viernes, 9 de enero de 2009

Proposicións

Hoxe teño dúas proposicións para todos os que nos visitades, que agardo que vos parezan ben e que vos atrevades a aceptar ;-)


A primeira é que vos sumedes ao Manifesto pola Solidariedade que, a proposta do amigo Cornelius, se está fraguando entre a familia blogueira e que pretendemos que saia á luz en todos os blogs que queiran adherirse o vindeiro 30 de xaneiro, Día da Paz. Agardo a vosa colaboración. Paga a pena.
Polo momento leredes no blog de Cornelius o borrador provisional e a forma en que se vai facer. Agardo a vosa participación :-)

A segunda é que dediquedes un minutiño de tempo a asinar a campaña “Pola accesibilidade da muralla romana de Lugo” que pretende convertir a nosa muralla na primeira europea accesible en todo o seu perímetro para as persoas con mobilidade reducida, e que é unha iniciativa de Auxilia Lugo propiciada polo Servizo de Participación e Integración Universitaria do campus de Lugo.
Aceptades ? :-))

16 comentarios:

Barreira dijo...

Importantisima a iniciativa de facer accesible a muralla. É de xustiza recoñecer un lugar moi destacado aos nosos discapacitados polo seu tesón.
E en relación co manifesto, visto que vos vades encargar da sua traducción ao galego, contade comigo para o que se necesite.
Saudos.

Nacho Carreras dijo...

Interesantes iniciativas.
Saludos.

abueloscrisytoño dijo...

Duas cousas moi interesantes.
Contade con nós para o que necesitedes. Un Abrazo.

Cornelivs dijo...

¡¡¡UN ABRAZO!!!

Suso Lista dijo...

Cousas ambalas dúas moi cabales. Apertas

aopedofarelo dijo...

Grazas por avisarnos, a min parecenme unhas iniciativas ambalasduas fantasticas...

Victoria dijo...

As duas propostas soy moi interesantes e contarán co meu apoio.
Biquiños

Raposo dijo...

Parécenme dúas boas iniciativas. Estarei atento a primeira e xa asinei pola segunda.
Apertas.

~PakKaramu~ dijo...

Visiting you

Anónimo dijo...

Ambas propuestas te honran Cuspe, echaré un vistazo.
Saludos!

Gcc.

vermella dijo...

Propstas aceptadas,pola accesibilidade xa asignei e para o día da paz a mandar...
bicos.

Cuspedepita dijo...

O día 29 de Xaneiro á noite publicarei unha entrada coa versión definitiva do Manifesto en galego e castelán para que os que queirades poidades copiala e subila tamén aos vosos blogs e que todas estean o día 30.

Moitas grazas a todos os que asinastes ou ides asinar pola accesibilidade da muralla e/ou pensades apoiar o Manifesto.

Apertas para todos.

Chousa da Alcandra dijo...

Eu tamén estou eh

Cris dijo...

Gracias por la información y la colaboración, estaré al tanto.
Un abrazo!!

Antón de Muros dijo...

As dúas cousas son moi boas.

Unha aperta.

Antón.

Zeltia dijo...

bueno, parece que ainda me enterei a tempo de publicar o 30 o manifiesto. e quixen firmar o da muralla e saeme todo o tempo error 404, parece de coña, como el chiste aquél. bueno, espero que me encuentre la página en otro momento, que me sumaré encantada