jueves, 19 de febrero de 2009

Carteis da campaña electoral galega





Lin os outros días en blogues galegos amigos comentarios sobre as vindeiras eleccións en Galicia.
Carlos Sousa comentaba o lixo dos carteis da campaña nas farolas e Chousa referíase ao tema amosando unha foto.

Moi lonxe da Parroquia de Areas e de Antas de Ulla, en Bos Aires os milleiros de votantes teñen tamén a súa propaganda.

Aquí os carteis viaxan en autobús ("colectivos", como di a xente por estes lugares)

Saúdos.

Antón.

11 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Ola Antón, grazas pola mención e o enlace. A verdade que é un tema que da para moito.

Sabía que os nosos políticos ían alá buscando (ou case mercando) votos, pero non sabía que había unha campaña con carteis e todo.

Claro, según de quen sexa o dono da compañía, os autobuses pedirán por uns ou por outros.

Pois nada, a aturalos e se alguén non lle gusta o colorido do bus, que espere polo seguinte,jeje.

Un saúdo dende Areas.

Aniña dijo...

mira las elecciones tb son para vosotros ;)

Antón de Muros dijo...

CARLOS SOUSA: o positivo deste xeito de facer propaganda é que non emporcan as rúas.
Unha aperta.

ANIÑA: es que hay muchos gallegos con derecho al voto en Argentina (y particularmente en Buenos Aires)
Un beso.

Antón.

Cuspedepita dijo...

A quinta provincia galega (Bos Aires) non podía librarse da propaganda :-)
Manda chover! Case 41ºC á sombra e estes políticos botando leña ao lume ;-))
Pero eu case prefiro subirme a estes autobuses que falan de cousas terrenais que aqueles que circulan por Madrid falando das celestiais :-)) Máis que nada por aquelo de que non vaia ser o demo e...jajaja

Chuchiños

Chousa da Alcandra dijo...

Aiiii, un día destes habemos falar do chamado "voto emigrante". Vaia rebumbio que se arma con elo.
E madia levan a facer propaganda na quinta provincia. Sodes un voto moi "apetitoso"!!!

Apertas

Pedro Ojeda Escudero. dijo...

pues votad en conciencia... y si os equivocáis, hay otra ronda dentro de 4 años, tampoco pasa nada

Marcelo dijo...

Cuando los vi me acordé de vos.
Un abrazo

aopedofarelo dijo...

Ola Anton, non o vas creer, pero aqui tamen ahora imponse a moda do cartel-bus ...
Onte ia eu de vota de SAntiago, pola autopista, e adiantei, un "Mombus", -autobus regular de linea a Orense, cun anuncio todo a cristal traseiro, de propaganda electoral de Anxo Quintana. E un pouquiño mais adiante, ia outro, tamen da mesma compañia, que levaba outro de Feijoo....
Eso chamase ser democratico, ¿ou non?. Os autobuses da mesma empresa, levan carteis propagandisticos de calquera dos tres canditados....¡¡¡ole¡¡¡

Antón de Muros dijo...

CUSPEDEPITA: por certo que a cidade nestes derradeiros tempos semellou un forno...

CHOUSA: hai moito que falar do "voto emigrante", tes razón.
Coñecimos moitos "peixes gordos" da política ao longo dos anos que visitaron Bos Aires na procura dos votos.

PEDRO: siempre hay que mantener la ilusión que algo puede mejorar.
Un abrazo.

MARCELO: muchas gracias, Marcelo :-)
¡Un abrazo!

Antón de Muros dijo...

AOPEDOFARELO: aquí tamén pasa o mesmo con algunhas empresas de transporte. Levan carteis de distintos partidos.
Unha aperta.

Antón.

Antón de Muros dijo...

Por certo lin que dos máis de dous millóns de votantes galegos habilitados, 335.357 residen no exterior e deles, uns 121.000 viven na Arxentina.
Por iso os carteis nos autobuses ;-)

Saúdos.

Antón.