domingo, 1 de junio de 2008

Xuntanza de blogueiros en Agolada (2)



Dos Pendellos ao ceo !!


Vintecatro horas despois sigo engaiolada por este espazo marabilloso e as súas pedras centenarias.


Polos seus paseos, nas praciñas nas que xa os antergos se xuntaban o día da feira para parolar, mercar e vender, resoaron onte ecos de voces que nunca escoitara, músicas de gaita, zanfona, violín, guitarra e piano, a voz espléndida de Maruxa, os versos de Vázquez Pintor, que nos acompañou e deleitou co seu verbo, e os de Antonio Rey, chegados de alén do océano, na voz Ángel Utrera, co que, estou segura, me unirá en adiante unha boa amizade, da mesma maneira que nos une hoxe o amor pola poesía.


Na miña retina aínda están as caras, os sorrisos, os acenos dos meus compañeiros de tolemia, os blogueiros cos que compartín un día tan cheo de emocións e de ledicia.


O perfume verde do sobreiral do Arnego que a xente de Agolada trata de conservar contra vento e marea, aínda me envolve.

Teño señerdade das conversas cos vellos amigos e cos novos que onte coñecín, da cariña do Leo sorprendido polas múltiples carantoñas que recibiu de tantos amigos seus que o coñecían ben e que el nunca vira :-), das bromas, das explicacións de Busto, magnífico guía, que nos levou de paseo pola historia dos Pendellos e da feira de Agolada...


O meu corazón, infindamente agradecido aos organizadores desta xuntanza, aínda anda revoando por riba das tellas dos pendellos, e queda pendurado das pólas dos dous carballos.


Agardo que algún día poidamos volver todos a reunirnos neste lugar máxico da cerna de Galicia.


21 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Amén

(E despois de decilo ti así de ben...qué carallo digo eu?)

Cuspedepita dijo...

Seguro que se che ocurre algo, socio :-)))
Se non se che ocurre a ti...mal vamos.
Teño algunhas consultas que che facer, xa falaremos.

Chuchiños

Paz Zeltia dijo...

Xa vexo que o pasaches moi ben.!! pero tí tiñas ventaxa, que xa tiñas amigos de antes!! :)
E... muller, a fotiña non podería ser un chisco mais grande? (e que non vexo as caras de ninguén!)

Lapis-vermello dijo...

A verdade e que pasámolo xenial, a que si? Saúdos.

busto.agolada dijo...

Amiga Marisa: Antes da Xuntanza non coñecía a ninguén na Fonsagrada. Ti e a túa fam,ilia viñestes a poñerlle remedio. Agora sei que na Pobra do Burón hai alguén con vencellos moi especiais tecidos nesta Xuntanza. Para nós tamén foi un día precioso, inesquecible, onde se tenderon pontes de amizade cara os catro puntos cardinais.
Creo que foi interesante e digno de repetir no futuro. O tempo irá marcando os ritmos.
Unha aperta para vós os tres.

insomniorizar dijo...

jeje, pois sí, pasamolo moi ben, pero que moi ben!
Eu cheguei a casiña como nunha nube, co sorriso na carra, e cun montón de ideas e ilusións que andaban efervescentes polos dedos e ta por detrás das orellas!
cunha enerxía enorme, ai! se tivera internet na casa, esa misma noite fundía o blo a comentarios e a fotos, o que pasa, q como non teño, tiven que esperar a mañá seguinte para ir a roubar un chisco de wifi ao concello, e claro, quería subir mil e unha, e cos 31 k non se pode, así que hoxe darei boa conta dese fabuloso día.
Graciñas a todos polos vosos sorrisos pendurados nas pedras, nas sobreiras, nos ollos dos outros!

prometeo dijo...

"...Agardo que algún día poidamos volver todos a reunirnos neste lugar máxico da cerna de Galicia..."
Que así sexa. Unha aperta moi grande para tí e para a túa familia. Bicos mil.

Unknown dijo...

Foi un pracer coñecervos un pouco, compartir, descubrirnos no mellor dos sentidos. Que a vena creativa non pare nunca e que este encontro sexa só un comezo.
No seguinte enderezo podedes ollar algunhas fotos do encontro

http://picasaweb.google.com/lvinhas6/Xuntanzablog

unha aperta

Anónimo dijo...

Pois si.....non sei si eres "Meiga", pero acertaches de pleno ....mesma miña muller xa mo dixo que parecielle que eras moi cariñosa, e moi boa xente.....
Dende logo que estou dacordo contigo xa estaba preto do teu blg, pola poesia, pero dende o sabado, tamen porque penso que eres unha gran persoa, da que quero aprender e coñecer mais cousas, Asi que o sinto pero non vaste librar de min tan facilmente.
Moitos bicos para os tres...
POr certo teño un agasallo para mardarche, en pago do libro , seguro que che vai a encantar, asi que dime polo correo electronico o teu enderezo...¿VAle?

paideleo dijo...

Eres unha muller mui alegre e chea de vida e non souben estar á altura das circunstancias que son mal falador. E non lle dixen nin ola ao teu home e apenas falei coa túa filla.
Espero saibas perdoar a miña forma de ser.
Iso si, Ana e máis eu quedamos marabillados coa boa persoa que eres.

Nemo dijo...

Ola:

Aínda que non tiven ocasión de botar un palique contigo, espero poder facelo en próximas xuntanzas.

Agradézoche tamén o enlace ao noso blog. Faremos un oco a cuspe de pita en turismodepontevedra.

Unha aperta.

Anónimo dijo...

Queda moi ben e simbólica a foto baixo da sobreira, en pequeniño.

CAdaquen é pequeniño baixo a árbore universal.

E cadaquen tén o seu universo xigante.

Xa sei agora onde buscar na túa terra, boa pitiña



juanjo

asbeirasdoarnego dijo...

qpVexo que o pasache ben, xa s� ca lonxitude do texto... xa o di todo. E iso non � nada porque seguro que con un d�a que pasamos todos xuntos, poder�ase escribir ata un libri�o. Un sa�do cuspe

Anónimo dijo...

Xa temos cousas en común, ser blogueiros e blogueiras, e compartir as sensacións e imaxes que nos deixou a xornada dese domingo 31 de maio, inesquecible, en Agolada. Apertas, saúdos, saúde e felicidade. Ata a próxima.

http://www.blogoteca.com/vicentemontoto/index.php

Vicente Montoto, autobiografía.

Paz Zeltia dijo...

Vou ver logo as fotos que deixou Luis (perfil no disponible)
Meteronme as ganas de coñecerte, cuspedepita!! :)

Cuspedepita dijo...

Zeltia, no blog de Marcus tamén tes unha boa reportaxe, coas fotos de cada un e o seu nome,¡curiosona!;-)
Se queres, unha tarde facemos unha micro-xuntanza para xantar ou tomar un café xuntas a medio camiño entre Lugo e A Coruña :-))
Eu agora, como son funcionaria, teño as tardes libres ;-)

insomniorizar dijo...

jiji! que boas son as tardes libres, jeje!
eu non son funcionaria, que son becaria, que é moi, pero que moi diferente, pero si antes traballaba en xornada partida ata as 9 da noite, dende o 2 de xuño son ceive!
teño tardes libres a partir das 3.30 ata o 30 de setembro, viva, viva!

pois si ai que ir, vaise a donde sexa pa voltar a compartir faladoría. jiji

vivan as tardes de vran!

insomniorizar dijo...

cuspe de pita diso de en chousa de alcandra:
Non imos dicir aquí o segredo de Chousa, que non queremos romper o feitizo, pero Bágoas Insomnes e eu xa andivemos argallando unha teoría o outro día no autobús ;-)
Calquera día escribimos un ensaio sobre o tema...

E bagoas insomnes dixo:
Pois eu estiven a ensinar os vosos blos aos meus alumnos de 60 e 70 e tantos, e son xa un éxito, a ver cando se animan a deixarvos un comentario. Por certo os meus homiños din por aquí que isto dos bloges os carga o demo, que isto vai ser ao longo malo pa castrelo, que se vai a engachar todo o mundo e q a romper aljun matrimonio, jejeje!

Por certo, laura, unha mulleriña de 73 anos, xa nam0orou do chousa!
ai mi madriña!
este chousa, con tanta fror delicada e o seu ollar, volvenos tolas!
Cuspe, temos que peñernos xa a facer un estudio do fenómeno Chousa!

Suso Lista dijo...

Xa te coñezo gracias as fotos múltiples que hai colgadas. Sinto non haber estado con vos

Anónimo dijo...

Moitas grazas Marisa polas túas palabras cariñosas e pola alegría contaxiosa que desprendes. Foi un pracer coñecerte na Xuntanza e dende logo que iremos as terras de Burón. Es a terceira moza que coñezo da Fonsagrada e comprobo que todas sodes moi boa xente. Coa axuda das miñas fillas que están en Barcelona, do meu fillo Daniel, e dun amigo tan experimentado como "As Beiras do Arnego" non me cabe a menor dúbida que sacaremos adiante o blog. En canto á miña descripción pedir a Santa Lucía que che conserve a vista. De todas as maneiras estudarei seriamente cambiar de "look" para a próxima Xuntanza, pois logo de darlle moitas voltas durante a semana, creo que o segredo de Chousa reside no bigote e a perilla...
Saúdos ao teu marido e á túa filla.
Unha aperta forte.

d´Agolada dijo...

Eu tamén agardo que repitamos, sería estupendo, a verdade é que o pasamos moi ben. Unha aperta