martes, 2 de septiembre de 2008

Agardando a noite



Eu non son como as curuxas e os farois que agardan as sombras da noite para comezar coas súas actividades.


O meu reloxo biolóxico está deseñado para o día. Érgome cedo e comezo a xornada con azos, mais cando medran as tebras e o sol baixa polo horizonte, ao revés do Conde hematófago, comeza a miña debilidade, síntome feble e a miña humanidade busca a posición horizontal.


Non sei cal será o teu xeito....

17 comentarios:

quenindiola dijo...

Pois mira, eu sonche todo o contrario. O caso é que sempre me preguntei por que carallo temos ese biorritmos tan diferentes uns humanos de outros.

Eu, cando soa o espertador, sinto como se me arrincasen pola forza doutro mundo. Os músculos non me fan caso e na cabeza só teño unha idea: Seguir durmindo. E érgome sobre ás 9!

En cambio, a medida que avanza a tarde vou espabilando e, a iso das 21 ou 22 é o meu mellor momento. Cústame irme a cama porque estou moi espabilado e non me podo deitar ata ás 1:30 ou 2:00

E así foi dende sempre.

Mira ti...

Por certo, en breve irei a Arxentina por choio.

Cuspedepita dijo...

Antón, alédame deixarche o segundo comentario á primeira entrada que publicas pola túa man e que fai que, por fin, este blog sexa plenamente dos dous, como queríamos :-))
Benvido, meu irmán !!:-))

Eu teño enerxía pola mañá, anque tamén me custa un mundo ergueme. Despois de mediodía funciono a medio gas e recupérome en canto se pon o sol. Pero tampouco me dura... Máis alá da unha da mañá só quero durmir, durmir e durmir.

Unha aperta

Anónimo dijo...

O meu día perfecto empeza ás once da mañá e remata ás tres da mañá. Liberdade de horario xa!!

Encántanme as crónicas arxentinas (a quen non?). Biquiños.

Mararía dijo...

Encántame a foto!!!!

BK dijo...

Eu son animal diurno tamén. Gustame aproveitar ben o día e durmir moitas horas pola noite....

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Mi ritmo biiológico ha ido cambiando: yo era de anochecer ahora de amanecer. Lo malo es que aun no me he encontrado en el punto medio.

paideleo dijo...

Eu son de pouco durmir: cinco ou seis horas chéganme anque hai veces que fago maratóns de nove horas. Será polo traballo por turnos, non sei.
A foto é espectacular. Supoño que será da túa autoría.

Paz Zeltia dijo...

que boa a foto!

:)

felicitarte logo, antón, polo teu primeiro post neste blog!, espero seguirte vendo por aquí.

eu érgome mais cansa do que me deitei, e do mediodiá para arriba vou tomando forma. Ainda así a miña enerxia non dura moito, é coma a dunha muxica, rápìda e intensa, pero que morre pronto.

:)

Anónimo dijo...

Pensei si estabas enfadada conmigo,
Pensei que xa me esqueceras
Pensei si che ofendera sin decatarme.
Pensei si o silencio era da miña sordera.
Pensei que todo xa rematara, que fora un soño unha fantasia.
Senti un gran vacio e unha friaxe negra na alma
Sei que segues ahi agardando, eu espero as tuas palabras...
Contame sobre o universo que medra, sobre as gotas de xeo no inverno, sobre os cantos dos paxaros nas arbores.
Dime como quedan as tuas pegadas sobre a terra mollada entre as sombras da noite.
O sabor amargo das tuas bagoas insonmes
Contame as tuas lembranzas e fantasias para o maña, si e que existe.
MARISA....

Cuspedepita dijo...

Ángel, creo que ti agardabas e eu agardaba. Mandeiche unha segunda mensaxe daquela desde este correo de cuspedepita, pero penso que non a recibiche(mira se está na carpeta de spam). Así que eu estaba agardando a que tiveras gañas de contestar, e ti... o mesmo ;-)
Ahhh, e se tivera algo polo que enfadarme ¡xa estarias enterado!;-)Ten por seguro que te chamaría para poñerche as peras a cuarto. Ése é o meu estilo. Desaparecer non. Sempre estou e estarei para os amigos. Polos anos dos anos... :-))Como diría o meu irmán ;-) o meu é a CONSTANCIA.

Unha aperta grande.

Chousa da Alcandra dijo...

Seméllome a vakastolas. Gústame madrugar pouco e non teño presa para deitarme. Claro que iso é so un desexo. A realidade faime brincar da cama a golpe de despertador ás sete da mañán!!! No verán ainda cos demos; pero no inverno...ten que ser delicto.

Alédame tamén lerte por aquí, Antón.

Raposo dijo...

Non gusto da madruga salvo para casos especiais: ir de pesca ou de sendeirismo.
E tampouco teño presa por deitarme; normalmente nunca durmo antes das 2 ou das tres.
Unha aperta e moi boa a foto.

Anónimo dijo...

ANTON!!!!

MUY BONITA FOTO!!!
MI DIA IDEAL ES AQUEL EN EL CUAL ME LEVANTO CON MUCHAS GANAS DE HACER MUCHAS COSAS,PERO MAS ME GUSTAN LOS DIAS DEL FINDE,DONDE UNO ANDA SIN AGOBIOS JEJEJEJEJE Y LA FAMILIA MAS TRANKILA,Y SI ENCIMA NOS JUNTAMOS CON AMIGOS YA SERIA UN DIA SUPER!!!!!
LILY

PD POR SI NO ME RECUERDAS ,SOY LA ESPOSA DE DANIEL RILO.

Anónimo dijo...

Hoy no me puedo levantar....
El fin de semana me dejo fatal
toda la noche sin dormir
bebiendo, fumando y sin parar de reir......
Me gusta a noite, pero prefiro o dia, sobre todo o momento do albor....

Gracias Anton.
----------------
Un bico moi grande MArisa, xa estou mellor, neste fin de sema mandoche un emilio, e che conto cousas si???.

Oes, que gran idea esto de facer blogs compartidos.....
O mellor queredes tamen compartir ti e mais Anton e todos os que teñan ganas, o meu da "torredelossueñosesmeralda"??
Seria unha boa experiencia, ou non??

LM dijo...

por cá o relógio biológico soa ás 07.30h todos e cada um dos dias... fim de semana, feriados,... o dia que quedemos em cama mais dessa hora contamos... beijos

asbeirasdoarnego dijo...

Sacáches ti a foto cuspe?? Realmente está moi ben.
Nós non temos que agardala a noite a nós botasennos enriba, jaja.
Saludos

Antón de Muros dijo...

QUENINDIOLA: moitas veces non é bo estar tan espabilado moi tarde, verdade?
Atoparás moitos galegos por estas terras ;-)

CUSPEDEPITA: gracias pola benvida!
Agora os lectores do blog teñen que dar unha ollada para saber quen asina cada entrada, se ti, Cuspe, ou eu, Antón de Muros :-)

VAKASTOLAS: quen puidera ser ceibe co horario!
As crónicas que escribe Cuspe son moi boas, é verdade ;-)

SILVANA: aledame que che guste a foto. Cando vin as curuxas no farol pensei que estaría ben retratar a escena ;-)

VECA: din que durmir ben é moi bo para coidar a saúde.

PEDRO: siempre es un desafío encontrar el equilibrio ;-)

PAIDELEO: algunha vez hai que ficar máis tempo na cama, se un pode...
Aledame que che guste a foto. Pois si, son o autor dela :-)

ZELTIA: gracias polas túas verbas. Cada un ten o seu propio ritmo, gustoume iso da muxica, foi moi expresivo :-)

ÁNGEL: agardo que todo estea aclarado con Marisa :-)
Viches? agora escriben dúas personas no blog.
Penso coma ti, cando sae o sol é un momento moi especial, cheo de esperanza e expectativas polo novo día, verdade?
Saúdos.

CHOUSA: é unha mágoa, mais a hora que te ergues influe moitisemo na que te deitas, non si?
Pola miña banda, o meu reloxo soa ás 5:30 da mañá Z Z Z Z Z Z ;-)
Gracias pola túa benvida.


RAPOSO: tes razón, nalgúns casos é doado erguerse cedo :-)
Se eu ficara esperto ata as dúas da mañá, penso que chegaría tarde ao traballo tódolos días ;-)
E bo para min que che gustara a foto. Unha aperta.

LILY: claro que me acuerdo de vos.
Tenés razón, el día ideal sería el que describís.
Gracias por tus palabras.
Un abrazo para Daniel y cariños para las chicas :-)

LM: a min pasame o mesmo, aínda que sexa festivo esperto cedo. Bicos.

ASBEIRASDOARNEGO: Non sacou a foto Cuspe, senon Antón de Muros (que son eu) ;-)
Este blog está "escrito a catro mans", por iso hai que ollar quen asina a entrada ;-)
Celebro que che gustase a foto.
É verdade, moitas veces a noite chega sobre nós sen que a agardemos :-)
Saúdos.

A TODOS: moitas gracias pola visita e polos comentarios :-)
Un saúdo dende Bos Aires.

Antón.