domingo, 8 de noviembre de 2009

INTERIOR



Ao lonxe soa a vida.

vese polas fiestras da casa:

árbores quedas, a parra, o ceo azul,

un galo que canta.



Pero no interior é todo soidade,

todo silencio.

Unha paz de chumbo

que nos prende coma un soño.



Esa anguria indefinida

que percorre os espazos

coma as moscas

á caída da tarde.



Daquela volvo a buscarte,

naufraga neste mar

para sobrevivir

nas túas verbas salvavidas.

Foto: A fiestra coqueta (Puebla de Sanabria)- Cuspe

Tradución en comentarios.


28 comentarios:

Cuspedepita dijo...

A lo lejos suena la vida.
Se ve por las véntanas de la casa:
árboles quietos, la parra, el cielo azul,
un gallo que canta.


Pero en el interior es todo soledad,
todo silencio.
Una paz de plomo
que nos prende como un sueño.


Esa angustia indefinida
que recorre los espacios
coma las moscas
a la caída de la tarde.

Entonces vuelvo a buscarte,
naufraga en este mar,
para sobrevivir
en tus palabras salvavidas.

Myr dijo...

Hay palabras que nos salvan... que nos aman, que nos acarician:
son las palabras dichas desde el corazón.

Besos

paidovento dijo...

Pois claramente hai que saír ao exterior.
Por certo, a foto de cabeceira do blog é preciosa.

Antón de Muros dijo...

A soidade é o noso "vademecum" dende que estamos aquí.

Por certo, penso o mesmo q

Antón de Muros dijo...

Digo que penso o mesmo que paidovento da foto da cabeceira ;-)

Chuchos.

Antón.

Carmen dijo...

Hai palabras que foron feitas para botarlle un salvavidas ao corazón.
Unha colleita de bicos

fonsilleda dijo...

Melancólico poema o que nos deixas hoxe, cargado desa paz de chumbo, que o é ao seu pesar, angustia, así como desa procura, á que asirse, de "as súas palabras salvavidas".
Pareceume moi fermoso.
Bicos

Pedro Ojeda Escudero. dijo...

A veces toca vivir la soledad de forma intensa.

Cornelivs dijo...

Precioso texto, querida amiga.

Besos...!

Chousa da Alcandra dijo...

Se un galo canta...imposible sentir soedade. Ainda non sendo pita!!!!

Bicos dende a Chousa, que se aleda coa tua escrita

São dijo...

Que poema tão ressumante de tristeza...

As fotos estão lindas e adorei o cacho de uvas!
Uma semana alegre.

vintxuca dijo...

nunca tan ben dito estivo....hai palabras que nos salvan, a min en concreto da vida en si, da monotonía, dos medos, das tristezas e enfermidades, do frio, do vento, das mentiras, das liortas, das rifas, dos amores, de todo en xeral e de nada en concreto....chegan ademáis cando menos o esperas, cando afundes e pensas que xa non existe salvación...olho cas palabras.... moitas salvan...pero son só palabras.
Beixos e apertas desta malhumorada crónica para Cuspedepita e Antón que sempre animan cas súas verbas!!!!!

vermella dijo...

Eu sempre digo que a soedade por momentos non é tan mala cousa,mira ti por onde inspira poemas tan fermosos como intensos....
bicos.

Zeltia dijo...

joder, cuspe!
como me gustou isto!
podo recoñecerme, se non hoxe, sí onte, e antonte, e pasadomañá...

bueno tardas en escribir, pero despois cando o fas, paga a pena a espera

Anónimo dijo...

Buenos días, Cuspe de pita:

Qué bonito tu poema. Y qué bien escogido el título de la fotografía: la ventana coqueta.

Saludos. Gelu

P.D.: Las uvas están como para alargar la mano.

latorredelossueñosesmeralda dijo...

Preciosa a soidade detras das cortinas, entre visillos, no silencio dunha habitacion.
TErrible nas animas dos homes, cruel, inxusta e vengativa.
O poder da poesia, é a creatividade que fai e converte imaxes das palabras, o os silencios que provoca....
Me encanta a tùa, por certo ¡xa o sabes¡ .Ainda que as veces, pensop que ti mais eu deberiamos de tentar escribir con mais alegria, ..non sei. Mira Lorca; o sentimento traxico da vida, e nembargantes ten una poesia toda luz, todo un canto a vida.....

Barreira dijo...

Puebla é precioso. Un dos meus lugares favoritos.
Saudos

Nome Andrés dijo...

Hay salvaciones que sólo se encuentran en soledad y con las palabras que acompañan esa soledad. Ellas nos permiten de nuevo enfrentarnos al mundo. Un saludo

abueloscrisytoño dijo...

¡Fermoso!
Por certo teño gardado aquel pequeno poema que dedicaches a Marín gustaríame publicalo no meu blog ata engadir algo da miña parte, dásme permiso?
Un saudo. A.Cris

Marta M. Sandoval dijo...

Como dice nuestro común profesor, hay que emocionar al lector. Vaya, veo que eres una alumna aventajada.

No sólo con las palabras, sino con imágenes. Cuando abrí el blog y se me apareció esa increíble foto de las uvas, "sonó la vida".

¿Me la prestas para ponerla como fondo de pantalla y refrescar un poco el ambiente del curro?

Saludos
Marta

ruben dijo...

Mucho dolor hay en ese sobrevivir
cuando en la vida apenas desembarcamos.
Un beso

Victoria dijo...

Ainda que a soedade non é a mellor opción, as veces é moi necesaria para atoparse con un mesmo.
Precioso poema.
Bicos e apertas

montse dijo...

Muy bien reflejado este sentir de las cosas del interior y del exterior.
A veces es bueno salir al exterior y disfrutar de todo lo que te rodea, para que junto con las palabras salvavidas, ayuda a llenar el vacío y la soledad.
Me gusta mucho la imagen de las uvas.Me transmite muy buenas sensaciones.
Un abrazo para los dos.

Eni.g.ma dijo...

a soidade e a paz permítennos encontrarnos.

Raposo dijo...

Si, hai palabras que salvan.
Fermoso poema.

Suso Lista dijo...

Mentres teñamos alento, sempre hai oportunidade de todo, do bo e do malo. Bico

Cuspedepita dijo...

Myr: De esas hablo :-)

Paidovento: Encántame que sempre pos a nota de sentido común a todo :-))Por outra parte tes moita razón, hai que saír.

Antón: Quizá os humanos somos gregarios precisamente por iso.
A foto é das uvas da miña parra cando aínda estaban verdes.

Carmen: E ben deitamos delas...

Fonsilleda: Sí, angustia é unha boa definición :-)

Pedro: Y cuesta sobrevivir a esa intensidad.

Cornelius: Gracias por pasarte por aquí ! :-)

Chousa: Pero ás veces escoitase tan lonxe o galo, que deducimos que non é para nós para quen canta.

Säo: Alédame que che gustaran as uvas :-) En canto á tristeza...vai conosco.

Vintxuca: Mentres lía o teu comentario ía dicindo mentalmente: Si, si, si...:-))

Vermella: Non, ás veces eu preciso dela. Todo é cuestión de medida, por momentos, como ti dis, está ben.
Cando te abafa xa non.

Zeltia: Supoño que todos pasamos por días así. Gracias polos piropos (esas tamén son palabras salvavidas en moitas ocasións ;-))

Gelu: Muchas gracias a ti por la fidelidad con que lees :-))y por tus comentarios.

Ángel: Concordo totalmente contigo :-)¿Cando o imos intentar ? ;-)

Barreira: A min gústancheme todas as Pueblas ;-)) Ata vivo nunha ! :-))Pero recoñezo que a de Sanabria é un lugar fermoso onde os haxa, moi coidado e con historia...Vaia, que o ten todo !

Despois sigo...

Cuspedepita dijo...

Andrés: Si,y nos hacen sentir más fuertes.

Avoa Cris: Gracias outra vez pola entrada preciosa que subiche con el e coas túas fotos ! Eternamente agradecida:-)))

Marta: Ya te contesté en tu blog :-) Gracias por el comentario. Imagino que nuestro profe no sería tan benevolente. Seguro que, en el mejor de los casos, le encontraba unas cuantas cosillas que arreglar...

Rubén: Si, lo hay. Siempre aciertas :-))

Victoria: Si, é certo, pero eu diríache que hai grados nos que xa non é algo positivo.

Montse: Así es, yo diría que siempre es bueno salir, creo que precisamente porque lo sé escribí este poema, donde la vida está afuera ;-) Esa vida que tan bien retratas, por cierto.

E.nig.ma: Benvido/a a Cuspe! Gracias pola visita.

Raposo: Penso que ti sabes algo sobre o tema, para iso, ademáis de raposo, es un mago das palabras :-)

Suso: Certo. Eu agardo que moito máis do primeiro que do segundo para todos nos :-)Ben o merecemos ¿non? ;-)

Apertas para todos.