domingo, 29 de noviembre de 2009

Presumindo

Hoxe quero presumir.
Sendo galega teño moitas cousas polas que facelo, pero esta vez quero presumir do nivel que temos en Galicia nunha disciplina que me engaiola e que consigue facerme esquecer todas as penas: o baile de salón.



Estes rapaces que vedes nas fotos, e que suman mestría, beleza e simpatía, chámanse Manuel Trillo e Gabriela Paredes (arousán el, compostelá ela) e acaban de gañar a medalla de prata no Campeonato de España de Bailes de Salón en Roses (Girona).




Dáse a casualidade que Manuel é o noso profesor de baile. Para darnos clase vén cada noite de mércores desde a Illa de Arousa á Fonsagrada e volve para alá. Todo un sacrificio, e tamén unha aventura, coñecendo as nosas estradas, pero el di que "polo baile vou á fin do mundo se fai falta... "





Manuel é igual de excelente como profesor que como bailarín, así que, dentro de pouco, non haberá baile que se nos resista aos afeccionados fonsagradinos ;-)


Coa actitude optimista que teñen, coa súa profesionalidade, a capacidade de traballo e sacrificio, e sobre todo, a ilusión que lle poñen ao baile, estou segura que chegarán a ser os mellores do mundo.

Fotos cedidas por Manuel Trillo

Tradución en comentarios

19 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Hoy quiero presumir.
Siendo gallega tengo muchas cosas por las que hacerlo, pero esta vez quiero presumir del nivel que tenemos en Galicia en una disciplina que me encanta y que consigue hacerme olvidar todas las penas: El baile de salón.
Estos dos chicos que veis en las fotos, y que suman maestría, belleza y simpatía, se llaman Manuel Trillo y Gabriela Paredes (arousano él, compostelana ella) y acaban de ganar la medalla de plata en el Campeonato de España de Bailes de Salón en Roses (Girona).
Se da la casualidad de que Manuel es nuestro profesor de baile. Para darnos clase viene cada noche de miércoles desde la Isla de Arousa a Fonsagrada y vuelve para allá. Todo un sacrificio, y también una aventura, conociendo nuestras carreteras, pero el dice que "por el baile voy al fin del mundo si hace falta..."
Manuel es igual de excelente como profesor que como bailarín, así que, dentro de poco, no habrá baile que se nos resista a los aficionados fonsagradinos ;-)
Con la actitud optimista que tienen, con su profesionalidad, su capacidad de trabajo y sacrificio, y sobre todo, la ilusión que le ponen al baile, estoy segura que llegarán a ser los mejores del mundo.

Myr dijo...

La verdad, es que no he necesitado la traducción para entender esta entrada. Bravo por el Profe (y pareja) y por su medalla de Plata.

¡Muchas felicitaciones!

Besos
Pd ¡Ya me estan dando ganas de ir a Galicia por unas clases!
o me lo mandas aqui , ya que está dispuesto a ir al fin del mundo...

Antón de Muros dijo...

Parabéns para Manuel e Gabriela!

Tedes todo na Fonsagrada ;-)

Chuchos.

Antón.

Pedro Ojeda Escudero. dijo...

¡Y bien que merece la pena presumir así!

HADEX dijo...

Noraboa para eles!!! Eu admiro á xente que é capaz de bailar así....eu que son un pato mareado....Eu tamén teño un alumno que lle da ao baile de salón!!!

E ti?? bailas moito???

Marta M. Sandoval dijo...

Al igual que Myr, tampoco he necesitado la traducción. Creo que con tu blog voy a aprender galego, ¡qué bien¡
Así que, además de "cuentista" y poeta, también danzarina¡¡ Olé ahí, qué arte¡
Besos desde Coslada

Carlos Sousa dijo...

A noraboa para eles por esa medalla, pero sobre todo por dedicarse a algo que lle gusta con tanto afán.

Agora, con ese profesor, non poderedes dicir que non se vos da ben o baile. Nunha destas queremos un vídeo cos resultados...

Eu bailábache moi ben, pero non na pista, senón na barra movendo un pe...

Apertas

Aniña dijo...

pos claro que si!!
felicidades para ellos y para ti que tienes a un artista muy cerca de ti...
besitos

Victoria dijo...

A miña máis sinceira noraboa para os dous.
Quen te verá bailar Cuspedepita, con tan bon mestre!!!
Miles de bicos

fonsilleda dijo...

Parabens para eles e a min pásame o mesmo, síntome chea de razóns. Como si fose eu a premiada.
Bicos.

Chousa da Alcandra dijo...

Mimadriña!; ese home cada vez que vai á Fonsagrada dende A Illa debxa a banda azul da nosa bandeira cada mércores!!!.
Cando lle deas os meus parabéns polo éxito no baile, dallo tamén pola adicación tan patente que profesa por ese arte.

E vos como non aprendades a bailar como anxiños-as despois de ter ese luxo de mestre, merecedes que vos poñan contra a parede con orellas de burro-a que cheguen ata o teito.

Bicos bailaríns

montse dijo...

Enhorabuena a Manuel y Gabriela por esta medalla de plata!!... Y a ti por tener la suerte de tener un profesor de baile de tanto nivel.
Ya me imagino como te lo has de pasar de bien disfrutando de los pasos de baiule de una persona tan entregada.
Un abrazo.

Carmen dijo...

Felicitacións á parella gañadora e a a vostedes que tendes un profesor con tanta valía.
¡A bailar, entón! que é o mellor exercicio que hai.
Bicos

vermella dijo...

presume que non é para menos,noraboa aos gañadores e a bailarrrr!
bicos

Zeltia dijo...

iso é pasión polo baile! -a túa-
:-)
verei unha demostración do aprendido algun día?
e alégrame do éxito do teu amigo, o profesor de baile.

abueloscrisytoño dijo...

Que sorte ter un profesor desa categoría, ¡Aproveita a ocasión!
Bicos. A.Cris

paideleo dijo...

Pois ten o seu mérito iso de bailar: dicho un que ten dúas pernas esquerdas.
Un aplauso para ese Manuel que sabe bailar e ten que ser unha persoa marabillosa.

São dijo...

Parabéns!

Também me agrada muito bailar.

Uma semana bem feliz para vós.

irene dijo...

Los años en los que fui a clases de bailes de salón son, casi, los mejores de mi vida, no sé por qué lo dejamos, íbamos un grupo y empezaron a fallar uno por uno hasta que dejamos todos de ir. Me encanta ver bailar a esas parejas que lo hacen tan bien, es una delicia. Al leer estas cosas me entran ganas de retomar las clases.