreá, meu pai era de cerca de Navia de Suarna e tamén dicía "cuza". Curiosamente en Lugo capital pouca xente coñece esa palabra....

Biquiños!!

BK dijo...

Eu tiven un can, Tin, que morreu aos 19 anos, era un pequinés marrón, moi desconfiado e que me regalaron cando non sabia nin falta. Era un can desconfiado, pero encantaballe xogar cun siames que tiñamos, facían moi boa parella de xogos :-)

jg riobò dijo...

Gracias por tu visita.
Tiernas imágenes.

Euphorbia dijo...

Es curioso ver como a veces los animales se hacen amigos aunque parezca que tenga que ser imposible.
Yo tuve una gatita siamesa y es increíble cómo quieres a los animalitos éstos.
Un saludo

nachocarreras dijo...

Llevando la contraria a los que dicen aquello de se llevan como perro y gato.
Saludos.

Victoria dijo...

Qué sorpresa!!! Hoxe eres o mellor que me pasou!!! Dame datos do teu abó, quizás poda investigar algo.Cómo che gostaría esto, non o podes nin imaximar, describircho sería imposible, non sei como falar de tanta beleza, faltanme as palabras. pero pouco a pouco podo facer que vexas a traves dos meus ollos. Por certo, encantame o teu blog, co teu permiso seguireino.
Millón de bicos desde a tua terra.

Antón de Muros dijo...

Ola, Victoria!

Benvida ao blog :-)

Moitas grazas polas túas palabras.

Sabes? Cuspe de Pita é un blog que temos Marisa (cuspedepita) que vive en Galicia e máis eu (Antón) que vivo en Bos Aires.
Por exemplo esta entrada de cans e gatos foi escrita por cuspedepita...

O meu tío avó naceu en O Barco.
O meu avó naceu en Muros (A Coruña) (por iso o meu alcume).

Moitos saúdos.

Antón.

Unknown dijo...

Deberíamos de aprender de los animales.
Una historia muy entrañable. Única.
Gracias por compartirla y hacerle este homenaje a ella.
Un abrazo

irene dijo...

Son preciosas las fotos. Me encantan los perros y los gatos, nunca tuve un perro, soy consciente de que hay que tener mucho tiempo para cuidarlos, sacarlos a pasear y jugar con ellos.
Sí tuve un gato, son más fáciles de atender, no hay que sacarlos a pasear. Cuando murió, con 10 años, lo pasé fatal, y prometí no tener otro nunca más, hasta ahora lo he cumplido, más adelante no sé qué pasará.
Besos.

Sarah dijo...

Que bello volar hacia los recuerdos que tanto echamos de menos para acercarlos un poco, para revivir mágicos momentos.
Que bella historia entre almas, da igual que unas sean humanas, otras animales, las almas no entienden del cuerpo en los que se alojan.

besos

Cuspedepita dijo...

ANA: Moitas gracias :-)Besos

ANTÓN: ¿ Viche? Por unha letra non se chaman igual ? ;-)Unha coincidencia máis :-))Chuchiños

FUENTECILLAS: Bienvenida! Me elgro mucho que te guste Cuspe :-)
Un abrazo

CHOUSA: Gracias por solidarizarte ata ese punto. Chuchos, claro que si ;-)

CRIS: Excepto o de Tila que o escollín eu, os outros son cousa dos meus fillos ;-)Biquiños

HADEX: Supoño que "cuza" só se usa na zona da montaña. Nos ancares tamén din cuzo, na Fonsagrada xa non, son o can e a cuza. Cadela é unha cuza pequena igual que cadelo é un can pequeno ;-)
Bicos

VECA: Na miña casa é ao revés, son máis desconfiados os gatos:-), pero tamén se levan ben.
Unha aperta

JUANJO: He visitado tu blog e me encantaron también tus fotos y comentarios. Iré a menudo por allá :-)
Saludos


EUPHORBIA: Si, Son muchos años viviendo juntos :-) Sentí una pena mucho más grande de lo que esperaba sentir cuando murió, a pesar de que como era tan viejecita estaba claro que no iba a durar mucho más.
Abrazos

NACHO: Ya he visto que tu también tienes un post con el mismo título ;-)
Un abrazo

VICTORIA: Creo que o teu saúdo é para o meu compañeiro de blog Antón.
Alédame que poidas mandarlle información( e fotos ;-)) sobre o Barco, para que vexa a terra do seu tío avó.
Benvida! Pasarei tamén polo teu blog :-)
Bicos

JAN: Si, has acertado, la idea era hacerle un homenaje. Se lo debía por todos los años que nos dió su amor incondicional.
Saludos

IRENE: En casa no tenemos mucho problema porque tenemos campo y campo alrededor de casa.
Yo tampoco quiero sustituirla por otra.
Besos.

Sarah: Bienvenida! Pasaré por tu blog.
Un abrazo.

Gracias a todos polos comentarios.

Anónimo dijo...

Mordor era a nosa cadela.
Non falaba, pero tampouco facialle falta, pois o facia cos ollos, ca mirada profunda e limpa dos animais.
REcordo como as veces nas noites frias do inverno, Carmen e mais eu na cama lindo, un bo libro, escoitabamos os seus pasos quedos no pasillo. Empurraba a porta co fuciño, e acercabase ata a cama, como si tal cousa. Pousaba a cabeza sobre o colchon, se apañaba para que levantara a man e lle fixera algunha caricia..
Despois bostezaba, se estiraba toda, e daba media volta de novo cara o seu cojin, para seguir a durmir..Dende a porta, viraba a cabeza e botabanos unha ultima ollada, como desexandonos bos noites....
Non realmente non era preciso que falara...
As veces,por moitas gañas que tivera de sair, lle decias..Mordor, veño agora, vou a comprar pan e despois saimos dar unha volta, ....e se volvia tranquilamente a deitar esperando por ti, para baixar despois, cando lle tocara baixar ao paseo..
Mordor morreu fai mais de vinte anos, e ainda hoxe botamos de menos o seu cariño, a sua vitalidade, a sua compaña....Ali baixo a sombra dos carballos e castanos da fraga de Catasos seguro que atopou a paz dos cas no paraiso dos vellos amigos....
Pero esquecela non creo que puidamos xamais..

Paz Zeltia dijo...

¿pero morreuche hai pouco? ay que apesarada estarás !17 anos son moitos para non querela moito moito e botala en falta cunha pena tremenda!
a miña dumbiña morreu xa vai para 6 anos, e aínda, ás veces, ó entrar na casa paréceme que vai estar á porta, porque dende moito antes de chegar o ascensor ó piso xa sabía ela que eu viña. tamén facía coma tí, iaba comigo a todolos sitios!, no coche tiña o seu sitio,na casa, tiñamos a nosa maneira de entendernos.
un dia unha amigo que durmiu na casa desmayouse no baño, de noite, e eu non me enteraba, ata que ela púxose a ladrar coma tola enriba miña, e correndo cara o baño, ihntranquilísima, e alí estaba, non chan frío, e ela lambendolle a cara, e xemendo...
tamén lambía as bágoas, se chorabas, e laiabase. sabía cando alguen sofría.
Haberá un ano por ahí, vin unha cadeliña que era clavadiña a ela, corría da misma maneira, e tiña as mismas orellas (podía ben ser unha filla sua, porque tivo varias camadas) quedei espetada co corazón latendo forte, foi coma unha aparición, sabía que non era ela, pero disfrutei tanto mirándoa. (os donos miraronme desconfiada, porque tiña na cara... "sonrisas y lágrimas")

sinto moito que che morrera a cadeliña.

LM dijo...

17 anos é uma vida... sinto-o muito e miminhos para a que queda.
beijos

Cuspedepita dijo...

ÁNGEL e ZELTIA:
Vexo que as lembrades con moita nitidez a pesar dos anos, supoño que nos pasará o mesmo a nós.
Si, Zeltia, fai pouco aínda, e a verdade que comprobei que doe máis do que eu pensaba.

Chuchos para os dous

LM:Si, dezasete son moitos anos, ela estaba conosco desde que o meu fillo tiña 3 anos, e a miña filla ainda non nacera. Pasaron moitas cousas desde que chegou á casa, unhas boas e outras malas, unha vida como ti dis...
Unha aperta

Markesa Merteuil dijo...

As fotos son ben curiosas. Como de confiada era a gatiña coa cadela!