sábado, 17 de enero de 2009

Alba

Alba só cometeu o delito da súa inocencia dos cinco anos e da súa fraxilidade.
E Alba está condenada a cadea perpetua.
Os seus agresores, aquel que lle deu gratuitamente os golpes ata levala ás beiras mesmas da morte, e aquela que permitía que a torturasen diante dela e que a deixou (sangue do seu sangue) nas mans do monstro a sabendas de que iso podía pasar, porque xa non era a primeira vez, só estarán privados da súa liberdade 22 e 20 anos, e despois (ou incluso antes) poderán volver a ser libres, andar e falar...
Daquela, Alba, xa terá 27 anos, pero seguirá sen poder facer ningunha desas cousas e dependerá doutras persoas para sobrevivir.
E que dicir daqueles outros (da administración catalana) aos que lles constaba que se estaba producindo esa situación de desamparo e malos tratos e non fixeron nada para protexer a Alba?


¿Cal sería a medida da verdadeira xustiza? Eu non o sei...

(Traducción en comentarios)

viernes, 9 de enero de 2009

Proposicións

Hoxe teño dúas proposicións para todos os que nos visitades, que agardo que vos parezan ben e que vos atrevades a aceptar ;-)


A primeira é que vos sumedes ao Manifesto pola Solidariedade que, a proposta do amigo Cornelius, se está fraguando entre a familia blogueira e que pretendemos que saia á luz en todos os blogs que queiran adherirse o vindeiro 30 de xaneiro, Día da Paz. Agardo a vosa colaboración. Paga a pena.
Polo momento leredes no blog de Cornelius o borrador provisional e a forma en que se vai facer. Agardo a vosa participación :-)

A segunda é que dediquedes un minutiño de tempo a asinar a campaña “Pola accesibilidade da muralla romana de Lugo” que pretende convertir a nosa muralla na primeira europea accesible en todo o seu perímetro para as persoas con mobilidade reducida, e que é unha iniciativa de Auxilia Lugo propiciada polo Servizo de Participación e Integración Universitaria do campus de Lugo.
Aceptades ? :-))

domingo, 4 de enero de 2009

Inverno en Ancares





Lobos de neve
No Mustallar
Lagoas brancas na memoria

Lonxe do mar
Gaivotas brancas

Auga e pedra, néboa e noite.

A morriña entre as uces…


Cuspe
Donís (Ancares) Inverno 1996-97