sábado, 22 de marzo de 2008

Primavera


Vivín dous anos nos Ancares e esta terra deixoume unha pegada tan forte que me sentirei para sempre ancaresa de corazón.

PRIMAVERA EN ANCARES

Narcisos silvestres
douran a herba vizosa
dos prados de Moreira.

Tardes ó son das chocas,
( a paz do gando que pace)
entre Vilarello e Xantes

Bolboretas de sol
acariñan ós nenos e nenas
no colexio de Donís

E no horizonte da tardiña
un sol enorme e loiro
deitase entre ondas de lume.

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Agradezo moito o teu xesto. Mil gracias pola tua sensibilidade e outras mil pola tua cercanía.

Cuspedepita dijo...

Non, corazonciño, non tes nada que agradecer, pequena amiga sería se, sabéndoo, fixera as cousas doutro xeito.
Alédame moito que esteas outra vez por aquí.
Apertas para ti e os teus.

Zeltia dijo...

ay, mira que expresivo o poema!