viernes, 30 de enero de 2009

Primeiro aniversario


(Cuspe de Pita somos dúas persoas distintas que medran xuntas, coma estas dúas plantiñas que fotografou Antón )


Hoxe Cuspe de Pita cumpre o seu primeiro ano.
O 31 de xaneiro de 2008 publiquei aquela primeira e tímida entradiña na que, sen embargo, resumía moi ben a filosofía deste blog, que pretendía, e pretende, ser un reflexo da nosa vida, ese caixón de xastre onde imos gardando, estes dous amigos-irmáns, Antón, desde Bos Aires, e eu, Marisa (Cuspedepita), desde Galicia, as cousas que nos van pasando, que nos gustan, que nos apaixonan, que nos enternecen, que nos preocupan, que nos admiran, que nos doen, que nos fan rir, que nos dan carraxe, ou nos fan sentir fachendosos ou emocionados.
Detrás quedan 365 días moi especiais, nos que pouco a pouco fomos aprendendo como se fan tantas cousas... Porque ningún de nós sabe moito de informática, e fomos aprendendo "por descubrimento", a base de "ensaio erro", é dicir, de meter a zoca moitas veces para saber o que non hai que facer para a próxima...
Deses 365 días gustaríame destacar catro eventos: O día en que Antón se decidiu, por fin, a escribir a súa primeira entrada, anque sempre colaborou coas súas fotos, poemas e consellos, as miñas vacacións en Arxentina que deron pé a unha chea de entradas, esta Xuntanza de Blogueiros de Agolada na que vos coñecín a moitos dos amigos que agora temos neste mundo blogueiro e que foi unha experiecia que eu non esquecerei, e por último, este Manifesto pola Solidariedade que conseguiu xuntarnos a todos por unha nobre causa.

Quero tamén lembrar que os dous primeiros comentarios, dos moitos que deixastes en Cuspe de Pita, viñeron de dúas persoas ás que quero e admiro: Débora de "Fíos Invisibles" e Zeltia de "Sin pena ni gloria", dúas amigas que nos acompañaron ao longo deste ano e coas que agardo seguir contando sempre :-)

Un agarimo tamén para o noso amigo Chousa, que foi quen me embarcou a min neste transatlántico no que eu, despois, enrolei a Antón :-)
Sentimos que el é, dalgunha maneira, o noso "padriño" :-))

Debémoslle a este ano de Cuspe de Pita moitos sorrisos, unhas cantas gargalladas, algunhas lagrimiñas de emoción, moitos ¡ooooooohhhh! de admiración polo que lemos ou polas fotos que nos gustaron dos vosos blogs, e, sobre todo, moita ledicia polos moitos e bos amigos que atopamos.

Unha aperta a todos e moitas grazas por visitarnos, aos que escribides comentarios e aos que só ledes, que eu sei que hai tamén algúns ;-)

(Hay una traducción en comentarios)

48 comentarios:

Cuspedepita dijo...

(Cuspe de Pita somos dos personas distintas que crecen juntas, como estas dos plantitas que fotografió Antón )


Hoy Cuspe de Pita cumple su primer año.
El 31 de enero de 2008 publiqué aquella primera y tímida entradita en la que, sin embargo, resumía muy bien la filosofía de este blog, que pretendía, y pretende, ser un reflejo de nuestra vida, ese cajón de sastre donde vamos guardando, estos dos amigos hermanos, Antón, desde Buenos Aires, y yo, Marisa (Cuspedepita), desde Galicia, las cosas que nos van pasando, que nos gustan, que nos apasionan, que en los enternecen, que nos preocupan, que nos admiran, que nos duelen, que en los hacen reír, que nos enojan, o nos hacen sentir orgullosos o emocionados.
Detrás quedan 365 días muy especiales, en los que poco a poco fuimos aprendiendo cómo se hacen tantas cosas... Porque ninguno de nosotros sabe mucho de informática, y fuimos aprendiendo "por descubrimiento", a base de "ensayo-error", es decir, de meter la pata muchas veces para saber lo que no hay que hacer para la próxima...
De esos 365 días me gustaría destacar cuatro eventos: El día en que Antón se decidió, por fin, a escribir su primera entrada, anque siempre colaboró con sus fotos, poemas y consejos, mis vacaciones en Argentina, que dieron pié a un montón de entradas , esta Reunión de Blogueros de Agolada, en la que os conocí a muchos de los amigos que ahora tenemos en este mundo bloguero y que fue una experiencia que no olvidaré, y, por último, el Manifiesto por la Solidaridad, que consiguió unirnos a todos por una noble causa.

Quiero también recordar que los dos primeros comentarios, de los muchos que dejasteis en Cuspe de Pita, vinieron de dos personas a las que quiero y admiro: Débora de "Fíos Invisibles" y Zeltia de "Sin pena ni gloria", dos amigas que nos acompañaron al largo de este año y con las que aguardo seguir contando siempre :-)

Un cariño también para nuestro amigo Chousa, que fue quien me embarcó a mí en este trasatlántico en el que yo, después, enrolé a Antón :-)

Sentimos que el es, de alguna manera, nuestro "padrino" :-))

Le debemos a este año de Cuspe de Pita muchas sonrisas, unas cuantas carcajadas, algunas lagrimitas de emoción, muchos ¡ ¡ooohhhhhh ! de admiración por lo que leemos o por las fotos que nos gustaron de vuestros blogs, y sobre todo mucha alegría por los muchos y buenos amigos que encontramos.

Un abrazo a todos y muchas gracias por visitarnos, a los que escribís comentarios y a los que sólo leéis, que yo sé que hay unos cuantos ;-)

Antón de Muros dijo...

Neste tempo, namentres escribíamos entradas e subíamos fotos (case todas propias), Mercurio deu máis de catro voltas en torno ao Sol.

Agardo que cando Saturno remate o primeiro xiro arredor do Sol dende aquel 31 de xaneiro de 2008, aínda escribamos entradas en Cuspe de Pita ;-)

Unha aperta e grazas a tódolos amigos, lectores e comentaristas do blog.

Antón.

Aniña (@vampyevil) dijo...

sois geniales, hay un pequeño detalle que siempre se me escapa como surgio la idea de hacer este blog tan especial?
besitos

PABLO JESUS GAMEZ RODRIGUEZ dijo...

PARA ESOS DOS AMIGOS QUE HACEN CUSPEDEPITA:

MARIA LUISA
ANTON DE MUROS

¡FELICIDADES POR ESTE ANIVESARIO!

RECIBID, LOS DOS, UN FUERTE Y ENTRAÑABLE ABRAZO DE VUESTRO AMIGO CORNELIVS.

Barreira dijo...

Felicidades aos dous polo anaquiño de vida que tedes na rede.
Espero que estemos en contacto moitos anos, e que sempre sexa por boas cousas.
Saudos para vós e tamén para o padriño porque tamén o é meu (este debe ter accions en blogger ou algo parecido).
Insisto... felicidades e que veñan moitos mais.

Chousa da Alcandra dijo...

Como padriño emocionado, síntome ben orgulloso deste "afillado" con pel de letras e alma de mensaxes ben artellados.
Estou ben ledo de darche o empuxonciño á area deste circo, que ben cousas bonitas me tedes reportado. Algunhas das que citas compartidas -como a xuntanza de Agolada-.
E ainda que non me gusta facer diferencias, neste caso ides permitirme que as faga:
Un bico para Marisa e un apretón de mans para Antón!!

(E para a próxima esto avísase, raio; non ves que agora non teño os caramelos para agasallar?)

CriS dijo...

Antón, Marisa. MUCHISIMAS FELICIDADES!!!!
Desde aquí os mando a los dos un abrazo virtual enorme y mi mas sincera enhorabuena por este rincón que es tan especial. Gracias por hacerme un hueco en él, aquí siempre me he sentido muy cómoda. Gracias a ambos también por vuestro apoyo en otras ocasiones en las que os he escrito por otros medios, por el regalo de la curuxa en mi blog y el pio pio del vuestro. Gracias por todo lo que nos dais!!!!
Espero seguiros mucho tiempo mas.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Mil felicitaciones, que vuelen y se trasformen en palabras suaves, dignas de la emoción de esa lengua tan hermosa y sus paisajes.

LM dijo...

muitos muitos parabéns!!!! um prazer vir por cá e ler-vos, um prazer ler as coisas que vos vam passando, um prazer partilhar estes 365 dias e o desejo de multiplica-los por mil.
o nosso blogue também lhe deve muito ao vosso padrinho já que, quando pensamos em fecha-lo,deu com as palavras certas para que nos nom o fizessemos. sumamo-nos aos carinhos e engadimos um saquinho cheio para vos, marisa e antón.
beijos especiais

Anónimo dijo...

Parabéns polo aniversario. Sinto non ter disfrutado antes deste blog, pero pénsome desquitar.

Anónimo dijo...

Felicidades por ese primer año a ambos y que la ilusión permanezca para cumplir el segundo.
Saludos!

Gcc.

paideleo dijo...

Parabéns por este primeiro aniversario e que sexa un acontecimento que se repita !.
Un blogo dá para muito como ben o explicastes.

fonsilleda dijo...

Marisa, agora xa sei de cando te coñecía. Cando foi esa primeira vez na que sentín envexa: a vosa xuntanza na Golada.
Moitas veces pasei por alí, pensando quenes serían de ter forza pa facer algo así. Eu sonche ben tímida.
Desexo seguir chegando a esta a tua casa e a de ese Antón, que polo seu nome ¿quen suporía onde mora?.
Moitos bicos aos dous e "este pode ser o comenzo de unha grande amizade".
(No sei como ando de galego escrito, sinto os erros que poda haber)
Grazas por as visitas y tratarei de ir lendo as vosas cousas antigas y felicidades polo aniversario

HADEX dijo...

Pois moitas felicidades logo por este estupendísimo blog e que sexan moitos mais....(este blog é acuario coma min)

Bicos!!!

São dijo...

Muitos parabéns pelo aniversário.
Que contes muitos para nosso gáudio.
Boa semana.

RosaMaría dijo...

E rematou xusto hoy... bueno sigo en castellano porque mi gallego es muy malo. Justo hoy llego para brindar por muchos años más, lástima no haberlos conocido antes, pero nunca es tarde, seguiré visitándolos con permiso (o sin él) Felicidades y abrazos.

irene dijo...

Muchas felicidades para los dos, yo empecé hace algo más de una año, y también sin tener mucha idea de informática, todavía sigo teniendo poca, pero aprendí a poner algunas cosillas, poco a poco, aún me queda mucho por aprender, y me desespero intentando poner cosas de las que no soy capaz, pero lo importante es ir conociendo a personas estupendas y relacionarse con ellas a través de los escritos y comentarios.
Por lo que veo, Antón ha hecho un viaje a Santiago ¿no?, si es así, me alegro mucho, ya que sé que tenía muchas ganas de visitar Galicia.
Moitos biquiños para los dos.

vintxuca dijo...

Noraboa por este primeiro ano...e que sexan moitos máis. Moitos anos e moitas entradas cheas de historias que contar.´´´´´´´´ñfrgt (esto último foi unha aportación da miña gata Bimba que acaba de pasar por riba do teclado do meu potátil, ela tamén quere darvos as felicidades)
A verdade é que se coñece a xente estupenda en este mundo blogueiro...unha aperta e parabéns a Cuspe de pita!!!!!!

Antón de Muros dijo...

"Irene": el único viaje que hice a Galicia fue en el año 2000.
Desde ese momento añoro el regreso ;-)
Gracias por tus saludos.

Antón.

Lúa dijo...

hola! noraboa por este ano, graciñas por estar eiquí e seguide por este camiño de ledicias que son os blogues, moitos bicos!

Paz Zeltia dijo...

pero ¿xa pasou un ano?
zeltia pasmada
zeltia reacciona: recuerdo la novedad de vuestro blog y cómo me llamó la atención el título, y mira, luego me gustó lo que se iba escribiendo, y a un día le sigue otro... y aquí sigo: fiel. felicitacioines y tb gracias por tenerme presente en este primer aniversario!

montse dijo...

Muchas felicidades para los dos por este primer año de vuestro blog, y gracias por todo el calor y toda la sensibilidad que siempre he encontrado en vuestras imágenes y en vuestras palabras.
Un abrazo muy fuerte desde Barcelona

abueloscrisytoño dijo...

Parabéns polo aniversario. unha aperta moi grande da nosa parte.

Raposo dijo...

Parabens para ti e mais para Antón. Grazas por compartir con todos nós tantas verbas, fotos, lembranzas...
Bicos.

busto.agolada dijo...

Cando eu era neno dicíase medio en broma cando alguén quería pegar algo, que lle botase cuspe de galiña (pita). Quizais ninguén sospeitaba das propiedades ligatorias do expresado elemento. Á vista está neste blog a enorme capacidade de ligazón e unión que se conseguiu nun só ano e baixo a denominación que antano era tan popular.
Ánimo, sempre adiante. Que o voso labor axude a enriquecer a blogosfera con contidos de ineterese e imaxes inéditas.
Apertas para ambos. Maria e Antón.
Grazas pola memoria da Xuntanza.

Anónimo dijo...

Fermosa coincidencia, celebrar o teu aniversario, con o manifiesto..
Parabens, apertas, bicos, ,,,,,un, dous tres...moitos.
Realmente transmites , non sei que, alegria vital, electricidad sensorial, conexion espirtual -mental....
Sigue ahi, outro ano pasa pronto...O teu romantico empedernido----e rendido as tuas palabras amigas.
Ah, o esquecia...APertas e parabens; Anton, pola parte que ti tamen tes de culpable neste precioso ano que pasamos xuntos...

Carlos Sousa dijo...

Felicidades, e que sigades máis aniños. Dende que vos descubrín, a base de ver outros blogs en galego, sempre vos boto unha ollada, parecédemes xeniáis, unha boa mistura.

Moita sorte.

Suso Lista dijo...

E que quecumplades, moitos mais.Ánimo

Anónimo dijo...

Un ano é moito e non é nada. Queremos máis desta bonita experiencia de escribir simultáneamente dende dous puntos tan dispares da terra, esa unión na distancia é especial e non a podedes perder.

En temas de libros temos algunhas cousas pendentes. De momento deixei por aí estrado un meme para ti.

Biquiños

RuneRider dijo...

Moitas felicidades. Eu son dos que len pero non escriben. Miguel

vermella dijo...

moitas felicidades e gracias por compartir....
eu creo que coñecinvos cando estabas na arxentina entón engancheime á idea dun blog de aquí e outro de alá.
moitos bicos.

nachocarreras dijo...

Gracias a vosotros ¡Felicidades!

Anónimo dijo...

Felicidades por lo que estais dando.
Un abrazo

La Gata Coqueta dijo...

Felicidades por ese año por este mundo blogero que tantas satisfacciones nos causan, a mi por lo menos.

Parece mentira en que poco tiempo como se le puede coger tanto afecto y cariño a las personas que aparentemente es como si no existieran... pero existen.

Un abrazo y felicidades nuevamente.

Antón de Muros dijo...

ANIÑA: gracias por tus conceptos. La idea fue de Cuspedepita. Ella comenzó hace un año y luego me invitó para que sea su compañero de blog.
Besos.

CORNELIVS: gracias por tu saludo. Felicitaciones por el Manifiesto, que ya te lo he dicho ;-)
Un abrazo.

BARREIRA: moitas grazas. O noso padriño é moi cuco!
Saúdos.


CHOUSA: grazas polo apretón :-)
Tes moito que ver nesta aventura na rede.
Unha aperta.

Antón de Muros dijo...

CRIS: es una alegría compartir con gente así. Un saludo.

PEDRO: es un honor tenerte por este blog. Un fuerte abrazo.

LM: grazas polos saúdos.
Xa vemos a importancia do noso padriño :-)
Bicos.

PAIDOVENTO: moitas grazas. A partir de agora podes camiñar connosco.
Unha aperta.

Antón de Muros dijo...

GCC: gracias por seguirnos. Estimamos tu compañía :-)
Saludos.

PAIDELEO: moitas grazas pola túa presencia.
Unha aperta.

FONSILLEDA: grazas polos saúdos. Non é extraño que un Antón nado en Bos Aires estea aquí. Milleiros e milleiros de galegos deixaron a terra e sementaron a súa cultura lonxe, lonxe.
Unha aperta.

HADEX: grazas polas túas verbas. Non sabía que Cuspe de Pita era de Acuario ;-)
Bicos.

Antón de Muros dijo...

São: Grazas polos parabéns :-)
Unha aperta.

ROSAMARÍA: ¡bienvenida a Cuspe de Pita! :-)
Un saludo grande.

VINTXUCA: moitas grazas a ti e máis á gata Bimba :-)
Unha aperta.

LÚA: moitas grazas. Ter un blog fai que che sintas preto de moita xente.
Un saúdo.

Antón de Muros dijo...

ZELTIA: graciñas pola túa fidelidade. Unha aperta.

MONTSE: ¡qué alegría encontrar tu felicitación!
Un fuerte abrazo.

ABUELOSCRISYTOÑO: moitísemas grazas polo comentario.
Apertas para repartir.

RAPOSO: moitas grazas a ti, home!
Unha aperta.

Antón de Muros dijo...

BUSTO.AGOLADA: moitas grazas polo comentario.
Tedes en Cuspe de Pita fotos dos lugares máis afastados ;-)
Unha aperta.

AOPEDOFARELO: Moitas grazas.
Un saúdo.

CARLOS SOUSA: moitas grazas.
Alédame que che guste a mistura de dous galegos que viven afastados, mais que están preto no mesmo blog.
Unha aperta.

SUSO LISTA: moitas grazas. Un luxo que veñas deixar as túas palabras.
Unha aperta.

Antón de Muros dijo...

VAKASTOLAS: todo blog é moi especial. Cuspe de Pita ten a curiosidade que está escrito a catro mans :-)

RUNERIDER: grazas. Esta vez deixaches o teu comentario :-)
Benvido, Miguel.
Un saúdo.

VERMELLA: moitas grazas.
Tes razón: tedes dous blogues en un ;-)
Bicos.

NACHO CARRERAS: muchas gracias por el saludo.
Seguimos compartiendo en la red.
Un abrazo.

Antón de Muros dijo...

EL CUADERNO DE POEMAS DE RUBEN: muchas gracias por tu comentario.
Un abrazo.

LA GATA COQUETA: muchas gracias por tus palabras afectuosas.
Un saludo.

Nome Andrés dijo...

Me sumo un poco tarde a las felicitaciones. Uno anda un poco a contrapie. Me ha gustado leer la entrada, se respira una sensibilidad especial en esas palabras. Me gusta. Por cierto, vamos a la par en los años, creo que fue en enero también cuando comencé yo, y como dices, también basándome en ese método infalible de la experimentación. Un abrazo.

torredebabel dijo...

Chego tarde cos Parabéns pero non por iso son menos agarimosos e sentidos. Noraboa polo aniversario!! Este blog fai mais pola visibilización do pobo galego que está espallado polo mundo adiante que unha chea de políticos de fala entrenada. Apertísimas ao benquerido Antón, compañeiro no Tortoni e lector esixente. E Noraboa a Marisa, galega que honra a longa tradición de mulleres desta nación: forte e agarimosa, doce e paciente. Dúas alfaias no blogomillo!!!

Marcelo dijo...

Felicitaciones a los dos!
A mi me toca de aquí a unos días cumplir el año también.
Un abrazo

Antón de Muros dijo...

ANDRÉS: gracias por tu saludo.
Ahhh! feliz cumpleaños para tu blog.
Un abrazo.

TORREDEBABEL: moitisemas grazas polo teu comentario :-)
Unha forte aperta.

MARCELO: gracias por el saludo.
Felicitaciones por el cumple de tu blog, tan creativo y concurrido :-)
Un abrazo.

Antón.

Anónimo dijo...

Holaaaa!!!!

Creo que aun no es tarde para saludarles FELIZ PRIMER ANIVERSARIO!!!

MARISA Y ANTON FELICIDADES!!!!


LILY.-

Antón de Muros dijo...

¡Hola Lily!

Claro que no es tarde: muchas gracias por el mensaje :-)

Saludos para toda la familia.

Antón.