-O outro día despois de almorzar, púxoseme unha dor aquí... ¡ Que mandaba nabo!
E pensei que era da caca…Pero noooon ! Era un catarro grandísimo!
Miña nai levoume ao médico a Begonte, pero alí non che me miraron case nada…así que pola tarde tivo que levarme á Residencia, e alí si que me miraron ben e mandáronme quedar no hospital toda a semana.
Pincháronme aquí, aquí e aquí…
- E aínda che doería ben, ou Marquiños ?
4 comentarios:
Eche ben pavero o Marquitos ho. Mira con que xeito conta os contos.
(Unha das cousas que máis lle critito eu ó progreso tecnolóxico no que -seica- andamos, é que non sexan capaces de idear un sistema que evite que haxa que furar a epidermis dos nenos -e dos langráns coma min tamén- cunha agulla para inocular medicamentos. Non sei como poidemos lanzar naves espaciais e descifrar o código xenético da mosca negra boliviana e non ser capaces de modificar tan agresiva punción).
Chuchos para ti e parabéns para o Marquitos (Tamén mando saúdos para todos os conductores de coches sin carnet)
Xa non me lembro que tontería ía poñer dos rapaces, pero e que me deixou descolocada o comentario de Chousa!
(que é un miedica das agullas, jeje, eso produceme ternura) e despois esa inocencia de esperar que a dor desapareza do mundo. Ainda que poderá ser... poidera...
pero o que me descolocou de todo é o dos conductores sin carnet.-
E se marquitos é real, éche ben valiente (ainda que presume, coma todos os herois, das suas feridas de guerra)
Apertas.
Moi gracioso o conto, o Marquitos, ponlle moito ánimo. uNha aperta
Publicar un comentario