Cando estivemos xuntos
as nosas miradas cruzábanse a miúdo,
buscándose entre a xente.
Daquela, os meus ollos
ficaban presos dos teus ollos,
na brincadeira da ledicia nas túas pupilas.
Porque eu sabía que había un mundo de agarimo nelas,
e que, ese mundo, era un agasallo para min nese momento.
Ti tamén sabías, estou segura,
da tenrura leda que aniñaba nas miñas,
anque non faláramos.
Contigo nunca fixeron moita falta,
é estrano,
os lazos ¿ou cadeas? das palabras.
Esta entrada é para alguén a quen quero moito :-)) Unha lembranza dos momentos en que descubrimos que, de verdade, eramos transparentes.
16 comentarios:
Hola Antón! Como o texto vai dirixido a alguen concreto non sabía se deixarche comentario ou non, pero non me resisto a felicitarche por esas miradas e haber logrado a transparencia.
Bo día! Aburiño!
Ola, Cris, moitas grazas pola visita, polas túas palabras e por comentar, por suposto que agardo comentarios :-))
So aclarar que non foi o meu compañeiro de blog Antón o que a escribiu, senón eu, que son Cuspedepita, ou Marisa, como prefiras chamarme.
É que este blog facémolo entre dous: Antón e Marisa(Antón de Muros e Cuspedepita)
Unha aperta
Hola Marisa,
uy pues al ver tu comentario en mi blog es cuando me he dado cuenta de que había algo que me descuadraba. Disculpa la equivocación. En todo caso te envío las felicitaciones que dejé antes.
Un abrazo y gracias a tí también por la visita.
Hasta pronto!
Preciosos tus sentimientos Marisa. Hoy estoy feliz, a un viejo amigo mio, Joan Margarit, acaban de concederle el Premio Nacional de Poesía, por la obra "Casa de Misericordia", además de gran poeta es una persona extraodinaria.
Tu sigue así...
Besos , tu prima
La transparencia, amigo mío, es virtud de unos pocos, a veces ocurre que una sola mirada vale por cien conversaciones porque encierra toda la intimidad necesaria para comunicarse con el otro.Un fuerte abrazo!
Gorocca
Perdón, quise decir amiga mía, es la gripe que no me deja discurrir ;)
Fermosas palabras.
Déixoche unha encomenda no meu blogo por se che interesa.
As miradas din moito, e cando hai conexión entre dúas personas mais aínda. Daquela non fan falta as palabras porque os ollos son (é verdade) o espello da alma.
Tenras e fermosas verbas. Parabens.
Prima, dale la enhorabuena a Joan Margarit de parte de los que hacemos Cuspe de Pita :-)
Y de paso pídele permiso para que podamos subir a nuestro blog uno de sus poemas ;-)
Hasta, si quiere, se lo devolvemos traducido al gallego, a ver si le gusta ;-))
Besos para ti y muchos saludos para el.
me ha encantado...
Miradas sin disfraz....
En ocasiones gustaria tener un "desnudador" de miradas... cuantas cosas y malos entendidos quedarian resueltos.
Apertas.
Unha entrada fermosísima.
Precioso...
Fermosa amizade. Palabra maxica, de fetizos e desenganos. Nestes tempos que estamos a padecer, escasea, na bolsa dos nosos valores emocionais non e un valor rendible, polo que carece de cotizaciòn, non podemos evaluarla en terminos monetarios....
Magoa.
Sin embargo, Angel, para min a amizade é agora moito máis importante que noutras épocas da miña vida, nunca valorei tanto ter un bo amigo ou unha boa amiga como o fago agora.
Será que me fago vella e vou aprendendo que é o que de verdade importa ;-)
Druid: O "desnudador de miradas" máis efectivo é a confianza e esa contrúese con agarimo e constancia, pero esixe o risco de primeiro crer na bondade da outra persoa a cegas.
Veca: Alédame que che guste
Ana: Tengo un comentario pendiente de escribir en tu blog sobre tu última entrada que me dejó impactada.
Raposo: Hai xente coa que é moi doado comunicar, coma se estivésemos ambos na mesma frecuencia, ¿verdade?
Gorocca: La transparencia es, como bien dices, cuestión de intimidad, de sinceridad, de generosidad, de bondad, de conocerse, de confiar plenamente. Está reñida con el miedo, con la avaricia, con el orgullo, con la soberbia, con la envidia, con querer quedar bien a toda costa...
Cris: Estou descubriendote en tu blog. Ya te contaré :-)
Paideleo: Estou pensando nas miñas excentricidades ;-)Non creas que é moi doado o te meme, non o é, non. É moi interesante.
Marisa:
Fermosa entrada. É coñecido o dito: "a bo entendedor poucas palabras"
A maxia da comunicación é tan sublime como miserable é o desentendemento...
Gorocca: que mejores de la gripe :-)
PRIMA DE MARISA: Esperamos esos versos del flamante poeta ganador :-)
PAIDELEO: a ver se penso nas excentricidades ;-)
Saúdos.
Antón.
Publicar un comentario