miércoles, 29 de octubre de 2008

Cariátides e Atlantes I







Dende a Antiga Grecia utilizaronse columnas con forma de muller chamadas Cariátides.
As máis famosas son as do templo Erecteión da Acrópolis ateniense.

Tamén as columnas antropomórficas tiveron forma de home: os Atlantes.

Bos Aires ten moitas destas figuras arquitectónicas, que en moitos casos son pequenos pilares adosados a un muro para apoio de algún elemento coma os balcóns.

Aquí tedes algunhas fotos que tomei de construccións da primeira parte do seculo XX que son un agasallo para quen ten a sorte de erguer a ollada por riba do tránsito infernal da cidade.
Saúdos.
Antón.

19 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Este tipo de "detalles" nas construccións, son os matices que acaban por darnos unha idea da excelencia que pretendían os seus autores.
Son un agasallo, certamente; pero moitas veces pasa desapercibido por non erguer a ollada por riba do tránsito infernal no que andamos sumidos.

Graciñas por ilustrarnos con esa erudición que te caracteriza, Antón. Unha aperta

LM dijo...

de onde som? de que parte de bos aires?
beijos

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Magníficas imágenes. Sin embargo, estos Atlantes no impedirán que los tiempos caigan...
Saludos.

Antón de Muros dijo...

CHOUSA: moitas grazas polo comentario. Ti tamén estás esperto e non deixas pasar detalles do teu entorno ;-)
Unha aperta.

LM: As primeiras tres fotos son do Palacio Pizurno (Rodríguez Peña entre Marcelo T. de Alvear e Paraguay) a seguinte do Colexio Carlos Pellegrini (Marcelo T. de Alvear entre Av. Callao e Riobamba), dous do antigo Cine Grand Splendid (hoxe Librería El Ateneo) e outra dun edificio da rúa Marcelo T. de Alvear, preto de Paraná ;-)

PEDRO: gracias por tu visita.
Es verdad la vida fluye y nada la detiene. Saludos.

Antón.

busto.agolada dijo...

Son as xoias dunha arquitectura que agora non se estila e que tanta admiración nos seguen a causar. Grazas por poñer o teu ollo en tanto detalle.
Apertas.

Suso Lista dijo...

Sempre me fixo nesas cousas. Preciosas

Aniña (@vampyevil) dijo...

wow

Nuca dijo...

Definitivamente, vendo isto afirmo ainda con máis forza que algo se perdeu na arquitectura no último século

LM dijo...

brigada...já tenho uma cita com as alturas de bos aires. fica apontado.
beijos

BK dijo...

Para onde mira o da última foto?? mmmm

Antón de Muros dijo...

BUSTO.AGOLADA: non quero desaproveitar as cousas boas da cidade onde vivo. Os detalles fan a diferencia ;-)
Un saúdo.

SUSO LISTA: un ten ollos para iso, non si? saúdos.

ANIÑA: gracias por tu presencia :-)

OCCAM: as construccións actuais buscan o maior proveito económico, non andan con eses detalles que "fan perder tempo". Saúdos.

LM: terás problemas nas cervicais de tanto ollar para arriba ;-)

VECA: semella unha publicidade de desodorizante ;-) ;-)

A todos grazas pola visita e os comentarios :-)

Antón.

Anónimo dijo...

A onde non chegaron os gregos mandaron recado.

Paz Zeltia dijo...

poucas veces un se acorda cando vai apurado polas ruas de mirar para as casas. sobre todo se as ruas son estreitas, moitas veces a arquitectura e unha paisaxe que por recoñecida non reparas nela.
Pasoume hai pouco cunha casa da miña cidade, non sei como fun mirando para arriba e dinme conta que era de estilo modernista, cuns detalles dunha beleza coma para ficar un bo anaco parada. Agora xa somos amigas.

:)

Paz Zeltia dijo...

eu falo de calles polas que paso a diario ou case... porque cando vou a un sitio novo todo me chama a atención.

Outra foto nova na portada do blogue. Todas preciosas, esta tamén!

paideleo dijo...

Estas figuras son como mascaróns de proa dos barcos de pedra que son os edificios.
Son fermosas.
O de calacú non sei de onde vén. É o nome co que se coñecen por aquí as cabazas.

irene dijo...

Además de parecerme maravillosas, creo que tienen un mérito increíble, ya que hace siglos lo tenían que hacer todo con mucho más esfuerzo, aparte del arte, que eso es indiscutible.
Preciosas fotos.
No quiero darte envidia, llevo más de veinte años sin ir a tu tierra, y creo que lo haré a últimos de este mes, estaba deseando volver a Galicia.
Moitos bicos, Antón.

Antón de Muros dijo...

VAKASTOLAS: tes toda a razón, é unha realidade a presenza do espírito grego en Occidente. Dende a lingua, a matemática, a filosofía, a arte...

ZELTIA: ola! eu tamén fiquei amigo dos lugares que capturei coa cámara.
Eles saben que son importantes para min ;-)
Procuro ter o espírito do turista aínda que estea na cidade onde vivo para apreciar a beleza do entorno.
Respecto da portada do blog, Cuspe é a encargada ;-) ;-)

PAIDELEO: sí señor! Edificios = Barcos de Pedra :-)
Unha aperta.

"IRENE": gracias por visitarnos
:-)
Aprovecha tu viaje a Galicia. Sólo un pequeño recado: no dejes de registrarlo en tu blog, ¿vale?
Bicos para ti.

Saúdos para lectores e comentaristas ;-)

Antón.

Merche Pallarés dijo...

Es alucinante como a principios de siglo había tanto talento en las construcciones y hacían verdaderas maravillas. Esos masones de antaño, eran grandes y anónimos artistas. Besotes, M.

Antón de Muros dijo...

MERCHE: gracias por tu visita y por dejar tu huella en Cuspe de Pita.

Un bico.

Antón.