jueves, 21 de agosto de 2008

Arxentina 6

O CAFÉ TORTONI E OS LECTORES GALEGOS EN BOS AIRES




Chegamos ao Tortoni ás catro menos cuarto. Ales e Nino quedaron comigo mentres a miña curmá levaba aos nenos á Feira do Libro infantil e Xuvenil.

No Tortoni agardábanos Antón, que saiu buscarnos porque a fila de turistas que querían entrar ao Tortoni era longa e nos non iamos á cafetería senón á sala Alfonsina Storni, que reservan os Lectores Galegos de Bos Aires para as súas xuntanzas mensuais.

O café Tortoni é un dos lugares de referencia da cultura en Bs As, porque durante moito tempo foi lugar de reunión de intelectuais e artistas. Por alí pasaron Alfonsina Storni, Borges, Juana de Ibarbourou, Roberto Arlt, José Ortega y Gasset, García Lorca, Einstein, Gardel, etc... Alí funcionou , por exemplo, entre 1926 e 1946 “La Peña”, que dirixía o pintor Benito Quinquela Martin e que levou a cabo tarefas de difusión cultural en forma de concertos, recitais, conferencias, debates, etc.
Sábese que foi inaugurado en 1858, pero funcionaba noutro lugar. Foi en 1880 cando se trasladou a súa actual ubicación na Avda. de Maio, anque ata 1898 a súa entrada estaba na rúa Rivadavia.



Eu coñecía xa a unha das organizadoras, Débora Campos e a Antón de Muros, que forma parte deste grupo, e lera o libro que correspondía para o mes de Xullo.
Fai meses que quedara con Débora que asistiría a esta xuntanza, e agardabaa con moitisema ilusión e impaciencia.



Entramos por fin e alí estaban Débora e Andrea Cobas, que coordinou a sesión de maneira maxistral.
O traballo que ambas desenvolven a prol destas xuntanzas, imaxino que é grande, e ademáis fano desinteresadamente, así que non podo senón admiralas pola xenerosidade co seu tempo, pola contancia, polo ben organizado que teñen todo e polo interesantes que resultan as sesións.

Nesta ocasión, o libro que analisamos polo miudo foi “ Á de mosca” de Aníbal Malvar, dirixidos por Andrea, que nos foi levando por cada recunchiño significativo do libro, ampliando información, e afondando no coñecemento da novela negra galega, obxecto deste periodo.




Ao remate da xuntanza, á que asiste moita máis xente da que eu agardaba, xente con moito interese pola cultura galega, e algún que outro visitante da península :-), sacamos unhas cantas fotos e atopei alí aos amigos de Fillos de Galicia, cos que seguimos coa xuntanza, neste caso no Bar Iberia, da Avda de Maio, lugar de reunión dos exiliados republicanos españois despois da guerra.

Este foi sen dúbida, un dos mellores días que vivín na Arxentina.

9 comentarios:

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Se juntan aquí muchas cosas interesantes: Buenos Aire, los cafés, la literatura. Y los gallegos.

Chousa da Alcandra dijo...

Non tiña duda ningunha; pero -tal e como vas debullando a tua viaxe- quédame totalmente confirmado que a tua estadía na Arxentina foi moi proveitosa.

Un bico de fin de semana (uf, xa pensei que non daba chegado!)

paideleo dijo...

Deume mágoa non coñecer personalmente a Torredebabel cando estivo por Galicia o ano pasado.

Antón de Muros dijo...

A verdade que Torredebabel é unha xenia, Paideleo.
É unha das persoas máis galegas que coñezo que naceu lonxe da terra.

Eu teño sorte porque estamos xuntos no clube de lectura do Tortoni ;-)

Unha aperta dende o inverno.

Antón.

Anónimo dijo...

Estou dacordo xon Jose Luis, fas unhas cronicas tan desmenuzadas que dan gañas de que continue a serie ata o infinito.
Por certo, non teño ni idea de que é Torredebabel, a ver si paideleo o Anton, poden aclararme algo mais.
E outra cousa mais, ¿Quen elixe o libro que comentades nas tertulias...?.¿Como se elixe, e porque?.
¿Son de libre entrada, ?.So para galegos, ou tamen acuden outras culturas, linguas, etc.

Contanos mais cousas MArisa...¿SI?
Un bico grande...

Antunes Ferreira dijo...

LISBOA * PORTUGAL
ferreihenrique@gmail.com

Buenas

Querido primo/irmão - especialista em tango e banduñol. O meu galego continua a zer...

Paso por aquí para decirte ¡hola! E también para saber como siguen las cosas. Me parece que muy bien. Otra vez: me encanta tu blog. Voy a visitarlo siempre que lo pueda e porque me da placer hacerlo. Seguro que lo mereces.

Sin embargo, tienes que volver a visitar mi Travessa do Ferreira (www.travessadoferreira.blogspot.com). ¡Muchas veces! O, si lo quieres, irte allí por primera vez. Quedaré muy contento, por supuesto.

Qss / Abz

tertulias para perogrullos dijo...

Este sábado celebrase a festa dos candís en Agolada, igual vos apetece pasarvos, tedes máis info en d´Agolada. Saúdos

Cobiñas dijo...

Canta alegría dáme que a pasases tan ben no Tortoni coma nós coa túa compañía. Confío en que teremos a sorte de que o encontro repítase.

Bicos, Andrea

Paz Zeltia dijo...

Del Café Tortoni estuve hace poco leyendo en internet. entré en su pag. web, leí su historia... y mira, ahora acabas de estar tú, y no como una turista cualquiera, sino formando parte de la vida del Café.
Me da mucha envidia todo lo que cuentas; una ocasión única además tener los encuentros con amigos.
Cuanta gente maravillosa hay en el mundo ¿verdad?