miércoles, 25 de noviembre de 2009

Xeometría

Foto: Pontes de Fazouro - Cuspe


Somos dous silenzos que camiñan
un á beira do outro,
sen mirarse,
dúas liñas superpostas
que, na volta do tempo,
se escindiron.
Paralelas
sen ningunha intención
de volver a ser, sequera,
nin tanxentes,
nin secantes.
Tradución en comentarios

17 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Somos dos silencios que caminan
uno al lado del otro,
sin mirarse.
Dos líneas superpuestas
que, en el pasar del tiempo,
se escindieron.
Paralelas
sin ninguna intención
de volver a ser siquiera
ni tangentes
ni secantes.

nachocarreras dijo...

Toda la vida juntos, toda la vida separados.
Saludos.

marisa dijo...

Este realmente é un asunto de
xeometría.

Bicos.

Chousa da Alcandra dijo...

Mira ti por onde os paralelismos ás veces non sirven máis que para distanciar ou, polo menos, impedir a cercanía. Imaxina que esas pontes quixeran abrazarse. Que tortura!. Estar tan perto e non poder...

Bicos tanxenciais dende o paralelo da N640

abueloscrisytoño dijo...

Grazas a ti amiga, é unha honra para min poder publicar un poema teu. Nós querémosche, Marín quéreche ¡Grazas!
A.Cris

Zeltia dijo...

un poema precioso, sinxelo, moi expresivo e visual.
é o estar así, coma espido de emocións, aumenta o significado desa realidade triste.

Antón de Muros dijo...

O tempo fai que todo sexa posible, ou case todo...

Parabéns pola túa inspiración :-)

Chuchos euclideanos ;-)

Antón.

Carlos Sousa dijo...

O peor é cando non hai ningunha intención de volver a ser, mal asunto.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Y cómo duele mirar esa línea paralela a la de uno.

vermella dijo...

como me gusta esta combinación da xeometría ca poesía e eso que son de letras,fermoso e moi plástico....
bicos.

fonsilleda dijo...

Estupenda fotografía e ben curiosa.
Precioso e "profundo" poema feito ao amparo da mesma.
Bicos.

Anónimo dijo...

Buenos días, Cuspedepita:

Estupendo poema.
Respecto a la fotografía, pienso que peor sería querer verse y no tener posibilidad de hacerlo.
Si no se miran es porque no quieren. Ahí están y tienen la opción de poder elegir.
Aunque, sí te fijas bien, las sombras sí contactan en la ladera soleada.

Saludos. Gelu

latorredelossueñosesmeralda dijo...

Impresionante....
Creo que é a millor reflexion, o mais fermoso poema que lein en moito tempo....
O gardo no meu cofre dos recordos mais intimos .
Grazas polo agasallo.

poemas de ruben dijo...

Malos tiempos para el amor Cuspe? Tantos silencios paralelos sintomar las manos del otro hace daño.
Algo pasa por ahí cuando los versos
tan verdaderos rezuman tristeza.
Un beso sin geometría

Barreira dijo...

Moi chula a foto. Pero que carallo fan unha ponte á beira da outra??.
Saudos.

CriS dijo...

Uffff, me ha encantado... el texto sobre todo, muy... muy... ay... ni me sale palabra... je je, pero sí, me llega... la foto muy bien para el texto, eh!
(tengo que escribirte, me salió el trabajo!!! un beso y suerte en todo a ti y los tuyos)

Cuspedepita dijo...

Nacho: Pues si, y yo creo que es algo que le sucede a bastante gente.

Xanela: Benvida! Moitas grazas pola visita.

Chousa: Podo imaxinalo, si. Seguro que hai paralelas por ahí querendo deixar de selo e sen poder, pode que pola distancia, pode que por algún muro que as separe...¡Quen sabe! Pero esa non era esta historia, senón outra.

Avoa Cris: É recíproco, ben o sabes :-))

Zeltia: É así, simplemente a constatación dun fracaso a dúo.

Antón: Si, o factor tempo ten moito que ver nesta ecuación, profe ;-)

Carlos: Xusto. Ese é o quid da cuestión :-)

Pedro: Imagino que duele en la medida en que uno se haya implicado.

Vermella: Cóntoche un segredo: Non me acaban de gustar nunca de todo as cousas que escribo :-) Son moi crítica comigo mesma.

Fonsilleda: Tes toda a razón. O poema foi escrito ao amparo desa fotografía.

Gelu: Tienes muchísima razón en lo que dices y además eres muy observadora: no me había fijado en las sombras...¿Será que donde hubo llama siempre quedan brasas entre las cenizas?

Ángel: Alédame que che gustara. Moitas gracias polas túas palabras, pero dígoche o mesmo que a Vermella.

Rubén: No, que va ! Por suerte no es el caso.
Sufro de "empatía congénita aguda" ;-) así que, aunque escriba en primera persona, no todo lo que escribo habla de mi vida.
La tristeza sí, esa es mía 100%, pero su origen tiene que ver con otro tipo de amor.

Barreira: Pois aínda hai unha terceira ponte a menos de 200 m.! :-) Estas son a da estrada vella e a da nova. A terceira é peatonal.

Cris: Parabéns! :-)

Para todos moitas gracias por pasar e deixar os vosos comentarios.
Bicos para todos.