Para Maria Juana Magadán e todos os que saimos de Vilaframil algún día...
A COROA
A Coroa
érguese contra o ceo
no contraluz da tardiña
e pinta de verde,
sobre vermello,
a paisaxe do val.
A Coroa...lúa chea
que baila nas sombras
da Chaila dos Lobos
unha danza ancestral.
Alma inqueda do piñeiral,
morada de mouros
en antigas covas.
Vento que aúla
entre os castiñeiros
de Gaiol e Fargaoso.
Xabaril que foza
nas leiras do estivo,
cortín de cen colmeas,
ouro soterrado,
campá de lenda.
Séculos de pedra
gardan, coas súas murallas,
o sol no teu cume.
24 comentarios:
hi,
nice blog here...
it's full of beautiful pict..good work
A terra ten un segredo.
Os fillos que a deixan nunca esquecen o seu misterio.
Preto ou lonxe, fican as súas paisaxes gravadas no corazón.
Unha aperta.
Antón.
Que sorte temos os que vivimos nestas montañas verdade??? Nunca me canso de mirar a paisaxe, nunca.
biquiños!
E tamén temos sorte os que, ainda non vivindo nelas, nos brindades a oportunidade de disfrutalas visual e incluso intelectualmente.
Chuchiños dende o Centro do País
El sentimiento de la tierra es lo único que nos puede salvar. Bello poema.
Ohhh, qué entrañable de verdad! De todas formas hay tierras mágicas, mas que otras, hay tierras que atrapan el alma de una forma muy especial...
Me hizo recordar una canción:
"Ainda hoxe queda xente
que sabe sentir a terra
queda ainda quen comprende
canto pode aprender dela
Que non existe o silencio
todo está cheo de sons
canta o río, brúa o vento
todo fala ao teu redor
I é preciso que entendas
o que intues no interior
somos parte desta terra
porque terra somos nós
Somos coma o vento
que peitea a herba
gardando os segredos
dos confins da terra
Somos como as pedras
que o tempo moldea
envoltas nas neboas
dos confíns da terra
Somos coma o lume
que da luz nas tebras
i esperta as concencias
dos confins da terra"
besos
Son preciosas las fotos, unos paisajes muy bellos.
Espero ver algo parecido en los próximos días, estoy encantada, este viernes voy a Galicia, hace un montón de años que no voy, tenía muchas ganas de volver.
Biquiños.
Bonitas as fotografías, o val, o monte... e tí envolvendoo todo de maxia con este poema.
precioso
Sentidos versos para unha fermosa paisaxe.
Parabens.
yo quiero ir...
Gracias por compartir imágenes que me llevan a otros lugares!!
Un abrazo desde Barcelona.
Piquei no voso blog por pura casualidade e por outro motivo no que ten moito a culpa Antón.
É unha grata sorpresa saber que coñeces Marín e recordas "A Goleta" é un local que aínda funciona, non tanto como neses anos que podías ir todos os días á cafetería e gozar das vistas, un dos fillos encargábase dela e sempre tiñan moita xente. Este mozo unha tarde de inverno cando o mar rompe coa forza do vento , foi coa súa noiva á zona de Bueu (creo que foi en Cabo
Udra ) para facerse unhas fotos. Un golpe de mar levou á noiva, el tirouse a salvala e morréron os dous, este triste acontecemento afecto moito á Goleta que estivo moito tempo pechada ao publico.
Na miña ultima entrada "A camelia da Praia" se picas na terceira foto poderás ver ao fondo entre o barco branco e o vermello un edificio branco esa é "A Goleta".
Antón de Muros; quero que saibas que eu pase moitas tempadas por esa a túa terra, o meu avó paterno era de Outes e os curmáns (fillos dunha irmá do meu avó) rifabanse por terme con eles. Fun moi feliz e moi querida por esa a miña familia. A casa matriz e por tánto a parada principal era en Ountes Rodrigo o máis pequeno fixo a mili en Marín, permiso que tiña, viaxe que faciamos xuntos, toda unha aventura cambiando de autobús en Santiago ata chegar a Outes. Eran unha chea de curmáns, Rodrigo casou cunha moza do Freixo e alí fixo a súa casa. As mozas, Anuncia, Pepa e Joaquina quedaron cos pais mentres Manuel un dos mozos estudaba para cura .A súa primeiro parroquia foi en Fisterra, logo Santa Cristina de Noia máis tarde, a parroquia de Louro e faleceu sendo cura párroco de Esteiro. Pasei moitas tempadas nesas parroquias. As súas irmás Pepa e Anuncia coidábanme como unha raíña e desde Louro iamos a Muros para facer as compras, se as pedras falasen diríanche moitas cousa do meu paso por esas terras, terras dos meus devanceiros.
Un abrazo. A.Cris
!Preciosa! moi sentida.
Auqnue hay alguna palabra que se me escapa, esos versos tienen imágenes tan físicas que se ve que están pegados a una tierra. Un saludo
hi again, thank you for visit me...
I will add you in my link if you want..
regard
hi Anton,
Thanks for visit me too...
your blog really stunning...
best regard from Indonesia
o conjunto de fotografias e poema é mesmo sentido.
beijos
Estas paisaxes sempre me evocan segredos.
Lugares fermosos por tódolos lados
NIAR: welcome and thanks for your visit.
ANTÓN: "Voan, pero nunca abandonan o niño " ;-)))Gustouche? Unha aperta
HADEX: Si, temos moita sorte, anque supoño que se naceramos na chaira amaríamos a nosa terra da mesma maneira. Bicos
CHOUSA: Ahhhhh, atopamos algo que en Antas non teñen mellor ? ;-))) jajaja Chuchiños.
PEDRO: Es importante para el individuo, como para los árboles, tener las raíces en la tierra.
Abrazos.
CRIS: ¡Canto me gusta esa canción de Lúar na Lubre! Boh! esa e as outras ;-)
Biquiños
IRENE: Si pasas por Lugo avísame aquí para tomar un café juntas, ¿vale?
Besos.
Zeltia: Cando queiras ven e ímoslle dar a volta andando á Coroa ;-)
Chuchos
Raposo: Graciñas, os versos saen do corazón :-)Unha aperta
ANIÑA: Cuando quieras :-)Serás bienvenida.
Un beso
MONTSE: Gracias a ti también por las tuyas :-)
Abrazos.
AVOA CRIS: Que triste historia a da Goleta, non tiña idea do que pasou.
Eu vivín en Marín porque son mestra e estiven dous cursos no Sequelo.
Estando alí casei e aprobei a oposición, así que Marín é un lugar case máxico para min ;-)
Escribín un poema a Marín fai anos, calquera día sae aquí.
Bicos
NOMEDIGAS: Le voy a copiar la idea a Euphorbia y pondré una traducción de cada post, como comentario, en adelante :-)
Un abrazo
LM: Alédame que che guste. Bicos para toda familia.
VAKASTOLAS: Teñen segredos ;-) Por exemplo había unha cova na aba da Coroa, e en tempos houbo osos nas súas ladeiras.
Chuchos
SUSO: Canta variedade de paisaxes pode ofrecer Galicia ¿Verdade?
Bicos.
Mil noraboas por tantos anos collidos das mans. Fermosa maneira de celebrar os tres decenios.
Moitas apertas.
AVOA CRIS: grazas pola historia. Vexo que coñeces moi ben os lugares da terra dos meus devanceiros: Fisterra, Louro, Esteiro, Outes, Muros.
¡Canta ilusión de voltar a eses lugares!
Unha aperta.
Antón.
Estou esperando ese poema de Marín
A. Cris
Publicar un comentario