domingo, 9 de noviembre de 2008
NONA
Fai moitos anos, eu coidaba polas tardes a unha velliña arxentina á que chamabamos todos a "Nona". Ela, que estaba de visita na casa da súa filla, casada cun lucense, tiña a cadeira rota e non se movía por si mesma, así que, polas tardes, pasabamos o tempo conversando, xogando á brisca ou mirando pola ventá do salón. Dende alí contemplaba entusiasmada as bandadas de estorniños que facían filigranas no ceo de Lugo.
Cada pouco, se eu ía á cociña a prepararlle a merenda ou marchaba acondicionar o seu cuarto, chamábame a berros:
- " Selia, Selia, vení acá ! Mirá los pájaros !”
Eu, como sabedes, non me chamo Celia, pero por máis que insistín, nunca conseguín que aprendera o meu nome, así que rematei por ser Celia "a conciencia".
E ía alá e miraba con ela as inmensas bandadas de estorniños que facían filigranas no ceo de Lugo, á tardiña, contra o horizonte vermello.
Supoño que os estorniños eran unha metáfora dos seus propios desexos de estar ceibe daquela cadeira de rodas e poder voar...
O que si conseguín, en tres meses de pacientes exercicios diarios, foi que volvera a erguerse da cadeira e puidera camiñar con axuda dun bastón desde o cuarto á sala.
Os derradeiros días que estiven con ela contoume, cun sorriso ilusionado, que soñou que ía no avión cara a Arxentina e que camiñaba “ligerita, ligerita” polos corredores do avión.
Nona volveu a Arxentina para o Nadal e morreu moi pouquiños meses despois, pero hoxe, máis dun cuarto de século despois, eu sigo sendo Celia e acordándome dela cada outono, cando os estorniños voan por riba da miña cabeza.
Pero non todo é señerdade cando penso nela, sempre lembro anécdotas que me fan sorrir, a imaxe dela sentada na cama facendo o seu moño, ou pintando os beizos de vermello, perfumándose...ou outras divertidas, coma aquela vez que tiñamos que erguela da cama entre o seu neto e máis eu, e como pesaba moito, non puidemos con ela e foi esvarando, esvarando, esvarando, ata que quedou sentada no chan... ¡ Que difícil resultou volvela a erguer mentres os tres chorabamos coa risa !
Foto: A tardiña sobre Lugo. Ao fondo as torres da Catedral. (Cuspedepita)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
16 comentarios:
¡Qué historia más tierna!
Y qué foto de ciudad y cielo.
Gustoume moito a historia.
Hai moitas que irmandan á Arxentina e Galicia :-)
Chuchos.
Antón.
Cando eu estaba na Facultade, iamos polas tardes ó parque de Rosalía a ver como voaban os estorninos.....Podes estar horas mirando esas figuras.....
A foto é moi fermosa.
Biquiños.
P.D.: nesas torres viven agora unha parella de falcóns os que tamén da guusto observar.
Ohhh Qué tierna historia... qué simbólica y que conmovedora...
Gracias por compartirla.
No se por qué, me ha recordado al libro "los árboles mueren de pie" de Alejandro Casona.
Un abrazo
FELIZ SEMANA
que bom que nom esquecesses a celia e alguma vez ponhas a sua pele para ver estorninhos.
beijos
Si si si, a historia é mon tenra e conmovedora (sobre todo por ver a "Selia" con x-25 aniños); pero ese putos estorniños son os que me cagan a min o coche cando aparco en Ramón Ferreiro!!!!!
Asegúrovos que o coche queda feito un poema.
O dos estorninos......Como di Xose Luis, e punto e aparte. A outra tarde baixei a buscar auga a fonte e quedei abraiado cos ruido que fan, e tremendo escoitalos nas follas das arbores.....
A historia e moi fermosa, e fixome recordar cousas que mellor deixo agachadas nun burato de meu corazon maltratado polos recordos mais tristes.
Cousas
Una bonita historia de recuerdos, añoranzas y morriña.
Es igual cómo te llamen, Celia o cualquier otro nombre, si lo hacen con cariño y ternura no importa, por eso, Nona siempre será recordada.
Preciosa foto de ese atardecer en Lugo.
Bicos.
de que manera tan agarimosa hablas de esa mujer; probablemente nunca imaginó que perduraría para siempre en tu memoria. casi puedo verla coqueta, presumida, ansiosa por curarse y "volar" a argentina.
por muy cagones, ruidosos, gregarios y pendencieros que sean los estorninos es imposible no admirar las enormes bandadas con sus filigranas increíbles al anochecer...
Fermosa lembranza: tenra e chea de cariño.
Qué bonita historia.
Hay una canción de Raimon que me gusta mucho que habla de los estorninos:
Estornells fan i desfan
dibuixos insospitats,
mentre volen sobre els arbres
ara junts i atapeïts,
ara sols, ben espaiats.
No he conseguido encontrar la música pero es preciosa.
Un beso (os voy a enlazar, me encanta vuestro blog)
A memoria ten unha fabulosa capacidade para re-crear
Un placer ler o teu blog
Qué historia más tierna Cuspe,contemplar lo que se anhela, en este caso el ansia de poder utilizar las piernas, y la metáfora de los pájaros, preciosa historia.
Fuerte abrazo!
Logo sempre sorrirás cando miras as filigranas dos estorniños ?...
LISBOA + PORTUGAL
¡Hola!
Tengo un nuevo concurso en mi www.aminhatravessadoferreira.blogspot.com. Como siempre tiene premios. Así que puedes ganar. Si concurres, ya es medio camino andado. Puedes enviar tus respuestas hasta las 20:00 del viernes, 14. Buena suerte. Y vuelve más veces a visitar mi blog. Muchas gracias
Qjs Abr
hantferreira@gmail.com
Publicar un comentario