lunes, 25 de agosto de 2008

Arxentina 7


Mar del Plata




A ruta desde La Plata ou Buenos Aires a Mar del Plata, é unha autovía ancha, recta, plana, coa vía do tren case sempre á dereita, algunhas árbores que sinalan a entrada ás estancias e marcan un horizonte de vacas mouras e brancas (hereford) onmipresentes, pacendo prácidas e silenciosas na planicie sen fin, a ambas marxes da estrada.



De cando en vez unha pequena charca ou unha lagoa, un regato, unha vila de casas baixas que rompen a monotonía.

Paramos a almorzar as medias lúas de Atalaya, cumprindo coa mellor tradición dos veraneantes que viaxan desde Buenos Aires ou as cidades do norte buscando o mar e a praia.

Seguimos camiño baixo unha choiva mesta e forte ata as portas da cidade. Por sorte aquí non chove pero vai moitísemo frío, aumentado polo vento, así que temos que mercar bufandas, puchos e carpiños.



A primeira impresión de Mar del Plata é que se parece moito á Coruña, pero con máis praias en plena cidade, con area da cor da terra, máis escura, e escolleiras.
Hai edificios fermosos que lembran que noutras épocas era lugar de veraneo das clases acomodadas de Arxentina.



Imos xantar á punta da escolleira sul, pasando o cemiterio de barcos, coa ferruxe dona de navíos immensos deitados contra o muelle, baixo a imponente imaxe do Salvador.
A carón do porto hai unha reserva de lobos mariños que ás veces conseguen subirse aos barcos ou sair e pasear tranquilamente pola beirarrúa entre os turistas que se achegan para velos co nariz tapado para evitar o seu cheiro desagradable e penetrante.





Pola tarde paseamos polas rúas repletas de turistas a pesar do frío e imos cear á noite ao "Manolo", ao son duns mariachis, mentres hai toda a noite unha fila de xente á porta agardando a que saiamos uns para entrar outros.



Ao sur de Mar del Plata comeza unha zona que alterna praias e cantís, coma os da Barranca dos Lobos onde, gracias a unha desas casualidades do destino podemos avistar un grupo de seis baleas que se dirixen, moi pretiño da costa, cara ao Sul, ás augas frías da península de Valdés.



Pasamos tamén por Chapadmalal, un lugar moi pintoresco preto dunha morea de grandes hoteis que a Fundación Eva Perón construiu para dedicar ao chamado turismo social.

9 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Por certo: o Atalaya é un Café Bar que está a un pouco máis de 113 quilómetros de Bos Aires sobre a autovía 2.
As medias lúas son os biscoitos que chaman "croissants" en España.

Saúdos.

Antón.

paideleo dijo...

Dá gusto viaxar da túa man.

Paz Zeltia dijo...

¿turismo social?

non sabía que os leons cheiraran :/

e vaia que me sorprende que dixeras que mar de plata che recordou un chisco á coruña...

os cantís parecen impresionantes (non tanto como en cabo ortegal :) ) e mais impresionante aínda o restaurante "manolo", que vaia éxito, e cun nome tan sinxelo e clásico... ¿galego?

gústanme moito as túas crónicas, o das vacas e todo iso...

muacks!!!

Anónimo dijo...

Mira Anton, con cicerones coma ti.....asi da gusto viaxar por calquera parte do mundo.
Pois eu che digo que dado que por aqui estamos tantos que xa che coñecemos....Tes que vir urxentemente e contarnos as tuas cousas de ala, e de aqui, as tuas lembranzas, fantasias, soños e esperanzas....Asi que veña colle a maleta...
SEguro que MArisa esta dacordo conmigo e paideleo mais ainda

Antón de Muros dijo...

Moitas gracias polo agarimo!
Qué máis quixera eu que viaxar a Galicia.
Mais, non é o tempo. Pensa que teño catro fillos e non é doado para nós cobrar en pesos e gastar en euros...

Outra cousa: quen estivo máis con Marisa e a familia foi o seu curmán Ales, un moi bo rapaz...

Unha aperta e graciñas outra vez.

Antón.

Cuspedepita dijo...

Zeltia, en Chapadmalal construise na época de Perón un complexo de 9 hoteis destinados a que, en principio os traballadores públicos, e máis tarde todos os traballadores, puideran disfrutar de vacacións económicas á beira do mar. O estado subvencionaba este turismo que, xa imaxinarás, foi parte importante do aparato propagandístico peronista.
Un dos hoteis estaba destinado a nenos e 6 a 12 anos, e os outros á hospedaxe de familias.

Paz Zeltia dijo...

pois gracias por explicarme todo iso!, aprendo moito no teu blog

:)

parece que temos unha coñecida común. díxome lily que eras moi boa amiga dela!

Raposo dijo...

Noraboa por estas crónicas arxentinas que fan que estea desexando ir alá.

Cuspedepita dijo...

Pois, si, Zeltia, Lily e eu somos moi amigas. Temos pasado moi bos momentos xuntas ¡e os que nos quedan!
;-)))