Para celebrar este fermoso día quero traer a este blog estas palabras que chegan desde Bos Aires, coas que quero lembrar a todos aqueles galegos da diáspora que traballan para manter aceso o lume da cultura galega alí onde se atopan.
Conxuro
Crecín e aprendín a descodificar o mundo en clave galega.
Coexistiron na miña mente dúas paisaxes: a cidade na que moraba e maila aldea, feita carne na presencia inefable do meu avó.
Bos Aires na chaira, San Xián no val.
Foi natural para min escoitar dos beizos do meu avó expresións propias do lugar da súa nenez: " ferve o pote", "mata o candil"...
Non necesitei ver a figueira na que aganchaban os rapaces de alá, nin ver os porcos e demais animais. Tampouco as hortas, lugar das patacas e o millo.
Cada palabra galega foi un concepto, a garantía da existencia doutro universo alén do mar.
Agora é a miña ocasión: son un elo máis na cadea.
Rexistra-la historia dos meus é unha doce obriga.
Face-lo na nosa língua, un verdadeiro honor.
Ben sei que a memoria é o conxuro da morte.
" Son galego" Antonio J. F. Rey
11 comentarios:
Bonitas palabras, representan perfectamente a esencia da lingua galega, encántanme. bicos
Magnífico xeito de celebrar o día das letras. Un bico para ti e unha aperta para o autor dese conxuro tan vivo.
Fermosas verbas. Conxurémonos todos contra a morte do noso idioma que queren algúns.
Xente así merece o noso aprezo e respeito.
Mira que cosa tú, así que me pilló desprevenida, y me emocionaron muchísimo esas palabras: cómo los mayores que conforman el universo de nuestra infancia, van construyendo el mundo para nosotros. Y este niño, y ése abuelo, hicieron realidad una Galicia añorada, que pervivió en el corazón hasta sentir propio un idioma, una lengua... siempre me asombran estas cosas!
y mira yo, ni fui a la manifestación ni nada el dia das letras galegas. es más sempre falo en castelán, ou caseque sempre.
Os meus maestros fixeron un bo traballo!
Moitos bicos pra ti.
Vaia... por fin un poema con Rock! Xa estaba pensando que a poesía tiña que ser empalagosa para ser considerada como tal. Ghustoume. Bravo!
Unha moi feliz descuberto o teu blog.
Permiteme que colla esta fermosura de poema para deleite de todos nos, vou publicalo no meu blog de poetas...Se non tes inconveniente.
Un bico grande
Por certo esquiciame, antes. Xa chegou o ingreso para o xantar de blogueiros (3). Contamos contigo.
Por suposto que non teño inconveniente en que publiques este poema no teu blog. Estou segura de que Antón(que por certo é colaborador de Cuspe desde que se creou) estará moi ledo coa túa elección :-))
Vémonos na xuntanza dentro de 8 días :-)
Unha aperta.
Creo que estas palabras representan o que todos os galegos queremos dicir. Un Saúdo Cuspe.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
Publicar un comentario