domingo, 16 de marzo de 2008

Reloxos

Hoxe cambiaron outra vez a hora en Arxentina, así que agora temos catro horas de diferencia en vez de tres.
Dentro de pouco haberá cinco, cando nós adiantemos unha hora tamén.
E no verán viaxarei ao inverno con cinco horas de diferencia...anque xa hai anos que vivo oito estacións, catro de aquí e catro de alá ;-) ;-)
E tamén hai anos que as escoito, as catro de Vivaldi e as catro de Piazzolla.
É o que ten ter unha parte do corazón aquí e a outra no hemisferio sur :-)

6 comentarios:

torredebabel dijo...

pero a diferenza doutras viaxes e outras estacións, agora hai un grupo de lectores no Tortoni agardando esa visita ;-)

Cuspedepita dijo...

Graciñas, Torredebabel, agardo con moitisema ilusión esa xuntanza no Tortoni :-))
Xa me poño en contacto por mail cando estea a punto de viaxar.

Suso Lista dijo...

Por alí andará tamén algo de min, asique, xa sabedes brindade por min. Bicos

Zeltia dijo...

pero lojo tí onde demo estás? na coruña ou nalgures na patagonia?

unha despistada, coa bola do mundo na man, que non sabe se entras na primavera ou no outono.

Cuspedepita dijo...

Eu vivo a cabalo entre A Fonsagrada, Rábade, Lugo e Barreiros, pasando todos os días por Bos Aires e a Plata onde teño familiares aos que quero moito e e algúns dos meus mellores amigos :-)

Cuspedepita dijo...

Por iso sei cando caen as primeiras follas no outono de Bos Aires mentres vexo xermolar outras novas nos carballos de Galicia, ou sinto cantar ao zorzal pola mañanciña mentres marchan aquí as bandadas de anduriñas.

Ás veces eu tampouco teño moi claro se é verán ou inverno ;-)