Tinta vermella correndo polo papel inmaculado.
Moura tecla do non existo, non son , non penso.
Tarzán absurdo colgado das árbores.
A vida a 50 por hora na travesía.
Arlequin de soños laranxa e azul.
Torre de cristal, gaiola.
Boneca abandonada.
Floreiro murcho.
Sono inútil.
Pelota rota.
Vento.
Gris.
Eu.
7 comentarios:
Nunca escribes un poema para mi,
dixo ela como avergoñada daquel reproche, quizais inxusto,pero que naceu do corazon dolorido da amante esquecida, e celosa.
El, colleuna da mao, e acercandoa ata o espello dixolle.
Mirate, meu amor.
Ti eres a mellor dos miñas poesias, porque este amor que de mi brota, non precisa das palabras para convencer ....
A poesia, e un acto de amor, tal vez cara un mesmo, tal vez, cara os demais.
Tes un agasallo no meu blog, pásate cando queiras por el. Por certo, bonito poema. Unha aperta
Fermoso poema que crece en fondura e mingua en extensión dos versos.
Vémonos o sábado. Será un pracer coñecervos.
Ningunha explicación tería máis forza, Ángel :-) Non creo que haxa maneira máis fermosa de dicilo.
Gracias polo agasallo, D´Agolada. Vou por el agora mesmo ;-)
Ata o sábado.
Gracias pola túa visita, Busto.
Vémonos o sábado :-)
A que santo/a nos encomendamos para que non chova ? ;-)
Na miña terra din :
Nunca choveu que non escampara......
Encomendemos a "san pariaguas" e botas chirucas...
Vemonos o Sabado, (O como dirian polas terras baixas do roxal, "miramonos o sabado"
Publicar un comentario