1.- Recibes o meme e engades o produto da túa zona que vas a sortear no teu blogue.
2.- Envíaslle o "encarguiño" ;-) a tres persoas
3.- Vas dando número aos que deixen un comentario nesa entrada, e o dia 28 de febreiro realizas o sorteo. E despois, claro, mándaslle o produto ao gañador.
1.- Sendo da Fonsagrada, ¿que hei sortear? :-))
Pero, como somos dous aquí en Cuspe, para que quede constancia da nosa metade Arxentina, o butelo irá acompañado dun "dulce de leche" para que o gañador poida facer ( se non lle toca o queique de Ordes) uns "panqueques de dulce de leche", coma estes, para a sobremesa:

Os panqueques son as filloas arxentinas ;-)
Mandareille tamén ao/á afortunado/a as instruccións para cocer o butelo.
2.-O encarguiño vai para estes blogueiros (agardo que non llelo mandara ninguén antes):
A Avoa Cris
Ao pé do Farelo, e
Manuel Busto
3.- Agora xa é cousa vosa se vos apetece ou non...
¡Que aproveite!
37 comentarios:
LM nos invita a seguir el "meme do traste galego", que consiste (más o menos ) en :
1.- Recibes el meme y añades el producto de tu zona que vas a sortear en tu blog.
2.- Le envías el "encarguiño" ;-) a tres personas
3.- Vas dando número a los que dejen un comentario en esa entrada, y el dia 28 de febrero realizas el sorteo. Y después, claro, le mandas el produto al ganador.
1.- Siendo da Fonsagrada, ¿que he de sortear? :-))
Pero, como somos dos aquí en Cuspe, para que quede constancia de nuestra mitad Argentina, el butelo irá acompañado de un "dulce de leche" para que el gañador poida facer ( si no le toca el queique de Ordes) unos "panqueques con dulce de leche", como estos, para el postre:
Los panqueques son las "filloas" argentinas ;-)
Le mandaré también al afortunado/a las instrucciones para cocer el butelo.
2.-El encarguito va para estos blogueros (espero que no se lo haya enviado alguien antes):
A Avoa Cris
Ao pé do Farelo, y
Manuel Busto
3.- Ahora ya es cosa vuestra si os apetece o no...
¡Que aproveche!
Entendo máis ou menos o do sorteo, pero non collo o tema de encargarlle -¿que?- algo a outros tres blogueiros.
Polo demais, por suposto que me apetece participar no concurso. Vaia banquete, o buteliño de primeiro e o doce de leite na sobremesa (revelarás o segredo das receitas?).
Vaime dando un número. Cando remate este concurso, se cadra me animo a facer un meme cos ricos de Melide, doce autóctono e único do cerne de Galiza...
Coña un sorteo con esto que aparece en la foto?dónde hay que apuntarse?jaja
Saludos!
mira que o dos alfajores era uma sugerencia mas superasteis todas as expectativas!!!!!! deus santo bendito! eu nom posso ter enchufe? nom me podias dar um par de números? anda porfi!!! porfi porfi porfi porfi
por agora fico apontada e já me dirás...
beijos com a boca feita água
ay, mi madre, qué comilona, aunque sea virtual
Quero número!.
Como non podía ser doutro xeito, o butelo fonsagradino tiña que estar presente. E digo eu...vas mandalo feito ou tamén ven con instruccións?.
xa engordei outro kg. nada mais mirar para a foto. íaseme facendo a boca auga, i eso que terminei hai un pouco de comer!
Quería un numeriño deses para o sorteo. Non me sinto capaz de facer os panqueques isos nin con receta, pero sempre hai algún coñecido arxentino cerca :)
Tamén quero eu un número.
Eu cumpro coas normas totalmente porque tamén sorteo un produto ( no meu caso viño albariño de Arbo ) e embarco a tres blogueiros ( coincidimos en embarcar a Manolo Busto, supoño que acabará sorteando algo, hehe ).
OOhhhh ñam ñam.... me vais a matar entre unos y otros galegos con tanta buena comida, ja ja. Creo que estos días estoy engordando sólo de leer y ver, ja ja ja.
Un besote!
¿recibiste un mail mio con un regalito?
Que boa pinta ten todo. A este paso aquí non hai quen faga dieta!
Eu quero número !.
Xosi: Tes o número 1. Non creo que te libres deste meme, asi que vai preparando os ricos ;-)
Apertas.
Gorocca: Para ti el número 2.
LM: Vaaale, vaaaale, o 3 para L e o 4 para M ;-)
Pedro: para ti el 5, a ver si hacemos una olla podrida con butelo de Fonsagrada ;-))para el record Guinness de calorías por ración ;-)
Chousa: Tes o número 6, ben bonitiño. E nada de mandalo feito. Frio ou requente perde gracia.
Se o queres feito has vir comelo aquí ;-)
Zeltia, o 7 da sorte para ti, e, se toca, xa sabes a quen lle tes que pedir os panqueques ;-))
Paideleo: ¡Non me sexas impaciente, ho, que os butelos aínda están ao fume! ;-) Tes o número 8.
Cris: Ahora voy a ver el correo...¿Un regalito? ¿Que bieeeennn! Graciaasssssss!
Tienes el número 9 para el sorteo.
Raposo: Que dis? Se o butelo non engorda nada, ho ! ;-)
Tes o número 10.
Despois xa faremos dieta.
Apertas a todos.
Vale, recollo o meu 7 e deixoche o 9 para o viño da ulla. Pero Antón como non veña pronto... o viño da ulla é un viño novo que non se garda.
E os da familia quedamos fora do concurso ou podemos optar a ese buteliño...eu, coma Homer simpson, babeo vendo estas cousiñas, que fermosura ¡¡¡
Bicossss de tiamadrina
Vaia lio.....
Agora a ver como fago eu.
Un bico
Bueno vou a seguir a meme, polo blgo de Aopédofarelo.
Xa te enteraras....
Queridos amigos; Aínda que non vou participar de xeito oficial neste meme, si quero corresponder. Estades invitados para degustar un prato típico da nosa terra. Esta invitación non caduca, cando podades vir só tedes que deixar recado no correo. Deixo unha pista na miña blog. Un saudo. A.Cris
Tiamadriña: Os da familia , por suposto, estades fóra do concurso, cando queirades butelo, tedes que vir comelo aquí ;-);-)
Acordadévos que esta fin de semana é a Feira do Butelo e vide para a montaña.
Chuchiños
Ángel: Anque non dis se queres número, imaxino que si, así que tes o 11 e dous bicos :-)¡Sorte!
Avoa Cris: Moitas gracias pola invitación. Non teñas dúbida de que se imos por Marín avisaremos para vos coñecer.
O mesmo che digo se vides pola Fonsagrada, ou por Lugo algunha vez.
Apertas
Zeltia: se o viño non se pode gardar, terá que bebelo otro :-(
Cando poderei viaxar? snif snif
Unha aperta.
Antón.
Dame número que o que nos pos para trastear ten boa pinta. Mellor saberá.
Saudos.
Para ti o 12 Barreira.
Moitos saúdos :-)
ummmmmmmmmmm, doce de leite... eu tamén quero!!!
ei ei ei:
Eu tamén quero diso, apúntome ao sorteo e convidovos a todos a que participedes no meu.
Unha forte aperta
Eu tamén quero un número, como nos vamos a por.
Vent ti tamén a recoller un no meu sorteo.
Eu tamén quero butelo, mesmo parece que foi no que se inspirou Botero :-)
Se che apetece algo das terras do deza, pide rifa.
Bicos.
Pido número para o sorteo.
Hostia! Os botelos son uns dos meus pratos preferidos! Lembro eses botelos que xantaba en Cacabelos. De todos xeitos, tamén me interesa moitísimo a receita.
Ficas convidado ao meu blogue e aos doces que teño en xogo.
Unha aperta forte e un pracer ter coñecido un home da Fonsagrada.
O buteliño para estes días de entroido vén que nin pintado.Quen me dera un número....
Senda: O 13. Síntoo se es supersticiosa ;-), eu non son :-)
Manuel: O 14. Agora paso buscar o noso número tamén ;-)
Carlos Sousa: O 15. Vaime reservando un número tamén :-)
Paco Penas: O 16. Claro que quero algo das terras do Deza !! Paso axiña.
Ninsesabe: O 17, ben bonitiño :-)
Moncho Pais: O 18 para ti. E unha aclaración (coa risa baténdome as costelas ;-) ): o que coñeciche nesta entrada foi unha mulleriña da Fonsagrada ;-) O home que tamén escribe en Cuspe (Antón) éche de Muros e Bos Aires.
A montañesa son eu (Marisa ou Cuspedepita)
Ahhh, e tes razón,o botelo do Bierzo é moi bo tamén ( sen chegar á categoría dos da Fonsagrada, claro ;-)), pero un chisquiño diferente en canto ás partes do porco que se empregan para embutir.
Se che toca verás a diferencia.
Vanesa: para Santiso vai o 19. ¡Sorte ! :-)
Apertas a todos.
Por certo que, se teño sorte, por fin vou saber como son os "panqueques", e así comprenderei mellor a Mafalda, a de Quino, coa que tanto e tanto me divertín ó longo da miña vida.
Viva a Fonsagrada. Apúntome ao sorteo. Un saúdo.
Veño tamén a buscar o meu numeriño para o sorteo, tí xa tés un no meu.
Moita sorte para todos.
***
Sí, andiven preto da túa terra, como ben dis no comentario do meu blog, de feito estivemos a punto de facer o retorno pola Fonsagrada en vez de pola A-6, pero como só fóramos de venres a domingo e facía moi bo tempo queríamos quedar alí o maior tempo posible e facer un regreso rápido.
Boas!
Eu tamen quero deleitarme con isas delicias galegas, o sexa, que se pode ser, apúntome a iste apasionante (a la par que interesante) sorteo. Tendes que repetir a iniciativa pero con mais tempo, que a idea e moi boa!
A ver quen gaña (e despois disfruta) con cada producto da terra!
;-)
Saudiños
Uh! Desculpa o erro, Marisa. O do Antón despistoume XD Moitas ghrasias!
Moncho Pais
ültimos números:
Dezarrutas: 20
Mer: 21
Ignacio: 22.
En resumo:
1-Xosimelide
2-Gorocca
3-L
4-M
5-Pedro
6-Chousa
7-Zeltia
8-Paideleo
9-Cris
10-Raposo
11-Ángel
12-Barreira
13-Senda
14-Manuel
15-Carlos Sousa
16-Paco Penas
17-Ninsesabe
18-Moncho Pais
19-Vanesa
20-Dezarrutas
21-Mer
22-Ignacio
Agora mesmo procedemos ao sorteo.
A man inocente aquí vai ser a do meu home que é o único desta casa que non toca un ordenador nin de broma, así que non ten nin idea de a quen corresponde cada número.
Moita sorte para todos !
Gracias por participar ;-)
E o gañador é o número 14: MANUEL L. RODRIGUES !!! Parabéns !!!
Xa me poño en contacto contigo para che enviar o butelo e máis o doce de leite :-)
Publicar un comentario