martes, 1 de julio de 2008

Inspiración

Encántame isto de ser "inspiración para os poetas " ;-)):


L&M
agasállanme no seu blog cunha entrada na que podo aprender a mellor maneira de cociñar o raposo ;-)(xa era hora que o conto da pita e o raposo fose algunha vez do outro xeito):

e Esquina Sur explica maxistralmente o misterioso motivo polo que viaxarei a Arxentina a finais de mes ;-))

19 comentarios:

d´Agolada dijo...

Arrasas nesto da blogosfera, xa ata se inspiran en ti para escribir os poemas. Saúdos

Cuspedepita dijo...

Jajaja, só é unha broma, David :-) Do que se trata é de que vaiades ler os seus blogs.
Postos a arrasar, lévasme moita avantaxe ;-)

Un biquiño

Zeltia dijo...

boh, a min deume pena do raposo... alí agochado na cova. Verás tí cando se entere do estofado...

¿E para cando é o da patagonia? me parece que xa o dixeras, pero esquecino.

Zeltia dijo...

A finais de mes. Xa mo decía a maestra, que me tiña que ente0rar ben do que lía.

:-(

Chousa da Alcandra dijo...

Hai que fiJarse, Zeltia!!

[Fun ver os post que che adicaron e deixei zapicada neles. Agora ardo de ciumes por percatarme de que nunca fun -con coñecemento de causa- inspiración poética]

--> A miña consideración para Antón Rey polas magníficas fotos que ti amosas no blogue.

Bicos "for" ti

Cuspedepita dijo...

Si que fuche inspiración dalgunha entrada, si, mira a do 28 de Febreiro ;-) Sinto que non sexa gran cousa, pero ás veces poucas palabras fan falla para expresar o que sente o noso corazón :-)
E eu sei doutras (non miñas) tamén dedicadas a ti e moito mais interesantes ;-);-) Desmemoriado !!

Si, por certo, Antonio non só é un poeta senón tamén un magnífico fotógrafo, todas as flores que foron aparecendo na cabeceira de Cuspe retratounas el, alá polas terras do Príncipe Patagónicus, como diría Sir Daniel, con moita maestría.

Cuspedepita dijo...

Zeltia, o raposo a min non che me da pena ningunha, que a el ofrecéronchelle estofado de galiña uns días antes e aínda terá a barriga chea ;-)
E si, as mestras sempre teñen razón ;-)

paideleo dijo...

Non estaría nada mal unha viaxiña a terras austrais.

O Raposo dijo...

Non estou nada dacordo con estes arrebatos culinarios e vouno poñer en coñecemento de Sociedade Protectora de Animais. ¡¡Cago en ros!!!

Mariola dijo...

Deus!!! A PATAGONIA!!! Cando poida ter un traballo e os aforros suficientes para manterme un par de meses fóra, irei á Patagonia. Adoro esa parte inhóspita e tan hopitalaria do cono Sur.

Só me falta encher a mochila.
A ilusión xa a teño lista e rebulideira.

aopedofarelo dijo...

Estou dacordo con Chousa, as fotos son maravillosas.
Por certo que tamen esqueceu, que eu mesmo no meu blog, fixen unha homenaxe del, cando o descubrin, porque deixoume abraido cun texto fermosisimo dun dos seus post.
Asi que non se queixe tanto....,
Espero e desexo ca vosa viaxe sexa toda unha aventura, seguro que asi serà, e traiais moitas cousas que contarnos despois....Supoño que ides todos os catro, asi que boa viaxe.
Bicos

mamiago dijo...

graciñas polos teus comentarios.
Anímaste a facer o noso meme?
http://hablapormidiceiago.blogspot.com/2008/06/o-noso-meme.html

Suso Lista dijo...

Estiven en El Calafate, Perito Moreno, e disfrutei como un enano. Preciosa terra. Bicos

L&M dijo...

oi...pois é mesmo um prazer fazer de comer para gente tam agradecida e linda. aliás, impresionou-me o que contas dos cans...
em neuquén mora uma das razons pela que lhe pussemos a mati o seu nome. leva contigo todos os nossos melhores desejos para que a viagem seja mesmo muito especial. beijinhossss

M&L dijo...

é un pracer facerlle sitio a vostede no noso pequeno bló.

e xa contarás do teu viaxe á patagonia! eu estiven na península valdés hai uns anos e foi unha experiencia inesquecíbel.

agora teño que voltar cos peques e mais con l&m. só imaxinar os ananos navegando a carón dunha balea ou andando canda os pingüíns é demais.

vakastolas dijo...

Ó final o importante é que falen dun e neste caso se é para ben aínda mellor, non si?

Frida dijo...

¡Mira de onde viña Cuspedepita! Sempre é alentador ser a inspiración dalgo ou ... dalguén.

Pedro Ojeda Escudero. dijo...

¡Eso está muy bien!

Cuspedepita dijo...

Paideleo: Levo polo menos 6 anos desexando facer esta viaxe :-)

Raposo: Fumemos a pipa da paz :-))¿Paréceche?

Mariola: Pois xa sabes, Mariola, Empeza a aforrar xa, que leva tempo !.
Non sei se me chegará o tempo para ir ata a Patagonia, porque nesta primeira viaxe as paisaxes que máis desexo coñecer son as caras dos meus familiares e dos amigos que nunca vin, os lugares nos que eles viven e que só coñezo a través das súas cartas, camiñar sobre as súas pegadas, vivir o que xa vivín coa imaxinación...

Ángel: xa contarei, xa :-) Imos só tres, os que ti coñeces, o meu fillo non quixo apuntarse porque ten as outras prioridades e ademais non pode faltar tantos días ao que está facendo agora.

Mamiago: intentarei o do meme. Non prometo que sexa axiña, pero intentareino.

Suso: teño visto fotos e vídeos sobre El Calafate e o perito Moreno e paréceme alucinante. Hoxe mesmo recibín novas de que o glaciar segue rompendo :-(

L&M: imaxinaba que algo tiña que ver Mati coa Arxentina :-) Eu coñecerei alá un Matías que levo seis anos agardando coñecer ;-)

M&L: Creo que xa se están avistando as baleas pola zona. A ver se nos da o tempo para chegar tan ao Sur.

Vakastolas: Sempre é agradable que os amigos se acorden dun, ¿verdade?

Frida: jajaja O meu "título nobiliario" medrou con Cuspedepita, (antes era só duquesa de Burón ;-)) algo máis que lle debo á miña bitácora...

Pedro: Gracias pola visita e que pases unhas boas vacacións.