domingo, 9 de marzo de 2008

Dúas mulleres

Despois da sensación de impotencia que deixa o último atentado de ETA, quédome con dúas imaxes de mulleres, moi significativas:

- Por un lado unha rapaciña moi nova, Sandra Carrasco, filla de Isaias Carrasco, lendo o comunicado da familia tras a morte do seu pai, coa cabeza alta, tratando de que a dor non lle quebrara a voz, toda vontade de enteireza e de valor.

-Por outro lado a alcaldesa de Mondragón, Inocencia Galparsoro, abandonando o seu posto ao frente do consistorio mentres dure o loito polo ex concellal asasinado, fuxindo ("por respeto y para facilitar las cosas" ) de verse na obriga de organizar a capela ardente no concello.

8 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

A todos nos sorprendeu a "enteireza" da filla. Tiven a sensación de que vivía un chisco nunha nube... Con todo merece unha aperta.f

Chousa da Alcandra dijo...

O do "f" que me saiu despois do punto...non sei moi ben se tiña que ver coa verificación da mensaxe ou é que a artrose dixital empeza a facer mella en min...
Agora a aperta é para ti!

Suso Lista dijo...

Saludos desde a Costa da Morte

asbeirasoarnego dijo...

o último atentado de eta foi terrible, mellor non recordalo, pobre familia, que imaxe máis... aterradora quizá?? e a primeira vez que te visito gústame moito a foto de cabeceira, se queres visitalo meu blog a dirección é: www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

d´Agolada dijo...

Si a imaxen da filla foi admirable. Con tanto sufrimento e o tranquila que estaba.

Zeltia dijo...

Pois eu non sei... solidarízome coa dor. Pero non coa instrumentalización da dor. Ahí a presidenta do goberno a carón da rapaza, non sei revólveme todo un pouco o estómago.
Por outro lado, sabías que a primeira persoa da política que acudiu ó hospital a ofrecerlle as condolencias a familia foi Inocencia Galparsoro? Que logo non queira firmar nun comunicado "conxunto" secadra non ten o significado que nós lle damos... xa digo, non o sei. Reservo un pequeno espazo para a duda.
Eu poida que firmase que "rexeito o uso da violencia, inda tamén a que exerce o Estado a través das suas institucións", pero poida que así non lle valese.
Bueh, ó fin, pobre home, e pobre familia. Que os mais xa están planificando as suas vacacións, ou celebrando as sendas "victorias" electorais.

Zeltia dijo...

Queria decir a "vicepresidenta" onde dixen presidenta, claro.
ay perdoa se me puxen seria de máis, e que acabo de ter unha apaixoada discusión política cun compañeiro e quedei un pouco desacougada.

Cuspedepita dijo...

Chousaaaa ! Ti escribes un f demais e eu case invento a palabra "enteireza" ;-))
Cando lin a túa resposta fun ao diccionario da RAG e non aparecía... "vaia metedura de zoca!", pensei, pero non, o Estraviz salvoume do apuro ;-): eles xa a inventaran antes ;-))

Saúdos a Suso Lista, Asbeirasdoarnego e D´agolada, gracias pola visita e os comentarios.

Asbeirasdoarnego, a foto non che é mérito da fotógrafa(moi maliña), senón da ocasión. O ceo é un espectáculo moitas veces e algunhas, coma ese día, teño a sorte de estar alí e levar unha cámara ;-)
Por certo, por se non recoñecestes o sitio, :-) alá abaixo estaba Negueira de Muñiz.

Penso que a filla de Carrasco aínda non asimilara de todo o que pasou. Ás veces pasa que unha persoa faise forte en determinados momentos, e logo, cando xa non é necesario que aguante o tipo, derrumbase moito máis que os que se fan un mar de bágoas...
¡Pobre rapaciña!

Zeltia, vexo que coincidimos en moitas opinións e formas de ver as cousas, esa foto coa "vice" tamén me deu repelús.
Sobre a alcaldesa, non sei que tipo de persoa é, pero desde logo non me parece moi coherente nos seus xestos.