lunes, 7 de abril de 2008

Apagóns

Volve a calma despois das celebracións do "apagón analóxico" na Fonsagrada e a conseguinte invasión de medios na vila e aldeas máis achegadas a ela.
A TDT supón unha revolución no eido televisivo, moito máis nun concello onde , como moito, se podían ver dúas ou tres canles cun mínimo de calidade, ou , en algún caso ningunha que non fora de pago e vía antena parabólica.

Pero...¿quen vai ver a TDT neste concello dentro de 10 anos?

Un concello de menos de 5000 hab. , no que morren cada ano 300 viciños e nacen só 2, onde se está producindo o desmantelamento da actividade agraria sen sustituíla por ningunha outra, onde ningún rapaz pode soñar cun posto de traballo que non sexan as brigadas que contrata o propio concello por uns meses, ¿que futuro ten en canto morran esa chea de velliños que sairon nas televisóns estes días alédandose coas novas canles porque é o único que teñen para pasar o tempo ?

Tápannos os ollos con "y "que nos unen co interior de Asturias, onde, polo menos, souberon aproveitar o tirón do turismo, e con decodificadores que nos fagan esquecer aquelas promesas de revitalizar o rural que nos fixeron fai catro anos e das que non volvemos a saber nunca máis...

12 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Puf, cantas verdades se poden dicir en 4 párrafos!!!.
Sabes que, estes días que saíades tanto nos medios, pensei precisamente niso?. Estarías transmitindo vía TDT?

Chuchos sin codificar

Non te animas para a Xuntanza de Blogueir@s?

Anónimo dijo...

eses non son decodificadores, son verdadeiros aparatos de anestesia. adormecedores para desconectar da verdadeira realidade que sucede no interior galego.

Anónimo dijo...

A verdade e que Fonsagrada e TDT sonan como palabras antónimas.
Visitar A Fonsagrada é un desexo que agardo cumplir axiña. Bicos.

d´Agolada dijo...

Qué razón tes, o que está a pasar no rural é unha auténtica desgraza, pasa na Fonsagrada e en Agolada e en moitos sitios. Polo menos que disfruten da televisión que é o único que lles queda. saudos.

Raposo dijo...

Tes razón, a cuestión non é si TV analóxica ou TV dixital. O verdadeiro problema do rural galego é outro, moito mais profundo e moito mais díficil de solucionar. E eso parece que os políticos non lles importa.

asbeirasdoarnego dijo...

a verdade e que o da TDT pareceme unha tontería, coincido con raposo o problema do rural e moito máis grave cunha simple tele

Paz Zeltia dijo...

Ia lendo e íaseme esvarecendo o ánimo.
Penso pouco nese asunto, xa que vivo no medio urbano, cos incovenientes pero tamén coas comodidades: o traballo, os super, as actividades culturais, o ocio...
pero coma dentro de min vive unhan meniña do agro, da eira, de labradío e de monte, entristeceme moito ver que cada vez menos se pode buscar a vida vivindo no rural. ¿como pode ser iso?, e casi un contrasentido... que no único sitio onde se da a vida, non se poida vivir...

Chousa da Alcandra dijo...

Zeltia: eres unha filósofa!!!
Quen resposta á tua pregunta?

Anónimo dijo...

Qué manera más sencilla tienes de abrir los ojos a las realidades de esa tierra difícil y querida. Desde las ciudades se ven las cosas de otra manera, egoístamente distintas.
Un beso

Anónimo dijo...

Tómolle a palabra. Avisareina se vou pola Fonsagrada. Un biquiño.

asbeirasdoarnego dijo...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Para máis información podes entrar en www.blog-xuntanza.blogspot.com ou tamén podes ler a última entrada que publiquei no meu blog alí enteraraste de todo. Saúdos dende Agolada.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

Cuspedepita dijo...

Chousa e Asbeirasdoarnego, vou ver como me vai a data do 31 de maio para a xuntanza e se non hai cousa que o impida igual imos a miña filla e máis eu. Ela tamén é blogueira ;-)

Manel, Raposo, non sei se é que non ten remedio, ou é a incompetencia de quen nos goberna, pero o caso é que pasan os anos e os políticos e non hai quen deteña o proceso.

Iria, graciñas pola visita e xa sabes, avisa se vés :-)

D'agolada, tes razón, é o único que lles queda, porque non se coida aos novos , e emigran, pero os vellos tamén están abondo desatendidos.

Zeltia, pois así é, por desgracia.

Anónimo, un bico tamén para ti .-)

E saúdos e gracias a todos :-)