Por fin achégase paseniño o calor e o verán.
A caricia do sol tráeme lembranzas de outros veráns...e de xente que xa non está connosco máis que nas imaxes que nos veñen á cachola e nos agarimos que gardamos aquí, dentro do peito.
A última vez que a vin díxome: "Xa non nos volveremos a ver"
Eu sabía que seguramente sería así (ela ela sabia, sempre tiña razón) pero respondinlle: "¡Que di, ho, se vostede está feita unha moza !"
ANCARES -VERÁN
O sol dorme a sesta
na casa de Naipes.
A tía María,
vestida de mouro,
sentada no escano
a carón da ventá
Paseos na tarde
soleada e quente...
De Donís a Xantes
polo rego dos Bous
na compaña da auga
e da señardade
Verán nos Ancares...
A espera doce
dunha nova vida
que dorme agochada
no meu interior
10 comentarios:
A luminosidade destes días aportan unha enerxía adicional que eu persoalmente asimilo como ledicia (ainda que haxa que estar "encerrado" máis tempo do que desexaría).
[Para algúns privilexiados chegan unhas longas vacacións. Outros consolarémonos durante un par de semaniñas e despois...a seguir envexándovos!!!]
Chuchos
e as novas vidas das flores, as abelhas, os parques,..todo comeza a florir
O tempo pasa e as persoas se van. O poema, fermoso.
Moi ben o pasamos na xuntanza. Noraboa polo blog.
Se fora un Anxo, non necesitaria deitarme pola noite,
levar á miña boca o pan de cada xornada,
bebe-la auga fresca no estio,
chorar ante a perda e a inxustiza....
Lendo o teu poema, recordei este outro.......
Por certo Marisa, faloume Carmen, a miña muller dun libro que che pode interesar:
El curios incidente del perro a medianoche....de Mark Haddon.
Falan del nunha revista mèdica, voulo escanear émondeche polo correo a reseña para que a vexas...
Bicos, moitos fervorentos....
Ángeeeel!! :-)))
Fai dous anos, creo, en Fillos de Galicia(www.fillos.org) fixemos un programa de radio polo día das Letras Galegas que se chamaba "Cen acentos, cen cores" e eu recitei precisamente este poema de Antonio "Se fora un anxo", que me gusta moito, moito, moito :-)
Dalle as grazas a Carmen pola indicación :-))
Teño o libro de Mark Haddon, precisamente mandoumo o meu irmán ;-)
E por certo recoméndocho porque é de lectura fácil, en realidade ten formato de novela, pero recolle ben as dificultades que ten un rapaz con Transtorno de Asperger na vida diaria, salvando, claro está, que cada rapaz é diferente.
É como vivir dentro da cachola do protagonista, un punto de vista moi interesante e moi clarificador.
Poderás atopalo en Santiago, ata incluso traducido ao galego na edición da editorial Rinoceronte.
Os ancares son unha zona preciosa. Bicos
Un hermoso poema.
Teño unha proposta para os participantes na Xuntanza, pásate cando queiras polo meu blogue e dime que opinas. Por certo, en breve esa mesma proposta estará tamén en blog-xuntanza.
A mencionada proposta atópase dentro da entrada: Elos, todo un blogue.
Ogallá che guste.
Un saúdo.
Muy naturalista el poema, de los que llegan al alma a través de la sensualidad de la naturaleza, que emocionan con las pequeñas-grandes cosas cotidianas, llevan a la patria nunca olvidada de la infancia.
También a mí me gustó el curioso incidente... por las razones que cuentas.
Pero los versos de los que hablais no los conocía.
Gracias.
Publicar un comentario